Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, abril 29, 2009

Visitamos a Casa das Ciencias


Que mellor maneira de comeza-la semana cunha saída extraescolar. Pois si, o Luns fómonos ata A Coruña para visita-la Casa das Ciencias e o Planetario. Íamos coa clase dos globos e tivemos moita sorte pois non houbo que comparti-lo espazo do museo con outros colexios nin clases. As outras calses de cinco anos tiveron a visita ó mesmo tempo que outros rapaces mais maiores e caseque non tocaban nin experiementaban con nada. Ademais foi mais doada de controla-la clase. Ata puidemos explicarlle cal é a función dalgúns dos aparatos ou como había que manexalos. Puideron disfrutar e ver todo e con moita tranquilidade.
Tivemos unha monitora que nos explicou e axudou tamén moito. Só entrar fomos ve-la incubadora onde non había nin un só pitiño pero si tres ou catro ovos algo picados, quedamos que cando maracharamos íamos ver se había novidades. Observamos tamén que había unha bola ,cuns pivotes ó redor, que se movía dun lado a outro.Xa tirara con dous pivotes. Soubemos que era o péndulo de Foucalt e que,se esperabamos un par de minutos, íamos ver como tiraba con outro pivote. Esto impáctounos bastante mais do que eu pensaba como refrectiron logo nos debuxos pois aparecíu en moitos.
No primeiro andar había moitos experimentos para probar e ver. Os que quizais mais éxito tiveron foron o que consistía nunha pelota de praia que se mantiña no aire sen tocala, tan só polo efecto do aire que saía dun tubo. Podías move-la pelota que non caía , parecía maxia. Tamén a actividade de intentar facer unha burbulla xigante cunha barra que tiñan que erguer moi suavemente para logo soprar. O problema foi , ás veces, erguela demasiado axiña ou soprar cando comezaba a subida. Despois de varios intentos conseguiron facelo ben.
O segundo andar era moi interesante pois podían ver diferentes anfibios "no seu habitat" ( mais ou menos algo parecido). Causou moito impacto o sapo folla que ninguén vía. Tivo que que se-la monitora que nolo ensinara. Había outros sapos e ras, así como salamántigas. Polas fotos veredes que caras mais expresivas.
No derradeiro andar, antes do Planetario, poucas cousas eran interesantes para eles agás unha camara na térmica ( que xa mencionaramos no Xornal dos Carrabouxos ) coa que se podía ver que partes do corpo tiñan mais temperatura. Había tamén un espello que que desfiguraba a imaxe e no que nos podíamos ver mais gordos do que eramos.
A sesión no planetario non foi unha sesión especial para Ed. Infantil como as que había antes (onde contaban un contiño para explicar algúns movementos que se daban no ceo pola noite). Nesta volta faláronnos de moitas cousas: dos puntos cardinais, dos planetas , de que debuxos podiamos ver no ceo (cun chisco de imaxinación) coma unha osa, un león ou un escorpión. A verdade é que amosarons levar moi ben preparada a visita pois lembraban nomes de planetas e outras cousiñas que comentaramos algunha vez na clase.
Cando rematou a sesión baixamos e voltamos a visistar a incubadora onde agora había tres pitiños que dos que dous se movían algo ,mentres un ainda non o facía.
A nota á visita podémoslla dar moi alta pois todo saíu moi ben e non tivemos ningún contratempo, ademais @s nen@s disfrutaron moito.
Logo de merendar (había quen tiña moita fame) fixeron, logo de lembrarnos dalgunha das cousas que viramos, uns bonitos debuxos onde o mais repetido era o péndulo así como debuxos do Planetario (as letras que se ven no debuxo -W,E,S,N- son os puntos cardinais en inglés)
