Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, diciembre 28, 2009

O Outono nos deixou...

Como vos comentamos nestes días de Nadal imos actualizar o blog e imos poñer varios post sobre as cousas mais saleintables que fixemos. Temos moitas fotos pero como non podemos poñelas todas deixarémosvos ligazóns a albums dende os que as poderedes descargar.


Esta vez ímosvos ensinar cousas que aprendemos da estación que rematou: o outono. Nun post anterior xa vichedes a foto do mural que fixemos. Ademais dese precioso mural a profe Ana, trouxo á clase unha sorpresa: unha caixa chea de follas e froitos secos dos que aprendemos cada mañá moitas cousas! Nas fotos podedes vernos con noces, abelás, castañas nos seus ourizos e landras; e tamén coas follas das súas árbores, a nogueira, a abeleira, o castiñeiro e a aciñeira.
Se queredes ver mais fotos picade aqui

Estivemos traballando  cos bits de intelixencia e adicámonos a aprender os froitos secos, as árbores das que veñen, as estacións do ano nas que se recollen e incluso algún dos países de procedencia. O que máis gracia nos fixo foi cacahuete, porque era máis doado de todos, chámanse igual o froito e a árbore.

1 comentario:

MARIA dijo...

HOLA,SON MARIA,QUERO DESEXAR A TODOS OS QUE VEN ESTE BLOG QUE DESPIDAN O ANO BEN E QUE O NOVO SEXA BON PARA TODOS.

FELIZ ANO 2010*FELIZ ANO 2010