Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

sábado, junio 20, 2009

Deica logo a tod@s

Antes de nada atopei unha ligazón a unhas fotos individuais que fixera nuha das saidas e que non publicara deixo aqui a ligazón
Como sodes moi listos xa fai tempo que vos decataríades que non penso moito como escribo os comentarios do blog. Penso o que vos quero contar pero logo non reparo moito en se hai erros de teclado , fallas de ortografía ou algunha frase pouco ordenada. Esto pasa así porque escribir suponme bastante traballo e si por riba tivera que andar revisando , non daría abasto. Nembargantes levo un mes , aproximadamente, pensando que ía poñer neste día, cando chegase este momento.Hoxe non é o remate definitivo do blog pero sí é o derradeiro dunha aventura que se iniciou hai tres anos. O blog continuará , seguirei escribindo ben sexa doutros nen@s , ben sexa de cousas que me parezan interesantes de educación, pero esta bonita etapa quedará pechada. Fai tempo meu pai díxome que unha persoa debía prantar unha árbore, ter un fill@ e tamén escribir un libro. A min faltábame esto pero considero a este blog o meu libro. Polo tanto é como dirían na TV "proba superada".
Teño por costume autoavaliarme continumente ( a veces quizais de xeito excesivo) e penso que este blog foi unha moi boa experiencia , mantiven un contacto convosco que doutra maneira non podería ter, permitíume darvos a coñecer que na escola facemos algo mais que gardar d@s vos@s fillas durante cinco horas, amosar a importancia que ten o ensino infantil., non somos só gardas. Chegados ata aquí gustariame lembrar a todol@s meus/miñas compañeir@s que non dan a coñecer o que fan a traves dun blog pero que traballan tanto ou mais do que nos faciamos.
Souben algunhas das inquedanzas que tedes (non todas as que quixera) , puidemos xuntar as nosas forzas ante temas moi importantes (o caso de Jorge). Tamén houbo cousas claramente mellorables. Gustariame non haber sido tan brusco na miña resposta cando Felix (o pai de Abel) fixo o comentario sobre as fotos, alí puidome a inexperiencia no uso do blog.A rede ofrece moitos recursos para comunicarnos pero temos que aprender a usalos sen ofender a naide. Quixera tamén poder escribir sobre temas educativos e que vos comentasedes a vosa opinión e que houbese un intercambio de ideas.
D@s "meus/miñas nen@s " que vou dicir , que os primeiros días foron moi, moi duros para tod@s ( sobre todo para eles/as) pero que logo todo eso foi compensado amplamente. Que é maravilloso ver o avance continuo na aprendizaxe, no comportamento, na actitude, na comunicación. Todo esto , por suposto , rodeado de momentos en que houbo que contar ata ....100 e logo respirar. Pasados tres anos e cando boto a vista atrás síntome fabulosamente ben vendo@s.
Neste momento o meu desexo é que dentro de no moito tempo (quizais un par de anos) neste blog aparezan os comentarios non dos pais senon destes alumn@s que aquí estiveron.
Remato cun recordo moi grande para Jorge, Sara e Andrea que comezaron esta viaxe "na nosa nave". Tamén para Super Tati ( non sabe o que lle agradecín toda a axuda que me prestou nos comezos), para Carmén Nemiña e Belén así como , por suposto, para Teresa. Agradecementos a tod@s @s que ledes o blog e @s que vos tomades a molestia de facer algún comentario, pero especialmente a Mary , pois os seus comentarios déronme forzas nalgún momento que estas flaqueban. Grazas
Agora deixovos un texto dun filosofo oriental que lin hai moito tempo e que sempre me gustou porque coido que resume o que deberían de ser para son @s nos@s fill@s.
Grazas, grazas , grazas e ata sempre.

Os teus fillos non son os teus fillos

son fillos e fillas da vida

desexosa de si mesma.

Non veñen de ti, senón a través de ti

e aínda que estean contigo

non te pertencen.

Podes darlles o teu amor,

pero non os teus pensamentos, pois,

eles teñen os seus propios pensamentos.

Podes abrigar os seus corpos,

pero non as súas almas, porque elas,

viven na casa do porvir,

que non poden visitar

nin sequera en soños.

Podes esforzarte en ser como eles,

pero non procures facelos semellantes a ti

porque a vida non retrocede,

nin se detén no pasado.

Ti es o arco do cal, os teus fillos

como frechas vivas son lanzados.

Deixa que a inclinación

na túa man de arquero

sexa para a felicidade.