O Martes traballamos en moitas cousas diferentes pois tiñamos algo de traballo do Libro de Muna atrasado.Falamos da numeración ordinal e traballamos ata o 9º. A min esto parecíame moito pois normalmente coñecen ata o 3º ou 4º pero leveime unha sorpresa pois moitos coñecían ata o 6º ou 7º e algún ata o 9º. Repasamos os conceptos estreito-groso que , mais ou menos, tod@s tiñan claro e logo comentamos algúns dos beneficios que nos aportan os vexetais. Sairon os mais clásicos: diferentes mobles, diferentes comidas ou figuras de madeira para adornar. Pero eu quería ver si eles sós eran capaces de decatarse dos beneficios das infusións.Comecei por preguntar de onde viña a manzanilla: resposta lóxica infantil :da "manzana". Visto o resultado fomos buscar unha bolsiña de infusión e abrímola para vela e ulila. Agora as respostas era que eran uns "polvos" pero a ninguén se lle ocurría de onde podían vir. Despois de moito falar obtivemos a resposta de que eran herbas. Miramos en Internet de que flores viña a manzanilla e con que follas se facía o te.
Mentres intentaban plasmar no libro todo o que falaramos , foron pasando pola "mesa de plástica" para facer esa maravillosa obra de arte" que van recibi-las nais o día 3 de Maio (e da que neste comentario non podo poñer fotos por quedarme a camara na clase).
O Mércores presentamos unha nova letra, a letra LL. Xa vos dixera que íamos parar pouco con estas letras(h,ñ e ll)pois son pouco usuais. Contamos o capítulo correspondente do libro e logo dixemos palabras que a tiveran. Houbo algúns erros con palabras que tiñan y(playa, mayonesa, ...) pero ainda así moi ben. O trazo tamén o dominan pois xa lles resulta familiar e tan só recalcar que é unha letra mais alta cas demais .
O Xoves rematamos esta "estresante "semana con outro bo tute ó libro de Muna. Traballamos a simetría da cabeza ( lembrando tamén a do corpo) , contamos o conto de Muna que desta volta viaxaba ó deserto.Esto deunos pé para indagar algunhas cousas como por exemplo :que é un oasis? (preguntádelle por ver si o recordan) e miramos imaxes. Falamos dos espellismos ( esto xa non teño tan claro que o entenderan) e explicamos por que os camelos aguantan tanto sen beber ( algo que vari@s xa sabían).
Para rematar seguimos voltamos a falar dos alimentos vexetais. Adicámonos a preparar duas comidas virtuais ( de palabra): unha ensalada e unha macedonia. Tiñan que ir dicindo ingredientes e notouse que lles eran bastante familiares (polo menos de velas ou oilas , non sei si tamén de comelas pois ninguén o mencionou). Saiunos unha ensalada moi completa ata con queixo, xamón ou berenxenas. A macedonia tampouco estaba mal ainda que houbo quen lle quixo botar aceitunas.
Logo aplicamos o falado nas fichas do libro mentres algúns/nhas ían con algún pequeno detalle que lles quedara do regalo.
Por certo espero que chegaran a casa o mais completos posibles e pídovos disculpas por non avisarvos para que trouxeran a caixiña para levalo pero , como vos comentei, a semana foi bastante completa e non o lembrei. Comenteillo a eles/as fai uns días pero loxicamente esquecérono (agás Ari e Carla).
Coméntovos tamén que o Xoves mandei unha autorización pois o Martes temos pensado asistir á solta duns alevíns de peixes (non sei ainda cales) no paseo fluvial. Está organizado polo Concello e non teñen que pagar nada. Esperemos que o tempo acompañe.
Quédavos unha presentación con tódalas fotos que fixen. Na marxe dereita tamén queda unha ligazón ó album de fotos da visita pois si a queredes ver mellor ou descargala. Teño uns videos moi curtiños da visita , en canto poida vounos editar e suboos. En canto poida tamén vou poñer a actividade de jclic coas letras Ñ e H.


1 comentario:

Mary dijo...

Ola, ¡vaia entretidos e simpáticos que están! Vese que disfrutaron moito con esta visita. O que máis lles debeu de gustar foi o de ver nacer os pitiños e o da pelota que non caía, pois se ven moi interesados.
A verdade é que hai moitas cousiñas interesantes para ver e que lles chaman moito a atención.
Todos saíron moi animados e ledos do cole contandonos todo o que viran. O do sapo folla, tamén o contaron moi orgullosos, nin nós sabíamos o que era, pois nunca escoitaramos ese nome.((Agora xa o vimos e xa sabemos que existe)).
O agasallo do día da nai, ainda non mo deron, pero como eu son moi curiosa... non me aguantei e xa o "cotilleei" e teño que dicir, que non ten nada que envexar ó do día do pai, pois é moi chulo tamén.
Un saudiño e gracias.