Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, marzo 04, 2009

Fomos de paseo


Esta semana tivemos saida extraescolar e fómonos nada menos que ata o porto da Coruña.
Estivo todo moi ben pois puidemos ver cousas que non poderíamos ver doutra maneira (como por exemplo un peixe espada ou cacao). Recibiunos primeiro Beatriz que moi amablemente nos foi guiando. Comezounos falando do peirao dos transatlénticos e que tipos de barcos "paraban" por alí.Ainda que o que nos pensabamos ver eran barcos e mais barcos , vimos moitas outras cousas. Primeiro leváronnos ata un almacen onde nos amosaron dalgunhas das moitas cousas que alí se descargan. Puidemos ver diferentes tiopos de cereais: centeo, millo ou trigo. Tamén vimos materias como alumima, glutén, cacao ou xofre. Deixáronnos velo e , con algúns, cheiralos. Dende alí desplazámonos ata a Lonxa. O que vimos aquí foi moi "apetitoso" pois comezamos por unhas cigalas que , como os billetes de 500 euros, eu pensei que non existían. Logo coñecimos un rape que falaba ( ou alomenos tiña unha enorme boca que parecía moverse). Houbo quen se asustou un chisco pero dad a cara do peixe , non me extraña. Tamén miramos un congrio, unha pescada, algunha sardiña e tremendo peixe espada ( e eso que dixeron que era pequeno). Logo pasámolo tempo entre berros e gañas de tocar os "bichos" que nos amosaban. Estes eran nada menos e nada mais que centola, boi de mar, bogavante , necoras. Ata puidemos ver que ás necoras gustalles ir á escola ou que o bogavante "Paquito" si lle tocas no lombo sauda. Houbo moit@a valente que lle tocaron , probablemente o día de mañán queiran poder collelos e comelos pero, entón, non poidan ;).
A seguinte parada tamén foi unha festa pois pola lonxa adiante hai moito xeo pero nos pediron que non o pisaramos ou saltaramos enriba del pois logo nos levarían a xogar con él. Así foi puxéronnos ó redor dun tubo que baixaba do teito. Daquel tubo caeu xeo picado que tod@s comezaron a tirarse. Ata @s profes nos tocou algo. Rematamos a visita a lonxe facédonos "a foto familiar" e subindo ó autobus.
Montados nel paseamos ata o peirao de San Diego e o pesqueiro , onde puidemos ve-la darsena e moitisimos barcos de pesca.
Por se non se portaran ben conosco , por riba nos regalaron unha camiseta preciosa condiferentes animais mariños debuxados e que brila na escuridade. Dende agradecemos o trato recibido e a amabilidade que tiveron.

Pero como dice Arsenio: "Non todo vai ser futbol" e tampouco todo van ser excursións así que, por suposto, tamén traballamos na clase. Rematamos varios libros iniciados, en concreto, o de Muna referente ós oficios e profesións. Tamén finalizamos o da letra l.
E como a rei morto , rei posto pois iniciamos dous novos libros. Con Muna imos falar das rúas e o que as arrodea. O xoves dixemos que podemos atopar paseando por elas e nunha lámina do método decatámonos que non todas son iguais. Que hai rúas sen estradas nen beirarrúas e con barcos no lugar de coches. Que noutros paises as rúas son de pedra e hai moi pouco mobiliario urbán. Que estas tamén son moi diferentes das nosas e doutras moitos rañaceos.

En canto a letras temos unha nova persoaxe do Xardín das letras. Chámase Darío e , ainda que da un pouco medo, de momento non parece malo.(preguntádelle a eles/as quén é e que letra trae). En un par de días deixareivos outro post cun xogo de Jclic ( como fai unhas semanas) sobre a letra rematada (a letra L)para que practiquen.A verdade é que a semana foi moi completa pois tivemos a visita dalguén moi famoso , ainda que sexa polas súas maldades. Nada mais e nada menos que o Capitán Garfio que, como non , andaba a busca de Peter Pan. Preguntou na nosa clase se o viramos pasar por alí pois o botaba moito de menos. A pesares do interese en axudalo ( dábanos un pouco de mágoa) non puidemos facelo e marchou pero antes de marchar deixounos quedar unhas invitacións para ir ó Contacontos a vindeira semana ( en concreto o día 13 , Venres). Como vedes non damos abasto coas saódas extraescolares. Axiña mandarei a autorización.
Deixo unha presentación coas fotos da visita ó porto ( non está moi elaborada pero non tiven moito tempo) . En canto o poida editar tamén subirei un video con mais imaxes. Queda tamén unha ligazón ás fotos tanto na marxe dereita como aquí

Visita ó porto da Coruña

Visita ó porto da Coruña on PhotoPeach


3 comentarios:

ANA dijo...

Menudas cigalas!!!
Mandade unhas desas para Pontedeume!!
Biquiños!!

Mary dijo...

Ola, a verdade é que, é unha magoa que non troixerades algún "bichiño" deses, gardado no peto, pois teñen moi boa pinta.
Haberá que conformarse coas camisetas)), por certo, non sabía que alumbraban na oscuridade.
Viñeron moi ledos da excursión e xa nos contaron, que había un...(non sabían ben como era o seu nome), que escribía con un lápiz, pero pouco, pois era un pouco lacazá.
Foi todo un éxito e viron moitas cousas.
Polo tema da nova letra, a min, comentoume algo dun Dinosaurio que se chama Darío.
Ides acelerados, pois vexo que rematastes moitas cousas.
Alégrome moito de que nos poñas eses xogos, pois están moi ben para que repasen e a Víctor, gustalle moito.
Qué ben, que teñen outra saída. Gustalles moito e o contacontos está moi ben. A ver se alí,o Capitán garfio, atopa ó que buscaba e lle podedes axudar.Un saudiño e moitas gracias por todo.

Elena dijo...

Este capitan garfio non é moi alto? Miro e remiro as fotos e non lle encontro o truco pero pareme alto de mais.A saida foi todo un éxito xa que contaron un monton de cousas.Agora xa podo creer que si viron un peixe que debuxaba.Que envexa de cigalas!a min tamen me pasa como a ti e "relacionome" mais con outros familiares.Gracias polas fotos,asi tamen "vamos" de excursión nós.
O da lectura vai indo,notaselles a complicacion das consoantes despois das vocais tipo "sol","mul","el" pero vese que cada semana avanzan,e se non cando se atascan inventanse a palabra e seguen para adiante que eso na miña casa pasa bastante.
Un saudo.Elena