Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, enero 08, 2009

Xa estamos no 2009

¡Ola! xa estamos por aqui de novo
Como só houbo dous días de escola non hai moito que contarvos. Falareivos un pouco da "asamblea" que fixemos o primeiro día. Nela cada un/nha ía contando como pasara as festas (sen mencionar nada de que agasallos tiveran pois eso viría logo). Falaron case tod@s (agás 2-3) e, como sempre, tamén houbo quen non calaba.
Loxicamente a exposición común foi a de que estiveran nas festas cos familiares mais achegados, que o pasaran moi ben e que moit@s comeran as uvas. Como comentarios diferentes poderiamos citar a:
"Non comin uvas , eu comin aceitunas pois me gustan mais" (Irene)
"O padriño de Alejandra trouxo gorros para a festa"(Carmen)
"A miña irmá Laura comíu as 12 uvas e logo quería mais" (Susana)
"Eu nas festas choquei de cabeza cunha árbore? "(Martín)
"Eu nas festas fun xantar ó ..... Burger King - e comin petit suisse- (Xiao)
"Pasei cinco días en Marrocos con meus tíos e curmáns"(Alexandra)
"Aarón esta malito por que lle caíu un banco no pé , cando estaba descalzo e chorou moito"(Ainara)
Cando falamos do que lles trouxeran os Reis ou P. Noel , tivemos unha sorpresa pois a Iago tamén lle trouxeran xoguetes o "olentzero" (picade na palabra se queredes saber algo mais) que é un señor de barba que fuma en pipa(versión Iago) e lle trae agasallos ós nenos. Por suposto, e dado o bos que son @s nen@s desta clase, a lista de agasallos que deixaron foi enorme. Houbo de todo , sorprendéndome que a 4 nen@s lles regalaron un MP4 ( por certo souberon explicar moi ben que era eso). O que houbo pouco , polo dito por eles/as, foron contos, puzzles ou xogos de construcción : (
O Venres estivemos vendo que tal andabamos na lectoescritura e teño que recoñecer que bastante ben , incluso houboos/as que mellorararon. Practicamos coas letras traballadas e todos se gañaron o seu gomet ( por certo que xa hai tres novos/as premios ó completar os 20 gomets, pero ainda non nos deu tempo a escribilo no Xornal). Fixemos ficha de repaso ,que continuaremos a semana que ven, pois non presentaremos unha letra nova ata dentro de uns días. Por este motivo, ademais de por ter poucos días de clase, esta semana non vai o Libro de Lectura para casa. Cando o mande de novo irá na carpeta do 2ª Trimestre que non levara cordiña para agarrar, esta vez debedes de poñerlla vos , si queredes que a teña, pois a min levame moito tempo poñer 24 cordas e a vos non vos supón nada. O que non queira que non lla poña.
A foto que deixo é do Venres que estivemos vendo uns contos na PDI