Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, junio 18, 2009

Remata o curso

Derradeira semana de curso e pouco que contarvos. Son malos días para traballar, tod@s estamos cansos e con poucas gañas de facer mais cousas.
Antes de nada contesto os comentarios. A Belén dicirlle que o conto debería estar a dispor de todos sen problema pero cando hai moitas medidas de seguranza ó redor dunha rede ou dun ordenador , esto impide , ás veces, ver cousas normais. Nuns días espero cambiarlle o aloxamento ( coa axuda de Fernando) e que non teñas problemas. Grazas polas louvanzas a ela e a Mary. A ela digolle que estou de acordo que o tema do idioma é dificil de comentar nun blog pois as interpretacións poden ser erradas. Pero eu estou moi contento de que saira o tema e de que houbera opinións.
A Elena contestarlle que sinto que non vira o conto pero seguro que hoxe xa o ten visto pois o Xoves , e xunto con outros recursos, levaron as duas versións do conto (video e executable) co cal podedees velo nun ordenador sen conexión a Internet. Espero que agora si poida , en caso contrario que mo comente e veremos que podemos facer. Sobre o blog que non se preocupe que non vai desaparecer ( polo menos se depende min) , o que si pode ser que desaparezcan co tempo son as ligazóns ás fotos que estan na marxe dereita. A razón é que eu teño 1 Gb. de espazo para subir fotos e practicamente non me queda sitio. Se co tempo preciso espazo tereinas que ir borrando ( a verdade é que xa borrei algunhas pois xa tiña problemas). Cando faga comezarei polas de tres anos e logo as de catro. De tódolos xeitos vos tedes copia de todo eso nos DVDs que levaron. SE non o tedes ou a perdestes eu ainda gardo bastantes cousas que co tempo tamén borrarei.
Na clase tratábase de ir pechando experiencias e o mesmo tempo estar ocupados. Para esto nada mellor que ir traballando sobre un libriño que comezaramos hai tempo , pero que tiveramos que deixar por escasez de tempo. O libro de "xa sei ecribir". Por se non o lembrades cada vez que coñeciamos unha nova letra íamos o libro e tiñamos que debuxar catro cousas que tiveran esa letra ( mais as traballadas ata ese intre) para logo poñerlles debaixo o nome que tiñan. Fixémolo con cinco ou seis letras ( consoantes) e logo, ó adicarlle menos tempo a cada letra, paramos de facelo. Nestes días fixemos o de seis letras mais e bastante ben á hora de escribir ( menos inspirad@s en xeral á hora de debuxar).
Outra actividade relacionada coa lectoescritura foi que collemos o Libro de Lectura de Xardín que a nai de Mateo nos pasara a PDF (esta a ligazón na marxe dereita) e fómolo lendo na PDI. Desta volta eles tiñan que ler pequenas frases en silencio e eu facía preguntas sobre o texto , tiñan que respostalas ( comprensión lectora).
Logo practicamos co xogo de lectoescritura que tamén tedes na marxe dereita. Fanno moi ben pero para xogar con 24 á vez é un pouco lento. Xogade con eles na casa ( se podedes ) pois é moi práctico. O xoves voltamos a xogar cun xogo de Pipo ( Imagina y crea con Pipo) pero só cun par de actividades relacionadas coa lectoescritura. Na primeira era o coñecido xogo do aforcado ( ou parecido o que na TV se chama "A ruleta de ...). Tiñan que adiviñar a palabra agochada probando letras do alfabeto , antes de que estouparan 7-8 globos que levaban a unha nena voando. Primeiro fíxenlles ver que había que comezar sempre polas vogais pois son as que aparacen en tódalas palabras. Logo había que ir probando ata acertar. Coa primeira precisamos axuda do programa , pero logo cada vez mellor e a partires da 5º-6º xa non ían probando letras senon que cando había catro ou cinco tiñan que dicir a palabra. Vari@s fixérono moi ben. O seguinte xogo era o de veo-veo. Dábanos a sílaba de comezo e había que buscar o obsecto. Este o 80% o facían moi ben.
Na mesa tamén traballamos un par de fichiñas de repaso das restas e logo fixemos a portada . Esta foi moi elaborada pero quedou moi bonita. Cun chisco mais de tempo podiamos colorear o fondo con pintura , sal e cola branca.

