Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, mayo 15, 2009

Desilusión

Esta semana celebramos as Letras Galegas que este ano está adicado a Ramón Piñeiro . Nos traballamos algo sobre o autor aproveitando o material elaborado polo Seminario de Galán sobre o autor(podedse atopalo picando no Seminario) pero sobre todo facendo o noso conto de "Os tres osiños". Cada un/nha púxole os seus debuxos e logo rematámolo cunha portada "diferente". Houbo algúns debuxos moi , moi bonitos e orixinais. Deixovos unha imaxe que sería un conto con secuencias de 10 nen@s diferentes para que vexades a variedade e a imaxinación que hai pola clase. ( a calidade non é moi boa pois os debuxos non foron escaneados , senon fotografiados).


Dentro "deste proceso" editorial aproveitamos para debuxar e 8ª páxina do conto de Carapuchiña (só falata unha). Antes decidiramos como colocar os elementos (xa coloreados dixitalmente) da 6ª.
Fixemos , tamén, a segunda ficha do Libro do 3º Trimestre de Plástica. Nela estivemos estampando bonitas e variadas flores con tempera pero non usamos uns tampóns normais senon metadaes de pataca ou de cenoria. Completamo-la obra de arte cunhas boliñas de papel de seda no medio.
Presentamos unha nova letra , a R. Esta vai asociada con Robi un pequeno robot que dependendo da situación fai un tipo ou outro de ruido. Ademais ten outro amigo que tamén está con él , ás veces. Eu tiña algo de "medo" pois imos traballar coa letra poucos días pero case tod@s a aprenderon bastante ben. Loxicamente os únicos erros veñen o convertila nunha r for te cando é suave(Ex.: pera, loro, mora, ...) pero cun chisco de mais práctica solventado.
Deixo para o final a sorpresa da semana pois o Mércores veu Fernando ( o coordenador do PPdB) dicindo que chamaran da Sexta TV que querían facer un reportaxe curtiña na clase. A razón era que como o Presidente do Goberno comentou que a partires de Setembro os nen@s de 5º de Primaria ían ter un portatil (ademais que se ían poñer mais PDIs nos colexios)querían ter un material de video para ilustrar a nova e pensaron en facer unha reportaxe nunha aula de Primaria e nunha de E. Infantil.
Cando llo comentei @ nen@s a primeira reacción foi de Ari e Carla que me preguntaron : ¿Lo puedes colgar en Internet para que lo vean nuestros padres? . Pódevos parecer incrible a pregunta (a min pareceumo) pero foi así , literal. Esto amosa que as NNTT estan mais introducidas do que eu pensaba. Cando chegaron houbo , loxicamente, algo de rebumbio pero o comportamento foi exemplar tendo en conta que había tres persoas extranas pola clase e que unha ía cunha tremenda camara. Houbo "@s típicos chupacamaras" pero sempre sen molestar. Gravaron o que quixeron e logo entrevistaron a Ari e mais a Abel. Todo foi moi natural e o único que houbo que cambiar foi adiantar 15 minutos a hora da merenda.
Comentei cos reporteiros que cando se podía ver a reportaxe ou como podiamos acadala. Dixéronme que a partires das 14,20 h. ou das 20,20 que sairía. Se non podía velo así que o colgarían na web da Sexta Noticias. Dende aquel momento levo intentado conseguir ve-lo video pero non puiden. Esperaba poder poñe-lo no blog pero polo de agora ( esperemos) non pode ser. Sinto a desilusión, eu espero obtelo dalgunha maneira.
O Xoves adicámolo , loxicamente, á celebración dos Día das Letras Galegas. Rematamos portada e derradeira páxina do conto e logo falamos algo de Ramón Piñeiro. Estivemos vendo as fotos que había no Seminario que vos mencionei. Había outros escritores galegos moi importantes , así como a súa dona. Miramos a casa onde nacera así como en que parroquia e provincia estaba.

1 comentario:

Mary dijo...

Ola, quero dicir que sí teñen bastante problemiña coa letra r, pois non saben moi ben como teñen que pronunciala cando vai soa ou acompañada de dúas r. Isto, é normal, pois é dificil de explicarlles estas cousas. Como tamén me parece dificil explicarlles o da letra c, por ter varias maneiras de leelas. Supoño, que por este motivo, ainda non a coñeceron. De todolos xeitos, irán aprendendo todo,tan só hai que darlles tempo. Aprenderon xa moitas letras novas, ides a toda máquina.
Sobre a "desilusión" que levamos da sexta, comentar que sí foi unha magoa que non saísen, pois gustaríanos a todos velos.
((O Mércores, estivemos de "folga" na cociña ata que remataron as noticias, para poder velos, pero nada)).
Eu tamén estiven botando unha ollada a ver se se vía en internet, pero tampouco. Bueno, outra vez será. Un saudiño.