Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, diciembre 30, 2009

O OUTONO ESTANOS A DAR PARA MOITO


Ademais de coñecer os froitos secos e as árbores das que provén, estamos a facer moitas cousas. Comezamos cunha serie nova de bits, estamos a aprender as marabillas da natureza, e ten moitos nomes raros: O monte Kilimanjaro, os Picos de Europa, o Deserto de Sahara e os Fiordos Noruegos entre outros.



Un día xuntámonos coa clase dos Mosquitos e fixemos mosto con uvas moradas e branquiñas e unha licuadora que facía moito ruido.
Primeiro vimos na pizarra dixital como eran as uvas e que clases había, despois coñecimos o que era a vendima e imitamos os vendimadores e por último escribimos a palabra uva no encerado. Como xa sabíamos moitas cousas sobre as uvas nos dispusemos para facer o mosto: remangámonos, lavamos as nosas mans, despois baixamos ao patio e alí vimos a licuadora e quitamos as uvas do seu racimo mentras as clasificábamos en dúas bandeixas. As metimos con moito coidado na licuadora coa axuda da profe Lidia e vimos como saía o zume. Cando xa tíñamos zume o probamos e... estaba boísimo, o acompañamos coas nosas merendas.Mais fotossobre a experiencia aqui



Tamén adicamos unha semana ao Samaín e aprendimos moitas cousas: limos un conto dun nenos que o celebraba e como se valeiraba unha cabaza; fixemos arañas de plasti e as metimos nas bolsiñas da merenda para dar algún que outro susto, ah! As arañas ten nome, cada unha ten o seu. Logo fixemos un broche dunha cabaza; debuxos sobre o samaín con momias, esqueletos, bruxas, arañas e cabazas; e a profe deunos un susto colgando as nosas arañas de papel na porta da clase.


Na presentación que queda aquí abaixo podedes velos/as coas arañas de plastilina que fixeron. Dende aquí podedes ir ao albúm.

No hay comentarios: