Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, enero 23, 2009

Tivemos un contacontos e coñecimos a Piolín

Esta semana comezo deixándovos duas ligazón a recursos de fichas imprimibles. Unhas son de grafomotricidade e as outras son de diferentes conceptos matemáticos. Podedes atopalas na marxe dereita.
O Luns comezamos cunha novidade moi grande , estabamos convidado a un contacontos. A editorial Kalandraka, que edita uns libros de contos para infantil moi recomendables, organizou unha sesión de contacontos para @s nen@s de Ed. Infantil 5 anos. Foi só 25-30 minutos pero estivo moi ben. Contáronnos tres contos : Un dun coelliño , outro de misterio titulado "No bosque" e un terceiro musical. Tod@s participaron moito e , como vedes nas fotos, estiveron moi atentos.
Outra nova foi que coñecimos a Piolín pero non o canario amarelo , nin tampouco a nosa querida cobaia, non , este era un pitiño que que tivo un pequeno disgusto cun globo ( indagade entre eles/as , a ver que vos contan). Este pito presentounos unha nova letra que axiña aprenderon. O Mércores e o Venres traballamos con ela no seu libro correspondente.

Logo do recreo estivemos xogando a algúns deses xogos que comentamos a derradeira semana. Probamos co de agochar algo e buscalo coa axuda de frío-quente, despois o do veo-veo e tamén o das catro esquinas ( pero só unha pequena proba pois o espazo non é o que mais sobra na clase). O Xoves xogamos ás palabras encadeadas .Había nen@s que coñecían a dinámica do xogo ( Hugo, Celia e alguén mais)e participaron sen problemas , outros entedérono axiña e un tercio da clase non entendeu que era o que había que dicir. Volveremos a xogar outras veces pois é divertido , ademais de didáctico. Ese día tamén presentamos un novo programa no ordenador. Neslo protagonista é Teo é ten acuvidades moi variadas como: música ( facer bailar a Teo), pintar ( pero movendo o rato e non clickando), sopa de letras ( fixeronna moi ben a pesares de haber letras que non traballaramos), o aforcado ( parecida á ruleta da sorte da "tele"), puzzles, a bruxa encantada (semelllante á oca, puidendo xogar contra a máquina ou entre dous-fixérono Celia e Ari), ....Non nos deu tempo a probar todos pero farémolo.
O Martes tivemos a sorte de poder coñecer algo mais sobre os cabalos gracias a Ariadana , xa que nos trouxo un par de ferraduras. Contounos que eran de ferro, que non eran iguais pois tiñan diferentes cantidade de encaixes (duas as das patas de atrás e unha a da pata de adiante). Díxonosnos que os oito buratos que tiñan , chamados claveras, eran para poñerlle os clavos con se suxeitan as ferraduras ás patas. Falounos de que podían ser de diferentes tamaños e que o seu papa facía algunhas.Esquecera contarvos que , Por suposto antes de nada, preguntei si sabían que erán unhas ferraduras e para que servían. Moit@s si o sabían , pero só dous (Martín e Susana) explicaron cal era a súa función. Ariadana confirmounos que estaban no certo , que as ferraduras son coma os "zapatos dos cabalos" pois impiden que se fagan feridas ó camiñar.
Logo do recreo puxémonos cunha ficha que lles costou moito. Tiñan que ir rompendo o papel por unha raia (coma se cortasen o papel coas mans). Para eso tiñan que facer pinza cos dedos polegar e índice das duas mans e ir tirando. Como non estan afeitos a facelo custoulles moito.Algúns coma Xiao estaban moi disgustados pois non lle saia nada ben. Este tipo de actividade é moi boa para traballa-la motricidade fina pero o ideal é facela con grupos pequenos de 3-4 nenos de cada vez e non con 20 o mesmo tempo.
Levamos varios días intentando traballar coa descomposición do número seis , polo de agora hai poucos progresos pois ata agora traballáramolo pouco , pero cun pouco mais de insistencia non haberá problema.
A vindeira semana díxenvos que nesta vos comentaría algo sobre o Antroido pois xa vos podo dicir que imos ir de algo que se víu moito este ano , ainda que non no cole.Imos ir de bonecos de neve, xunto cos/as compañeir@s das demais clases de cinco anos. De momento so vos digo esto , axiña mandaremos unha nota pedíndovos a vosa colaboración con algunhas prendas do disfraz.
Durante a semana estivemos facendo a segunda ficha do libro de Plastica .Nela había que debuxar un castelo para logo pintalo cunha mestura de pintura, cola e area da praia. Ainda que esta "pocima" era dificil de extender , houbo algúns castelos que quedaron moi naturais , parecian de pedra.
Andiven buscando unha solución mellor ó tema da traducción o castelan pois a solución que tiña facia os comentarios moi longos. Vou face-la proba de que poña a traducción ó castelán no primeiro comentario do post. É dicir si queredes ver a traducción á castelan do aqui escrito pica no primeiro comentario que ten este post.

jueves, enero 22, 2009

Suspensión de las clases

Comentarvos que a Consellería de Educación suspendeu as clases mañán Venres , día 23 de Xaneiro, no ensino non universitario

domingo, enero 18, 2009

A que estamos moi guapos?

Como vos comentei aqui vai a presentación das fotos que fixemos coa camara dixital que trouxo Celia.Aproveito o comentario para deixarvos esta ligazón a un post do blog da miña compañeira Ana (bulebule) no que se poden ver diferentes imaxes de xogos tradicionais. A min trouxéronme bastantes recordos(como pasa o tempo) e decateime en como nos complicamos para regalar xoguetes como ben que se pode pasar con obsectos sinxelos.
Picade aqui