Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, mayo 20, 2009

De onde saen os alimentos?

Antes de nada comezar contestando o comentario De Mary.
Son lóxicos os problemas cunha letra que non sempre soa igual. Sempre que o ler se equivoquen, facédelle ver que si a palabra comeza por r soa forte , si a letra leva antes ou despois unha consoante tamén soa forte e que si vai no medio de duas vogais é suave. Coa r doble non deberían ter tanto problema. Este consello non é un "remedio santo" que si sa fai xa len ben sempre é algo que hai que facer dun xeito continuado e pouco a pouco vanno acadando. A lectura diaria tamén favorece a correción deste e outros erros pois @ nen@ habituase a ver e ler esas palabras.
Falando nunha titoría cun par de nais tamén me decatei de algo que eu estaba facendo na clase, que vos non sabíades , e que lles afecta lectoescritura. Na clase cando imos ler facémolo na PDI , entón eles poden ver 7-8 frases que teñen un número diante. Eu vou adxudicando cada frase( a fulano a nº 1, a Zitano a 2 , etc. logo dígolles que cando saiban ler a frase completa que levanten a man e que a lean enteira, non silabeando. A maioría son capaces e un pequeno grupo custalle pero intenatno e buscamos que o fagan así. Deste xeito busco que fagan unha compresión da frase total e lean como falan(non a saltos), ademais de favorecer a lectura silenciosa que tamén é importante. Outra razón e de índole operativa. Cando un neno vai parando en cada sílaba , os demais cánsanse de esperar e comezan a falar, distraeno ou dinlle a palabra. Se esto sucede con un ou dous non pasa nada pero si sucede con 8-9 xa non rematamos de ler porque desaparece a atención que require a lectura. Comento esto porque estas duas nais lle estaban pedindo @s fill@s que leran palabra a palabra polo que había unha descoordenación clase-casa.
Con respecto o traballo da clase comezamos coas letras B e V, imos dalas xuntas pois o seu fonema é moi parecido. Con estas letras vanse equivocar á hora de escribir pero esto é normal. Pensade que estamos a falar de nen@s de E. Infantil. A regularidade e constancia á hora de escribir e ler iran correxindo estes erros. O trazo collérono bastante ben ( ata o de agora só o fixemos co B) e quizais só hai algún pequeno problemiña co tamaño do enlace.
O Xoves estivemos falando durante bastante tempo da orixe da alimentación.Esto xa o fixeramos antes pero voltamos a insistir mais e complementámolo cun mural onde había que clasificar os alimentos. Hai bastante confusión nalgúns nen@s pero estou seguro que agora xa saben mais cousiñas. Cando vaiades ó super non estaria mal que falarades con eles desto e lles comentarades a orixe dalgúns alimentos ( aceite, esparragos, setas, garavanzos, xudías, espinacas, cogomelos, cebolas , pepinos, ...).Rematamos esta xornada sobre a comida falando de como debemos alimentarnos. Miramos unha lámina que tiña unha roda de alimentos e como debiamos combinalos ne logo visitamos un restaurante virtual pois na ficha tiñan que escoller que menú querían. Podían escoller catro primeiros platos , catro segundos e postre.Logo debuxaban o que ían beber. Houbo bastantes boas combinacións , unicamente correximos o erro de tomar ovos á comida e flan de postre. O resto bastante ben. non sei si será tan doado darlles de comer logo na casa.
O venres démoslle un bo pulo ó libro de lectura ois fixemos duas xa páxinas pois íamos algo retrasados. Esta semana levan varias novas para ler , ainda que en ningunha hai palabras con b pois non chegamos a esa parte do libro(chegaremos a vindeira semana).


2 comentarios:

Elena dijo...

Hola,este fin de semana probamos a leer como indicastes e foi moito mellor.De feito eu via que realmente antes non se enteraban do que leian pois era todo silaba por silaba e encadeado.Agora fan coma na clase e o decir a frase enteira(ainda que despacio)polo menos danse conta do que leen xa que preguntan o que non entenden(que e unha serra,unha parra).No caso dos meus tamen noto que se lle complica un pouco a hora de leer en galego e falar en castelan.Cando na frase hai un pictogrograma,por exemplo,pois o debuxo dinno en castelan e as veces non entenden palabras.Na casa falamos en galego e procuro leerlles contos en galego pero eles sempre falaron en castelan e hai palabras que non asocian ainda que esten na mesma frase.Non me entendas mal que non teño nada en contra do galego pero si que noto que se "traban" un pouco a hora de entender a frase que están leendo.
Hoxe viñeron moi contentos da saida o acuario,xa estou esperando pola "reportaxe" (que mal acostumados nos tes).
Un saudo.Elena

Marta dijo...

Hola José Carlos soy Marta, profe de E.I en Melide, que me "pasaste" el cd de Mango Plumo, decirte que fue todo un éxito, muchas gracias.

Por otra parte comentar que soy seguidora de tu blog, y que es admirable todo lo que haces con los niños y niñas, y también la preocupación de las familias por el aprendizaje de sus hij@s, y la comunicación que existe entre ambas partes: cole-familias.

Decirte que mis peques y yo también tenemos un blog: www.martagonapeques.blogspot.com, espero tu visita.

Un saludo. Ah!...y no tepreocupes que saliste muy bien en la sexta.