Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, octubre 26, 2009

Chegou o Outono e comezamos a usar os ordenadores




Vistos os derradeiros comentarios , reitérome no dito hai uns días "Que agradable é rencontrarse cos amig@s".
Aproveito para comentarvos que duas amigas teñen un novo blog. Ana (a nosa ex-viciña de adosado" no  curso anterior deixou Bule-bule e agora escribe en O noso acuario. Alí podedes ver outra visión  de Infantil , a dos comezos en tres anos. Os inicios son moi duros tanto para @s nen@s como para @s mestres/as.
Tamén Bea deixou os seus comentarios en Ratos de escola e agora faino en Cousa de peques . Dende alí séguenos amosando multitude de recursos.
Ademais da PDI , comezamos a usar os ordenadores.Como somos uns privilexiad@s,   dispoñemos de tres que nos  fan bastante falla xa que todos  queren xogar ao mesmo tempo. Pero, ao igual que co resto das cousas, saben que teñen que esperar e compartilas. Van por parellas e , de momento, comezaron por un moi sinxelo que consiste en move-lo rato para explotar globos.  Serve para que vexan a relación entre os movementos da man e os do cursor. Como en todas as cousas hai quen se lle da moi ben e hai quen lle custa. Nos vindeiros días iremos practicando control dos movementos da man de xeito que leven o cursor a onde quern eles e non movelo sen control.



O programiña é moi sinxelo e o podedes descargar picando aquí . Hai estoutro programa para acadar o mesmo obsectivo pero que non nos vai nos nosos ordenadores. Deixoo por si vos fora a vos. ( hai que move-lo rato para que apareza o debuxo agochado).Espero que vos vaian no ordenador pois xa son un pouco antigos e , quizais, nos ordenadores novos non vaian.
Na marxe dereita quedavos unha presentación coas súas fotos ( tipo carnet) e o seu nome. Póñovos aquí  tamén unha ligazón a mais fotos que fixemos pois si queredes descargalas con mais calidade.
Fotos de inicio de curso

O Outono nos deixa...
Aquí estamos de novo, esta vez para ensinarvos cousas que aprendemos da estación na que nos atopamos: o outono, do que vos deixamos a foto dun mural que estamos a facer os nen@s de 4 anos.
       Como moitos sabedes estamos traballando na clase cos bits de intelixencia, este mes adicámonos a aprender os froitos secos, as árbores das que veñen, as estacións do ano nas que se recollen e incluso algún dos países de procedencia. O que máis gracia nos fai e o cacahuete, porque é o máis doado de todos, chámanse igual o froito e a árbore.

        O venres pasado a profe Ana, trouxo á clase unha sorpresa: unha caixa chea de follas e froitos secos dos que aprendemos cada mañá! Nas fotos podedes vernos con noces, abelás, castañas nos seus ourizos e landras; e tamén coas follas das súas árbores, a nogueira, a abeleira, o castiñeiro e a aciñeira. 


7 comentarios:

ELENA dijo...

Hola!Xa vin fai uns dias que o blog seguia adiante!Asi que con un pouquiño de "celos"(pero non moitos)pero si con moita envexa,alégrome moito tanto por ti que xa sei que che gusta(o mimas e coidas coma si fose outro dos nenos)e sobre todo polos pais/nais porque o van a disfrutar moitísimo.
Anímovos a que deixedes os vosos comentarios e darlle vida o blog.As veces,e certo,que non ides saber que poñer e hasta pensaredes "para poñer esto mellor non escribo nada".Todo é empezar e pensade que o outro lado hai unha persoa que agradece calquera resposta.
Ademais ides a ter con este blog unha conexión pais-profe-neno totalmente diferente porque a maioría dos nenos non contan moito do que fan no cole(ou polo menos no meu caso)e así ides estar informados de todo,aparte das anécdotas,das fotos,excursións...en fin,un traballo xenial.Xa veredes como o ides a agradecer moito.
Felicitarvos ademais polo profe que vos tocou(tanto os nenos coma a vós).Esto que non me escoite Xose Carlos,pero é do mellor que vos ides a encontrar na ensinanza e non o digo eu soa pero si por experiencia.
En fin,espero que o disfrutedes.Eu fíxeno.Un saúdo para tod@s.Elena

Mary dijo...

