Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, junio 08, 2009

Carapuchiña Vermella . Estreno mundial

Hoxe , por fin é o Gran Estreno mundial da nova pelicula de animación "Carapuchiña vermella" da factoría Ponte dos Brozos Film. Versión "politicamente correcta" do famosos conto. Debuxos realizados pol@s nen@s da clase así como as voces dialogos. Esperamos sexa do voso gusto.
Na marxe dereita ( e aquí) deixo a ligazón por si queredes baixar o conto nun executable. Así podedes pasar as páxinas o voso xeito ou repetilas e velas con mais calma.
Aproveito e deixo tamén aquí unha ligazón ás fotos da festa en Picapeixe

3 comentarios:

Belén dijo...

Parabéns a todas e todos! O conto está xenial.
Encantaríame poder descargalo pero o enlace está FORBIDDEN jeje

Un saúdo

mary dijo...

NORABOA polo estreo deste conto tan bonito (ainda que algo cambiado). Quedouvos PRECIOSO, os debuxos están moi ben feitos con moitos detalles e as voces dos nenos, quedaron moi ben.

Sobre o tema do galego,xa non comento nada máis, pois é un tema bastante complicado para escribilo nun blog, xa que cada persoa ten as súas opinións e por suposto, que ninguén ten porqué enfadarse.
É unha magoa que non se poida debatir en persoa con máis pais/nais.
A páxina que nos deixaches, está moi interesate. Gracias, pois para as vacacións, vainos vir moi ben este tipo de cousiñas para que non esquezan todo. Un saudiño e Noraboa de novo.

Elena dijo...

Ainda non conseguir ver o conto.O meu "desordenador"non me deixa abrir para velo.A ver si mañan me acerco a un ciber e xa che contarei.Queria comentar unha duda que teño acerca do futuro do noso querido blog.Como non estou moi posta nesto de internet e os blogs non sei que vai pasar con este cando deixe de utilizarse ¿vai desaparecer co tempo ou sempre o teremos ahi de recordo cando queiramos velo? Un saudo,Elena