Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, mayo 29, 2009

Fomos ó Aquarium Finisterrae

Comezamo-la semana cunha preciosa saída. Íamos ir o "Aquarium Finisterrae" , ou sexa á Casa dos Peixes. Non tivemos moita sorte coaclimatoloxía pois chovíu toda a mañán. Esto supuxo que nos quedaramos sen poder ver os animais que están no exterior (focas). Por riba o Luns comezaban tamén as obras na sala Nautilus polo que non poderiamos tampouco visitala.
Á chegada atendíunos unha monitora que estivo connosco todo o tempoe que nos explicou moitisimas cousas interesantes. Primeira presentounos unha exposición de fografía animalna que puidemos ver imaxes maravillosas tanto pola calidade técnica , como polo que nelas se vía. Fomos parando só nas que tiñan relación co mar. Miramos un peixe vela, o tiburón-balea, o peixe limpador traaballando sobre peixe arco da vella, unha augamar, un buzo ó lado dunha balea e no fondo do mat, etc.... Logo pasamos á sala Humboldt onde, á entrada, había unha enorme cuncha que pensaron era de madeira ou ferro.Pero que resultou ser de verdade. Dentro da sala miramos peixes que poderían axudar a atopar solucións médicas a algunhas enfermidades. Había tamén algúns que eran velenosos.
Pasamos logo á sala mais grande do Acuario ( non sei o nome) onde nos foron ensinando diferentes cousas como o cranio dunha balea ou as súas "barbas" que lle serven para "coar" o que entra na boca. Tamén puidemos tocar e ver varias estrelas de mar. Miramos unhas medusas que cambiaban de color en función da luz que se acendía. Explicáronnos que os peixes non tiñan pelo senon escamas , que case todos tiñan sempre os ollos abertos pois non tiñan pálpebras, que non tiñan nariz pero que respiraban polas branquias.

Logo tivemos a sorte de coincidir coa limpeza dun dos acuarios ( onde había sardiñas) e puidemos ver como o facían. Aparecíu unha escada e un tubo azul. Logo baixaron dous mergulladores e mentres un aspiraba co tubo todo o lixo que había pola auga e o fondo , o outro ía limpando o vidro como facemos na casa. Rematamos vendo uns peixes que parecían serpes e que se chamaban morenas e outros ainda mais longos chamados congrios.
Cando chegamos ó cole , e logo de merendar fixeron un debuxo do que mais nos gustara ou chamara a atención e , como podedes ver na presentación, houboos moi bonitos. Predominan as augamares, estrelas e peixes.

