Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, abril 01, 2009

Veñen as vacacións

Comezar explicando que, como supoñía , o conto de Musi non se le ben e , como o seu obsectivo principal era servir para practicar a lectura, decidín suprimilo ata que poida facer unha nova versión que se lea mellor (logo das vacacións estará posta pois por problemas técnicos non podo facelo antes).
Gracias a Mary polas louvanzas , coido que se pasa un pouco pero agradécense moito. Ademais a todos nos gustan os "mimos" e eu non son unha excepción.
Ó estar rematando o trimestre andamos rematando tamén libros e outras "historias". Estivemos traballando cunha pintura Gauguín pois quedábanos un cadro de él no libro de plástica, pero, por desgraza, non paramos moito tempo, pois tiñamos bastante traballo pendente. Intentamos imitalo e a pesares do bonito resultado, penso que temos moito que practicar.
Fixemos a portada do libro das fichas. Quedou preciosos pois levaba uns cartonciños que lle dan un relieve especial e con ela intentamos sintetizar o trimestre ( visita ó porto, medios de transporte e oficios).
Dentro do aprtado da lectoescritura seguimos coa letra n , pero , loxicamente, cantas mais letras coñecemos , hai nen@s que mais confusión teñen. Así hai quen se lía entre o d e o l, entre o m e o n. Tede paciencia e sobre todo moita práctica. No colexio fanno , en xeral , bastante ben pero, ás veces, o tempo non nos permite ler coa calma que quixeramos. Dentro da carpeta , ademais das fichas, van unhas folliñas con frases para practicar escritura e mais a lectura. Procurade que lle adiquen algún tempo , se ben tampouco os queimedes pois son vacacións. Aproveito e coméntovos que esa carpeta que van levar é a do 2º trimestre e , polo tanto, debe quedar na casa. Hai xente que lle puxo unha cinmta ou algo para agarralla mellor. Nestes casos , cando leven a carpeta do 3º do trimestre, podédeslla cambiar pola do 2º e seguir usando esta para "transportar" o libro de lectura e o conto semanal. Vos decidides.
Estivemos o Martes intentando desplazarnos polo "miniplano" dunha cidade para facer recadiños. Había diferentes lugares e tiñan que ir a determinados sitios nunha orde determinada. Así que o entenderon , fixéronno moi ben.
Como viriades no Xornal hai nen@s moi interesad@s nos mosaicos. Estos son uns xogos moi tranquilos e que precisan paciencia e atención. Outro grupiño fixo outra vez o mosaico do castelo e me pediron que lles fixera unha foto e como esta semana teño poucas para o blog ( e tamén pouco que contar) deixovola aqui e mirade a cara de ledicia e satisfación
Remato o comentario deixándovos unha "xoia" que quería ter hai tempo , unha foto actualizada do grupo completo. Ata o de agora ben porque faltaba alguén , ben porque eu o esquecía non tiña ningunha foto de toda a clase. Pois agora sí e conto , mais adiante, facer algunha mais.
Ainda que supoño que tod@s o sabedes, recordo que as clases volven o día 14, Martes.



2 comentarios:

Duendes Juguetones dijo...

Hola Carlos!
Soy Naiara, una profe de un cole de Poio. Vi vuestra candidatura para el concurso de ciberespiral y me he pasado a cotillear un poco. Me ha encantado el blog (tanto que os voy a enlazar en el mío para que más profes lo puedan ver), tienes un montón de recursos y hacéis actividades muy chulas. Ahora estamos con los gusanos de seda, así que tu actividad clic creo que me va a servir de mucho!!
Por cierto te he dejado un premio en mi blog, puedes pasar a cogerlo en http://duendesjuguetones.blogspot.com
Un saludo!!!!!!

mamiago dijo...

En este enlace tienes un regalo para ti y para todos los niños y niñas