Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, abril 24, 2009

Volvemos ve-los Bits

Gracias polas felicitacións, é maravilloso cumprir anos e mais tendo tanto cariño o teu redor.


Como estamos traballando todo o relacionado coa natureza démoslle un repaso ós nomes de diferentes froitas, hortalizas ou flores.Como non era posible facer unha saída extraescolar a un mercado , unha horta ou un viveiro adoptamos unha solución mais barata e doada de levar a cabo, visionar Bits. Para os que non lembran que son, contarei dun modo sinxelo e pouco "profesional" que consiste no visionado dunha sucesión de imaxes ou palabras pasadas a unha velocidade determinada.O axeitado é realizar tres sesións diarias. e que sexan curtas. Se queredes unha explicación mais pormenorizada podedes ver esta presentación dunha compañeira de Cordoba( Lourdes Giraldo).


Aproveitamos duas das categorías que ten feitas ela : froitas e hortalizas mentres eu fixen a terceira que vos deixo aquí para ver ( flores). Veunos moi ben a tod@s ( profe engadido) pois había algunhas froitas que non coñeciamos como a guanábana ou kaki. Sobre os bits das flores pedirvos que se sabedes outros nomes galegos dalgunha das flores , agradeceriavos que mo dixerades pois non os teño todos moi seguros.



Volvemos tamén a xogar cun xogo de Pipo que xa probaramos un pouco o curso anterior : "Ven a jugar con Pipo". Antes non nos era moi válido pois traballaba moito a lectoescritura e en catro anos pouco podían facer eles sos. Este ano xa poden desenvolverse autonomamente dentro do xogo e gustalles moito. Mentre seguimos facendo o o percorrido de Pipo polas letras con outro xogo : "Ven a leer con Pipo".
Presentamos unha nova letra : Ñ. Ó igual que a H , a esta tamén lle imos adicar pouco tempo , tan só esta semana por ser menos habituais na expresión. Comentarvos que con esta letra dase un problemiña con algúns nen@s á hora de mandarlles escribir unha palabra que teña Ñ. Por exemplo si lles mandades escribir moño, pode ser que escriban moñio ou monio. A razón é que eles cren escoitar unha letra i , onde non a hai ( se o pensades ben case que soa como se tivera letra i). Comento esto por si vos pasa eso na casa , que saibades que é algo mais ou menos habitual ó inicio da lectoescritura.
Fixemos tamén algunha actividade coa pasta de modelar cara ó día na nai. Non vos digo o que vai ser , ainda que pola foto podedesvos facer unha idea. Por certo se queredes mandarlles unha caixa para levalo podedes facelo. Calculade un tamaño como o da xoaniña ( ou sexa a palma da vosa man , mais ou menos)
Tocou tamén debuxar a páxina número sete do Conto Carapuchiña. Quedan duas. Así que rematemos cos debuxos comezaremos coas gravacións. Este ano imos intentar non precisar axuda "allea" ( por parte da familia) coa narración. Penso que a poden facer eles/as xunto cos dialogos. No caso de non ser así voltaría a pedir voluntari@s , por si acaso ide ensaiando ; ) .
O Xoves celebramos o día do Libro e limos o conto feito de " A Casiña de chocolate". Ademais contamos o conto de Elmer que é moi coñecido pero que nunca contaramos.
Ainda que ás veces pareza que so vivimos para a lectoescritura ( a min parécemo) , o Xoves falamos da orixe dalgúns alimentos. Fixemos fincapé especial nos vexetais. Se ben pola idade xa coñecen bastantes , hai outros que seguen a ser moi descoñecidos para eles/as como é o caso do aceite de oliva. Non recordaban tampouco que as améndoas, avelás , pistachos, ... eran froitos secos. Polo contrario bastante ben cos derivados lacteos ou feitos con fariña.


No hay comentarios: