Grazas, grazas, grazas.
Esas son as miñas primeiras palabras deste post. Póñome ó meu, que é contarvos o de cada semana ainda que antes contestar o escrito por Ana ,
A Mary comentarlle que eu síntome ourensán , galego, español, europeo e cidadán do mundo. Eu falo de linguas non de sentimentos. Volvo a insistir en que non debemos politizar o tema, o problema témolo os adultos non @s nen@s.
Grazas a Ana e Joana por dar a súa opinión (a Mary non llas dou porque xa o fixo dende a creación do blog), volvo a repetir que é un tema moi delicado pero penso que respetando as opinións dos demais non ten porque enfadarse ninguén.
O luns comezamos falando de algo que eu non tiña previsto: O ciclo da auga. Cando estabamos facendo as rutinas , tocou poñe-lo tema ( que para variar era chuvia) e comezamos a falar de onde se formaba a chuvia. Eu comenteilles cal era a orixe das nubes,
Logo presentámolo F, que case todos coñecían. Esto xa non foi sorpresa pero si que fixeran os seu trazo bastante correctamente. Lemos palabras e frases. Completamos as páxinas do Libro de Lectura correspondentes á letra e , logo do recreo, miramos cadros de Pablo Picaso.
O Mércores houbo sorpresa pois tiñamos, a partires da unha , unha sesión de maxia. Visitábanos o Cristian Magic. Xa o fiexra o ano pasado e tod@s quedaran moi contentos. Da sesión non vos podo contar moito pois eu non a vin pero as súas impresión foron moi boas, ainda que unha das cousas que mais lembraban non era un truco de maxia senon uns paxaros ( gueivotas segundo uns, patos segundo outros) que había no teito.
Rematamos o libro de plástica cunha experiencia que non fixeramos antes, pintar soprando. Eu deixei caer varuas pingas de pintura de diferentes cores e eles/as t´ñanas que estirar soprando cunha palliña. O traballo é sinxelo pero houbo que cansou moito pois se hiperventilaba. Tamén caíu algúnha que outra pinga de saliva. Gustoulles , supoño que polo feito de ser algo diferente o que facemos habitualmente.
O Xoves falamos dos contrarios. Inicialmente , e por esta palabra, non entendían que había que facer , pero logo de poñerme eu en diferentes posicións (pernas abertas-pechadas, brazos estirados-encollidos, ...) xa o comprenderon. Logo eu funlles dicindo unha frase ( Fulanito está cansado) e eles/as tiñan que dicilo contrario.
Xa vos comentei que non íamos a coñecer tódalas consoantes pois o tempo non daba para mais. O Venres decidin que ainda que non íamos traballar con elas si as iamos a presentar. Ademais queriamos coñecer o final das aventuras do xardín máxico. Escoitamos as historias da Z, J e do C. Moitos xa as coñecían , e ata a letra C, que é mais complexa á hora de soar, sabían ben que dependendo con quen ía soaba dunha ou outra maneira. Foi con esta letra coa traballamos algo mais facendo as páxinas co0rrespondentes do Libro de Lectura. Con estas tres páxinas dámolo por rematado. En canto poida poñerei no blog as páxinas que faltan para que as descarguedes e imprimades. Así o pederedes rematar. Neste momento non as teño feitas ( non contaba chegar tan lonxe). O luns falaremos do G, o Q , o K e o X, miraremos algúnha palbriña pero sen facer fichas con elas.
A semana pasada rematamos o conto de Carapuchiña Vermella e nestes días espero rematar de montalo. Probablemente o Luns ou Martes vos poña un video coa montaxe
Esta asemana atopei unha páxina que me parece moi boa para traballar a lectoescritura. Probámola e vai bastante ben. Non é moi visual pero si moi práctica. Ademais ten varios niveis de dificultade. Deixoa no lateral ou picade aqui.


1 comentarios:
Bueno esto está a piques de rematar, quero empezar dandoche as grazas polo bo mestre que foches para os rapaces,penso que para o próximo curso van votarte moito de menos, e nos os pais sobretodo, xa que seguramente non imos ter un blog onde poidamos ver o que fan e aprenden.DE verdade, moitas grazas por todo,recibe un saudo moi afectuoso da familia de Carmen.
Publicar un comentario en la entrada