O Xoves practicamos un chisquiño mais coas restas.Loxicamente custalles ,sobre todo a algúns/nhas. Cando traballamos con obsectos concretos fan as operacións sen problemas tendo mais cando se trata de facelo mentalmente. Aclararvos ( ainda que seguramente non fixera falla) que só facemos restas con números menores que 9.
Dentro das fichas do libro de plástica tiñamos que completar o debuxo dun elefante que só tiña a cabeza. O resultado non foi moi vistoso pero é que a verdade a ficha tampouco daba para mais. Logo tiñan que inventar animais a partires da mestura doutros dous ou tres (por ex.: cabeza de cabra en corpo de burro). Eu non esperaba moito deste traballo pero houbo bastante imaxinación como vedes nas fotos con eses
Esta rematando o curso e nos intentamos rematar o noso libro de lectura.Ainda que o fan moi ben (quizais poderían picar un pouco mellor as palabras a pegar pero tamén hai que entender que estan fartos de pecar). Esta semana voltamos a traballar os crucigramas ( gústanlles moito as sopas de letras e son bos facendeoas). Xa os fixeramos un vez e desta fixemos dous. Primeiro na PDI para refrescar a memoria e logo na ficha.
Non imos tocar tódalas letras pero pouca nos han quedar. Neste momento penso que, ó remate do curso, nos faltaran :g,c, j,k,q,y e z. Contestarlle a Mary ( e ós que teñan dúbidas) que non hai problema ; nestes momentos, en que lle amosedes letras que non coñecen. Se fora ó inicio de curso diríavos que esperasedes un pouco , pero nestes momentos non hai problema. Facedelle fincapé no son da letra e intentade escribirlle palabras con esa letra para que vexa o seu son sobre unha palabra e non en sílaba.
Sobre o tema do idioma eu non coincido con Mary. Primeiro NON se estuda todo o galego , o que setrata é de introducilo mais do que está. Coido que está claro que si neste momentonos preguntasen que lingúa corre perigo de desaparecer ,a resposta sería o galego. Esa é a lingua que está menos protexida e a que temos que intentar favorecer. Primeiro porque é a nosa e se nos non a defendemos non imos esperar que veñan de Murcia ou Caceres a defendela. Segundo que non se trata de elixir galego ou castelán senon de engadir un idioma ó outro. En Suiza @s nen@s críanse aprendendo mais dun idioma (meus curmáns falaban italiano, aleman e castelán) e nunca tiveron ningún problema. Os problemas veñen cando politizamos as decisións ou saen os prexuicios dos adultos. A un rapaz dalle o mesmo galego que castelán , pero senos o predispoñemos encontra dun deles , seguro que lle vai gustar menos. Eu penso que debería haber un idioma universal ( esperanto) pero mantendo e potenciando as linguas minoritarias. A variedade enriquece e a uniformidade empobrece. Se queredes que un nen@ non se sinta raro cando lea un palabra en galego , intentade lerlle mais a miudo en galego, falarlle algo mais en galego. En definitiva facede que o galego sexa mais habitual na súa vida. Hai moitas palabras en castelán que tamén nos son descoñecidas ou "raras" ( mirade Pasapalabra e decataredesvos) para que nos sexan coñecidas e ampliar o noso vocabulario a recomendación mais habitual é ler , ler moito . Eso é o que nos fai mais rico en vocabulario e o que fai mais cercanas as palabras.
Perdoade esta "conferencia" ou"mitín" non esta no mei ánimo convencer a naide , tan só expoñer algo que, ás veces, non vemos como por exemplo que o idioma en perigo en Galicia é o galego.
Rematamos xa os debuxos do conto de Carapuchiña. A vindeira semana colorearemos o na PDI este derradeiro que fixeron. Ademais xa comezamos a gravar o conto. Este ano decidín non molestar ás nais e que els gravaran os dialogos mais a narración. Me parecía que ertan capaces e así non dependía de naide mais. Polo de agora todo vai ben , espero que a mediados do mes que ven poidamos presenta-la "peli".Antes remata-lo comentario dicirvos que tedes na marxe dereita duas novas ligazóns : unha ás fotos da saída e outra a unha nova web: Aula PdB. Nesta podedes atopar multitude de recursos que foron feitos polo profesorado do PPdB , outros que son aplicacións de balde, tamén hai manuais , etc.. Hai unha parte que é de acceso público e outra que é de acceso restrinxido ( so o profesorado do PPdB). Se tedes tempo e vos apetece , navegade un pouco por ela.

2 comentarios:

Mary dijo...

Ola, sobre o tema do galego, eu vexo polas cousas que traen, que todo é en galego. Eu, non teño nada en contra de eso,pois a min, non me afecta. Simplemente digo, que penso, que se deberían dar as clases en castelán e logo, o galego, coma unha asignatura máis.
Estou dacordo en que canto máis se saiba mellor.
O tema de que o galego esté en perigo de desaparecer, penso, que non ten nada que ver con estudialo senon, que o problema é que moita xente non o fala na casa e lles falan castelán ós nenos.
Eu estudiei en castelán e non o falo na casa, pois sempre, me falaron en galego e seguimos falandoo. Penso, que isto é o que se debe facer se non se quere perder o galego, pois se non, sí se vai a perder.
Os nenos, falan o idioma que se lles fala na casa, por suposto, aprenden outros e iso está moi ben, pero van a falar o que escoitan na casa e non o que lles falan no cole.
Isto é unha opinión miña, non quere dicir, que teña que estar dacordo ninguén conmigo, pois eu sei que nestes temas, hai opinións para todolos gustos.
Cambiando de tema, Quero dicir, que o das sopas de letras e os crucigramas, están fenomenal e lles gustan moito.
O video das fotos, quedou chulísimo. Un saudiño

Loli dijo...

Buenas tardes, soy la mamá de José. Me gustaría hablar contigo acerca del niño, por lo que te agradecería que me mandases a esta dirección de correo (luciam3@gmail.com) el día y la hora a la que puedes recibirme.
Un saludo.
Loli