Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, marzo 26, 2009

Coñecimos outra letra

Comezámo-la semana coñecendo unha nova letra que desta volta vai asociada cunha nube chamada Nina. Preguntadelle a eles/as que pasou con esta nube e co dragón Darío nas aventuras do Xardín máxico. A letra presentada é a N que en sílabas directas len bastante ben tendo , coma outras veces , mais problemas coas inversas ( antena, un, ensino, indio, ...) e coas mixtas ( man, pan, manta, ponte, tanto,... ) polo que cando practiquen no libro facede un pouco mais de fincapé nestas e tede mais paciencia. Pouco a pouco e cunha lendo regularmente vanse habituando a velas e a leelas. O trazo non debería ter problemas pero tede coidado que non fagan case iguais o P e o N por non prolongar a raia da primeira.
Estivemos tamén recordando un vello pintor amigo , Van Gogh. Miramos o cadro que traia o libro de Plástica (O trigal) e pregunteilles se sabían quen o pintara , tendo en conta a cor e como pintaba. Susana acertou, logo falamos de si alguén lembraba algún cadro de él e Mateo acordouse de "Os Xirasoles". Buscamos en Internet algúns cadros mais e vimos outro que tamén coñeciamos pois era o cuarto de Van Gogh. Por suposto houbo quén recordou que lle faltaba unha orella.Logo eles tiñan que intentar imita-la técnica pictórica e para eso ían extender plastilina amarela e laranxa mesturada. Feito esto tiñan que debuxar sobre ela o resto do cadro. Logo de darlle un pouco de alquil por enriba , o efecto foi bastante semellante.
Outra actividade moi curiosa que realizamos foi unha ficha en relieve. Como o proceso era bastante complexo e intentando evitar "posibles desastres" escollin unha hora na que tiñamos o apoio da "profe" Teresa e , ademais , fixemos toda a actividade moi dirixida. Na ficha había que recortar un rectángulo ( que íamos convertir nun avión) e dous rombos ( que ían ser dous paxariños). O recortado foi bastante ben feito. Os problemas viñeron á hora de pregar o papel para face-las figuras pois esto custalle , ademais de que o temos feito poucas veces. Pero con moita atención e un pouco de axudad quedou un resultado moi bo en toda a clase. Logo á hora de pegalos houbo algún despistad@ que pegaba os paxariños ou o avión do revés.
Como vedes nas fotos "seguimos sumando" . A verdade é que da gusto facelo pois é unha actividade que lles encanta e que fan moi ben. Pode ser porque esixe pouco esforzo físico e , ademais , hai pequenos "piques" por ver quen responde primeiro. Tamén voltamos a traballar a descomposición do numero oito.
Comentarvos que a vindeira semana levaran o Informe Trimestral xunto cos traballos do Trimestre. Para evitar cargar moito peso mandeilles algo xa este Venres ( os libros das consoantes feitos l, p e mais o d) o que ven non van levar conto nin Libro de Lectura pero , a cambio, levaran unhas folliñas para ler e tamén escribir. A razón é evitar peso.
Deixei o Xoves un xoguiño da letra D , coméntademe si vos funciona pois eu poñoos e miro si me van a min pero quixera saber que vos é útil. Durante a Semana Santa poñereivos no blog un conto para que lean. Xa o limos na clase e custoulles pois ten algunha palabra que descoñecían (Ex.: lapa, que significa engullir) ou que non estaban habituados a usar ( pousar, alisoume). Con él podedes practicar a lectura e ademais van lendo historias , mais ou menos coherentes, o que lles fai moita ilusión.O Venres ,dentro do libro da letra N, fixemos un tipo de actividade novo. fixemos un cricigrama no que no lugar de has definicións había debuxos ós que eles7as lles tiñan que poñelo nome. Ó ser unha actividade nova custoulles algo pero deseguida a colleron , ainda que coas dificultades que , por suposto, tiñan para escribir a palabra correspondente, é dicir, si un/nha non sabe escribir ben dominó , no crucigrama vai ter tamén problemas para escribila.

1 comentario:

soco dijo...

¡¡que bien!! ¡¡genial!! ¡¡el uso de la pizarra digital en infantil!!, si no te importa te voy agregar en mi humilde blog (samogapeques). Te felicito por la labor que llevas a cabo.