Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, marzo 19, 2009

Dia do pai

Logo duns deradeiros días moi atarefados e con moitas saidas toca unha seman tranquila e curtiña. A pesares desto fixemos bastantes cousas como rematar un novo libro , o da letra D ( nos vindeiros días tentarei de poñervos outra aplicación de jclic coma as anteriores pero sobre esta letra). Tamén regalo o regalo para día do pai.
Luns foi adicado fixemos a portada da letra d e unha nova páxina do libriño "Xa sei escribir" ( coido que xa vos falei de él pero por si acaso lembrarvos que con cada letra facemos unha páxina no que @ nen@ ten que escribir catro palabras e facer un debuxo sobre cada unha. Neste caso as opcións eran: soldado, pomada , moeda, dado , demo , dedo ou espada).
Rematamos a xornada do Luns organizando e coloreando os debuxos das duas primeiras páxinas do Conto de Carapuchiña. Entre tod@s decidimos tamaño e situación dos elementos do debuxo. Logo fixeron os da terceira páxina.
O Martes xa foi algo diferente pois no tema no que estamos a traballar ( rúa e cidade) hai que falar dos medios de transporte. Durante un bó anaco estivemos citando medios que iamos clasificando segundo foran de terra, auga ou aire. Sairon unha morea deles. Algúns non eran moi coñecidos polo que aproveitando o recorso da PDI buscámolos en Google. Así vimos como era unha zodiac, un bote salvavidas, un globo aerostático, un tranvía ou unha avioneta. lembramos algunhas das normas que temos á hora de ir nun coche , autobus ou moto. Tod@s as sabían pero , ás veces, non tod2s as poñían en practican. Enterámonos de casos de nen@s que montaron en moto sen casco , ou que foron sentados na parte de diante do coche. Esto por suposto co consetimento do beneplácito. Por eso aproveito para dar un pequeno tirón de orellas e lembrarnos tod@s que non se poden facer excepcións. A eles/as quedoulles claro que NUNCA se monta nunha moto sen casco , polo tanto NUNCA os montedes. Tamén que non poden ir diante , polo tanto NON os levedes. Se na escola aprenden a teoría e logo non a levan á práctica , non serve de nada.
Despois do recreo quería que deixaramos rematadas as xoaniñas-pisapapeis polo que , como o deradeiro Venres non tiveramos vídeo e o que ven tampouco o íamos ter, decidín que remataran de ver a que quedara incompleta fai 10 días ( a peli do Valiente Desperaux). Tod@s moi contentos e tod@s co regalo rematado.


O mércores traballamos co vocabulario de cousas que hai na rúa , algunhas coñecidas e outras non tanto ( polo menos no que se refire o nome en galego) como os sumidoiros.
Aproveito que a semana foi curta e non teño moito que contarvos polo que vos deixo outro video. Este é na clase de Psicomotricidade onde van con Teresa. Parece unha clase de aerobic de profesionais polo ben que o fan.

5 comentarios:

mamiago dijo...

Hola! el 2 de abril se celebra el día mundial de concienciación sobre el AUTISMO, os dejo más información en este enlace:
información

Mary dijo...

Ola de novo, estou abraiada do ben que bailan. Están simpátiquísimos todos. De aquí, irán a "Mira quién baila". Moitas gracias, por deixarnos este video tan bonito e gracias tamén a Teresa, polo baile tan chuli que lles ensina.
Sobre o tirón de orellas, coido que o temos ben merecido, pois algunha que outra vez, todos nos deixamos levar un pouco polas peticións dos fillos (cousa moi mal feita). dende este tirón de orellas, levaremos á practica o de NUNCA, NUNCA.
O agasallo do día do pai, está moi chuli e ademáis é moi útil. (Espero que o da nai, sexa tan chuli ou máis, se non, ímonos celar). Un saúdiño

Anónimo dijo...

hola,el video esta perfecto bailan de maravilla,no dais clase para las madres tambien?,estariamos encantadas de movernos un poco.
La mariquita ya esta puesta en el escritorio de su padre,queda fenomenal,ya no vamos a tener que comprar ningun adorno,ya se encarga carla de decorar la casa.

MARI dijo...

Hola despois de tanto tempo decir que a xoaniña toda unha obra de arte,e animar o conto da carapuchiñas haber si nos sale tan ben como outro e comentar que me gustou os deberes que trouxeron este fin de semana pa facer na casa un saudo MM PAULI

Bea dijo...

Ola, ola!!! quen anda por ahí???
pasade a recoller o voso premio no meu blog. sí, sí é para vós.
http://ratosdeescola.blogspot.com


bicos