Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, mayo 26, 2009

Contestación

Gracias Elena polo comentario pois agradezoos moito todos pero mais aqueles nos que me comentades as dúbidas ou problemas que se vos prantexan.
Alégrome moito que lles vaia mellor a lectura ós nenos. Loxicamente entendemos mellor calquer frase cando a lemos completa pois o significado das palabras pode variar dependendo das que o rodean. Cando eles/as len van intentando interiorizar o lido. Si é unha sílaba ,non ten significado pero si é unha palabra sí. Se por riba hai outras que confirman o significado , a comprensión mellora. O do idioma relacionase con esto e xa o comentei con algunha nai mais. Cando eles len tomate , interiorizan a palabra e saben que , efectivamente, hai algo que se chama así polo que se sinte seguros de que a lectura é correcta. Cando len unha palabra que descoñecen (por ex.: amósase) @ nen@ dúbida si a líu ben pois non a ten dentro do seu vocabulario habitual , polo tanto dúbida e intenta buscar outra que si lle poida resultar coñecida (por ex.: podería ler asómase). Para correxir esto hai que ter paciencia e facer o que facedes " que o galego sexa o mais habitual posible". ben lendo contos, ben vendo a tele , ben falándollelo a eles. O 90-95 % da clase é castelán falante pero dende que comezaron a escolarización o seu vocabulario galego aumentou e cada día teñen menos dúbidas á hora ler palabras menos habituais.
Pouco a pouco este problema será menor , sempre é cando o galego non sexa algo simbólico nas súas vidas.
Espero que as tuás dúbidas quedaran algo resoltas.
Con respecto a reportaxe da saída comentarvos que o teredes comentado o Venres pero si queredes ir vendo as fotos , quedavos aquí unha ligazón

1 comentario:

Mary dijo...

Ola, vexo que á parte da ensinanza, tamén vos adicades algo á educalos (coas comidas e outras cousiñas) que en realidade este "traballo", nos corresponde ós pais,nais. Menos mal que nos votades algún "cable", pois algunhas cousas tan sinxelas coma ir ó super e explicarlles cousiñas... nin se nos pasa pola cabeza ás veces.
Sobre o tema da lectura, eu vexo moita milloría, pois hai letras que ainda non coñece e mas pregunta. Eu dígollas (non sei si fago ben ou non), pero xa comeza a ler moitas e comprende millor o que lee.
No tema do idioma, eu ainda que na casa falamos galego, non vexo ben que se estudie todo en galego, pois hai moita xente que non o entende e os nenos, aprendeno, pero para os pais, é moi complicado axudarlles ós fillos nos exercicios, ou a ler, pois non o entenden eles, para explicarllelo ós nenos. Penso, que se deberían dar as clases en castelan e estudiar o galego coma unha asignatura, como se fixo sempre.
A min, pásame ó contrario que lle pasa a Elena, pois eu, leolle contos en castelan e como fala sempre o galego, pois hai palabras que non as entende.
As fotos do Acuario, están moi ben. Vense moi impresionados vendo ós buzos na auga. Un saudiño