Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, octubre 05, 2009

UN NOVO CURSO

Ainda que con moitos días de retraso comezamos un novo curso. As novidades son moitas para comezar apenas dou clase pois, nun momento de tolemia, decidin aceptar a Xefatura de Estudios deste macrocolexio que é o Ponte dos Brozos (22 unidaddes de E. Infantil , 38 de E. Primaria e1430  alumn@s) e só teño catro horas de docencia.Esto conleva que agora teña unha compañeira de viaxe, chamase Patricia e entre os dous imos tentar levar a cabo esta primeira etapa. A aula é de 4 anos , xa non é a da rá , agora é a  clase dos pallasos. Dende a experiencia que me dan os anos que levo dando clase dígovos que miña primeira impresión sobre eles/as é moi boa. Son moi agarimosos e , dentro da súa idade, escoitan bastante cando se lles fala.
A xente que seguiades o blog antes non fagades comparacións pois ascircunstancias no son as mesmas. Como presentación deixovos unhas fotos do grupo nun destes primeiros días. Non estan tod@s pero é unha primeira imaxe. Temos algunhas individuais pero ata que teñamos as de tod@s non volas ensinaremos.

Os comentarios irémolos facendo cando  poidamos e sen compromisos. Procuraremos mantervos informados do que facemos e do que falamos clase. A cambio esperamos a vosa colaboración con comentarios ou ideas

6 comentarios:

Bea dijo...

ai, ai... Onde te metiches Jose Carlos!!!! eu só son a secretaria do meu mini cole (12 unidades) e xa ando a 100 por hora pois coas liberacións non me da tempo a nada!! Moita sorte nesta nova andanza, cos nens e coa xefatura!! seguireivos de preto. O meu novo blog é: cousasdepeques@blogspot.com (aínda o estou facendo, fáltanme moitas fotos por engadir, á espera dalgunhas autorizacións). Chaooooo

Maria dijo...

Casi me das un susto pensando que ias deixar aparcado o blog, que como sabes é un dos meus preferidos..., seguiremosvos de perto desde o AULA BLOGUE, bicos.

Mary dijo...

Ola, acabo de ver o blog e levei unha sorpresa, pois como María, tamén pensei que o deixarías aparcado. Vexo que non e alégrome moito.
Este blog, traeme moitos recordos e momentos moi agradables que pasei vendo e leendo, o que nos contabas dos nosos fillos.Como dixen algunha vez, para min era coma ler un xornal todas as semás.
Botoo moito de menos e sobretodo agora, nos inicios de curso.
E unha magoa que tan só lles dés 4 horas de clase a estes nenos, pois estou segurísima, de que ían a estar moi ledos contigo e os seus pais tamén, (sin despreciar á túa compañeira que seguro, tamén é moi boa).
Nada máis, tan só darche a miña benvida de novo ó mundo dos blogues e que espero os pais, saiban apreciar o voso traballo e colaboren cos seus comentarios. Un saudiño.

Marta dijo...

Hola José Carlos, soy Marta la profe a que le prestaste el curso pasado el cd de Mango Plumo (no sé si te acordarás)Decirte que sigo tu blog muy a menudo, cuando quieras pásate por el nuestro:www.coledecolores.blogspot.com

BICOS

Ana dijo...

Menudo novo curso!!!!!! Esto non é moco de pavo!!! Espero que todo vaia ben, ou todo o ben que pode ir nestos inicios da aventura.
Moita sorte e veremonos na rede!!
Biquiños para tod@s!!

Ana dijo...

Hola Jose Carlos... aunque me tengas muy vista (todos los días por el cole) decirte que me alegro que siga vivo este blog. Como sabes fuiste una gran inspiración cuando comencé con el bulebuleblog y espero que lo siga siendo en "o noso acuario". Como siempre te "robaré" ideas para ir mejorando en este mundillo.

Un bico.