Khalil Gibran

Como diría O gran Wyoming " mañá mais pero non mellor". Felices vacacións

4 comentarios:

Mary dijo...

Ola, a min pasame coma Elena, sintome un pouco triste porque remate todo e non volten a estar contigo os nenos. Sei que te van a extrañar moitísimo, igual que te imos a extrañar nós. Primeiro, por todo o que nos contabas no blog que, como dixen moitas veces foinos de moita axuda á hora de que os nosos fillos nos contaran cousiñas. Para min, isto, foi moi importante e ademáis é un moi bó método de comunicación entre pais e mestres, que sempre soe haber moi pouca. Ás veces, pode haber malos entendidos, pois as cousas, non se interpretan da mesma maneira por escrito que en persoa, xa que non podes ver xestos. Unha cousa que dicimos en persoa ó millor, non a tomamos mal e en cambio por escrito, podemos tomala.
Penso, que debemos de ser todos un pouco tolerantes e non ofendernos por parvadas. Cada persoa ten a súa maneira de pensar e debemos, respectar as opinións de todos ainda que non se esté dacordo con elas.
Eu din a miña opinión sempre, pero entendo, que non estén dacordo conmigo. Non pasa nada por iso. O bonito é poder "debatir" cousas coas persoas e temas interesantes sen enfadarse ninguén.
Bueno, a min, non me gustan as despedidas e non sei moito qué dicir. O único que se me ocurre é darche as gracias por todo o traballiño que pasaches estes tres anos, que como dí no vídeo, traballastes, traballastes, traballastes. Que deixáches o "listón" moi alto para ó próximo mestre e que na nosa casa, ninguén te vai a esquecer.
Para min, foi un pracer participar no blog (era coma mirar un xornal todos os días) e que agora, vaiseme ir a man a miralo sen pensalo e ainda que non haxa nada novo, mirareino para recordar.
Quero darche a noraboa polo teu novo traballo,espero que teñas moita sorte e estés moito millor.((Xa sabíamos nós... que che facía falla un Maletín e un "xoguetiño" deses)).
Non me lío máis, tan só mandarlles moitos saúdos a todos eses mestres que TAMEN traballan,ós que che axudaron e que non están, ós nenos que se foron e porsuposto, a todos os pais e nenos da clase da rá. Boas vacacións e moitos bicos a todos.
((Non sei se collerá este comentario tan grande))

MARIA DE LOS ANGELES dijo...

BOS DIAS,O SENTIMENTO QUE TEMOS TODOS DENDE LOGO E O MESMO,ESTAMOS TODOS UN POUCO TRISTES POLO REMATE DESTA AVENTURA,NOS OS PAIS XA NOS DECATAMOS DE QUE ESTO REMATOU,PERO OS CATIVOS AINDA NON,FARANO DENTRO DE DOUS MESES CANDO EMPECEN OUTRA VEZ AS CLASES E VEXAN QUE NON VAN TER O SEU PROFESOR JOSE CARLOS(ESPEREMOS QUE O TRAUMA NON SEXA MOI GRANDE), SEN ESQUECERNOS DOS PROFESORES DE APOIO QUE PASARON A LONGO DESTES TRES ANOS.
POR OUTRO LADO, SE ESTE BLOG SIGUE FUNCIONANDO CAMBIARAN ALGO AS TORNAS, XA QUE SEREMOS NOS OS QUE CHE CONTEMOS COMO VAN OS TEUS RAPACES COS OUTROS PROFESORES,ASI QUE NON PENSES QUE TE VAS A DESFACER DE NOS TAN FACILMENTE,E DESPOIS SERAN ELES MESMOS OS QUE CHO CONTEN,XA QUE COMO POIDEMOS COMPROBAR TES ANTIGUOS ALUMNOS QUE XA O FAN.APROVEITO ESTE MEDIO DE COMUNICACION PARA DESEXARVOS A TODOS O MELLOR.E A TI JOSE CARLOS MOITAS GRACIAS POR TODO.

Ana dijo...

Moitas felicidades a estas Rás xa licenciadas en educación infantil!! Pasade todos un bo verán e moitos bicos!!!

ana dijo...

hola,solo pasaron tres dias y ya se echa de menos el cole, no quiero ni pensar todo lo que queda.
Estoy muy contenta por como se ha adaptado la cria y se que ella va a echar de menos su clase, el bloc es lo mejor que hay, la mejor forma de enterarnos lo que hacen, la pena que se termine aqui, asi que enhorabuena y gracias por el esfuerzo.Espero que te vaya bien en tu nuevo puesto y que no trabajes demasiado, hasta otra.