Ola, vexo que as anteriores mamás botamos moito en falla o noso blog, pois ainda de cando en vez o mirámos.
Este ano á parte dos pais que se animen a facer comentarios, nos vas a ter a nós como seguidoras, pois como agora non temos blog (acostumachesnos moi mal), consolámonos mirando a estes nenos e vendo as cousas interesantes que facedes.
De paso, tamén recordamos os inicios cos nosos e nos aprobeitamos, dos teus xogos e recursos tan interesantes que tes neste e no novo blog (os recursos dos carrabouxos).
Quixéra "recomendar" tamén, que boten unha ollada ós blogs das túas compañeiras, pois tamén están moi ben. Alégrome moito de que a pesares da pouca participación que tedes, sigades mantendo este traballo tan especial e tan bonito.
Quero mandarlle un saudo á nai de Candela (vin nas fotos que está na túa clase), e que se ten internet, se anime a participar.
Un besiño para ela e para todos.

Ana Belen dijo...

Hola, como ves no nos olvidamos de echar un vistazo de vez en cuando al blog, ahora es cuando mas nos damos cuenta de lo valioso que era para saber de nuestros hijos, asi que animo a los padres de este año a que colaboren con sus comentarios un poco mas de lo que nosotros haciamos, un saludo

MARY dijo...

Ola, só escribo para deixarvos unha ligazón a unha páxina onde poden entrar todos os pais e darlle unha sorpresa ós seus fillos moi chula e que lles gusta moitísimo, agora que se achega o nadal. Trata sobre os Reis Magos e Papá noel, quedan realmente abraiados e ata falan con eles. Non sei se verá alguén este comentario, polo que me gustaría que se podes, poñas a ligazón tí cando voltes a escribir José Carlos. Moitas grazas e un saudiño. Aquí vos deixo a dirección
www.navidadessorprendentes.com

Bea dijo...

Grazas por este enlace Mary, agora mesmo o vou a colgar no meu blog para que os papás e mamás comecen a sía labor de "chantaxe emocional" jejeje, estamos na época!!!!
Saudos!!!

MARIA dijo...

HOLA A TODOS,COMO DIN A MIÑAS COMPAÑEIRAS EFECTIVAMENTE VOTAMOS DE MENOS O BLOG, EU CASE TODOS OS DIAS LLE VOTO UNHA OLLADA, ANQUE NON É O MESMO.
QUERO DESEXAR A TODOS UNHAS FELICES FESTAS E QUE O ANO NOVO SEXA MELLOR CO VELLO.DAR AS GRAZAS OS PROFESORES, TANTO OS NOVOS COMA O DOS ANOS ANTERIORES POLA BOA LABOR QUE FAN. PASADEO MOI BEN NAS VACACIONS DO NADAL.
BO NADAL-BO NADAL-BO NADAL-BO NADAL

MARIA dijo...

HOLA A TODOS,COMO DIN A MIÑAS COMPAÑEIRAS EFECTIVAMENTE VOTAMOS DE MENOS O BLOG, EU CASE TODOS OS DIAS LLE VOTO UNHA OLLADA, ANQUE NON É O MESMO.
QUERO DESEXAR A TODOS UNHAS FELICES FESTAS E QUE O ANO NOVO SEXA MELLOR CO VELLO.DAR AS GRAZAS OS PROFESORES, TANTO OS NOVOS COMA O DOS ANOS ANTERIORES POLA BOA LABOR QUE FAN. PASADEO MOI BEN NAS VACACIONS DO NADAL.
BO NADAL-BO NADAL-BO NADAL-BO NADAL