O Venres , como bos galegos, fixemos festa rachada. Toda a mañán de festa e lacazanería.
Comezamos facendo uns preparativos para unha tómbola. Íamos a sortear algúns dos xoguetes que tiñamos na clase. Para eso primeiro presentamo-los premios e logo numerámolos. Na pizarra fomos poñendo o nome mais o número que tiña o devadito premio. Logo baixamos o patio e alí varios currunchos de xogos . Fomos para o que iniciabamos nos que tiña como actividade a decoración do valado e xogo de bolos ( grazas a Mary , pois un regalo que nos fixo ó comezo de curso e que por falla de tempo e despiste non usamos). Adicáronse mais ás actividades artísticas. Logo foronse con Juan que tiña carreiras en parella cun globo no peito. Houbo algúns problemas co aire , pois facía moito e os globos escapaban. De alí pasaron ás carreiras de sacos coa "profe" Ana. Xa coñecían o xogo e gustoulles moito. O seguinte curruncho tiña outro coñecido xogo , o da cadeira. A "profe" que o levaba era Carme Fiaño. Aquí houbo moita loita para se-lo campión pero só os mais habilidos@s e despertos acadárono.
Probaron logo as carreiras de zancos con Lidia. Houbo algunha que outra caída pero ó final ben , en xeral. Remataron como comezaran xogando ós bolos ( pero estes mais grandes) con Elisa.
Ó remate subimos e preparamos o "botellón". Había moitas lambetadas: "gusanitos, bolitas, patacas, palomitas, filipinos, galletas de chocolate, galletas saladas, caramelos e nubes. Todo elo regado cunha boa coca-cola , un zume ou auga ( o gusto do consumidor). Puxemos música pero houbo pouco baile, quizais porque estaban un pouco cansos dos xogos.
Logo baixamos ó recreo e á subida e despois de xantar algo mais , fixemos o sorteo da tómobola. Cada un foi collendo un papeliño no que había un número ó que lle correspondía un regalo. Houboos mais afortunad@s ou menos , pero para estos había a posibilidade de intercambiar con outr@ que quixera. Ó final había catro que non cambiaran con ninguén e es@s tiveron a oportunidade de cambiar cos seis regalos que quedaran do sorteo.
Probablemnte en dous ou tres días deixe outro post que resuma un pouco estes tres anos, mentres coméntovos que o blog vai seguir funcionando no verán pero esporadicamente ( 2-3 veces ó mes). Teño pensado ir poñendo algúns recursos que teño e ordenalos un pouco. Esto teñoo pensado pero como tamén vou ter que actualizarme no meu futuro posto de traballo , non sei moi ben cando o farei.
Aqui queda a ligazón ás fotos desta semana. Non hai gran cousas pois , como comentei,non estaban moi animad@s ( vanse facendo vell@s :))

1 comentario:

Elena dijo...

Como non vou a ir a reunion do luns aproveito xa para despedirme.Agradecerche(ainda que sexa repetitivo)todo o feito e logrado nestes tres anos tanto o que fixestes polos nenos coma polos pais.Os nenos vese que estan encantados contigo e que che queren moito, e os pais estivemos moi tranquilos en todo este tempo e super informados co tema do blog.Eu cando comentaba con outras nais do traballo ou de outras clases deste cole o blog,todas quedaban sorprendidas tanto da nosa sorte coma da tua paciencia.
O proximo curso seremos coma o "resto" e non nos vamos a enterar de nada.Aaron e Ainara so me contaban o que fixerades cando veian as cousas no blog ¿non che poderiamos contratar de "paparazzi" para o proximo cuso?
Tamen grazas polos detalles que tivestes e mandastes na carpeta.A foto de todos(incluidos os que non remataron con eles),o video resumen(como ven di a cancion "como hemos cambiado"),os diplomas,¡o video de Carapuchiña que por fin puiden ver!,todo esta xenial como recordo.
En fin,que me da moita peniña que este ciclo remate:que cambien de profe,de clase,que se fagan maiores,¡que empecemos a pelexarnos cos deberes!.Pero bueno,ti polo do profe non te preocupes que estou segura de que todos se van a lembrar de ti ou ¿hai alguen que non se acorde do seu primeiro mestre? A miña era malísima e ainda me acordo dela...
Bueno de todolos xeitos como nos vamos a seguir vendo polo cole (novo,vello ou Dios sabe)pois tampouco vou a demorar mais a despedida.Que pases un bo veran,grazas por todo e vemonos pronto.Un saudo.Elena