Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, diciembre 31, 2009

Magosto e pasta de modelar


Con Jose Carlos modelamos unha sorpresiña que  moi relacionada co outono, en lugar de decirvos o que é,  deixamosvos unhas pistas que nos ensinou Pati para ver se sodes tan listos coma nós e o acertades:

  • Saen coa humidade nos bosques
  • As hai de moitas cores e tamaños
  • Algunhas ten nomes rarísimos
  • As hai que poden ser velenosas.

Sabedes xa o que son? Se aínda non o sabedes, mirade as fotos e veredes que cousas tan bonitas sabemos facer.

Todas as fotos picando aquí
E por último celebramos o Magosto, aínda que fixo moito moito vento, que case saímos voando coas castañas na nosa bolsa, logramos sentarnos no patio e comer as castañas, que boas estaban! Algúns as pelamos soiños, a outros custounos un pouquiño pero a profe ensinounos e axudounos para que puideramos comer algunhas pouquiñas máis. Cando rematou a festa quedamos no patio facendo carreiras y xogando ao Gato e o rato; e para rematar este día tan divertido, vimos uns debuxos da Panteira Rosa.
Como vedes, estamos moi afanados neste outono tolo con calor e chuvia.

Para ver as fotos , pica aquí

1 comentario:

Mary dijo...

Feliz Ano a todos os nenos, pais, mestres e como non, a os das "tertulias" dos derradeiros anos.
Alégrome moito, de que este blog comece o ano novo "recobrando" vida, pois é unha magoa que se perdan as boas cousas.
!Qué ben o pasaron estes nenos e cantas cousiñas fixéron! é unha ledicia poder ver e saber o que fan. Espero que isto siga para adiante e que Pati, tamén se anime a contarnos as súas experiencias, pois esto é un traballo precioso a pesares da pouca participación que hai.
Un biquiño para todos e bó ano novo.