Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, enero 29, 2009

Dia da paz

Dado que vos pedin colaboración para o Dia da Paz , pensei que debía facer un "post" aparte para esta celebración recollendo algo dos textos que mandastes e contarvos o que fixemos durante a mañán.
Logo das rutinas de data, tempo e fallas de asistencia rematamos unhas fichas do Libro de Muna que nos quedaran pendentes e púxémonos á celebración.
Comezámola por ler algunhas poesias: Tiñamos unha de G. Fuertes, outras tres que eran poemas da paz. Tamén unha moi orixinal chamada La PE, la A y la Zeta de Martín Pinos. Falaba dun mago que xuntaba estas tres letras e facía unha poesía.Comezaba coa letra P da que nos ía dicindo moitas palabras habituais para eles/as dun xeito moi simpático , logo ía co A, rematando co Z. Gustoulles moito.
Despois contamos tres contiños moi curtiños pero moi axeitados ó día que estabamos a celebrar. La piedra de la sopa titulábase o primeiro e contaba a historia dun extrano que a partires dunha pedra conseguíu unha moi rica sopa , coa axuda de tódolos viciños. (fomentaba a cooperación como xeito de obter resultados), outro conto foi "El peso de la nada" e falaba de como un copo de neve que , aparentemente, non pesa nada consigue romper a pola dunha árbore o pousarse enriba dos demais. Remataba con esta frase : "Tal vez esté faltando la voz de una sola persona para que en este mundo tenga lugar la paz". OTerceiro conto foi Fuego en la jungla e narraba un incendio na selva ó lado dun río e mentres os animais dun lado miraban , os doutro lado queimábanse. Tan só un pequeno paxaro ín a buscar auga ó río para intentar apagar o lume que coa axuda dunhas extinguíuse.
Despois destas sesións de escoitar tocaba descansar e falar así que foron a merendar e, mentres eu aproveitei para preguntar.
Comezamos investigando sobre que podiamos facer para acada-la paz. Que podería facer cada un deles/as para que no mundo houbese paz. Como veredes houbo respostas moi variadas.
  • Paula , darno-la man
  • Martín e Susana coidar do planeta
  • Celia , ser amigos
  • Marco, Carla e Aarón coidarían dos animais
  • Iago e Hugo non pegarían ós demais
  • Abel , abrazarnos
  • Ari e Nico , coidar dos irmáns
  • Victor coidar do mundo
  • Xiao, separar á xente
  • Carmen , xogar cos amigos
  • Sandra, coidar dun bebé se esta malito
  • Alexandra , coidar de papá e mamá
  • José , axudar á xente
  • Ainara , facer caricias á paz
  • Ricardo , salvar ás persoas
  • Mateo e Raúl axudar ás persoas falando
  • Adrián , perdoarse
Logo a pregunta era que cousas deberiamos quitar do mundo? , que era o que non lles gusta e debería desaparecer.Tamén hai respostas , certamente, moi orixinais. Sobre as respostas dadas en cointra dos animais , houbo moit@s que se manifestaron en contra pois lles dicían que os animais non facían dano , tan só buscaban comida.
  • A maldade (Susana)
  • Accidentes (Xiao)
  • Os roubos (Hugo)
  • Os ladróns (Iago)
  • Os raposos (Victor)
  • Os lobos (Marco)
  • Os que matan ,a xente (Susana)
  • A guerra (Hugo)
E rematamos averigüando que desexo pedirían se puideran pedir un só ( non valía xoguetes ; ))
  • Paz (Susana)
  • Salvar ó mundo (Abel)
  • Separar á xente que se pelexa (Martín)
  • Que todo o mundo viva tranquilo (Hugo)
  • Coidar dos que morren (Celia)
  • Coidar da nosa familia (Susana)
  • Coidar dos que están malitos ((Iago)
  • Que nos axudemos uns ós outros (Hugo)
  • Salvar ós animais (Ari)
  • Axudar ós que non teñen (Susana)
  • Axudar ós accidentados (Martín)
  • Coidar dos peluches para que non os rouben (Aarón)
Esta claro que hai moita vontade por parte de tod@s , o maior problema é que , ás veces, esa vontade dura moi pouco. O que si vos digo é que hoxe non houbo nin unha soa pelexa nin discusión na clase.
O seguinte a facer era elaborar un mural con tódalas aportación de imaxes. Segundo ían rematando , ían escollendo o debuxo que mais lles gustaba e coloreabano, logo pegábano no mural. Tamén puxemos as fotos ou imaxes colorteadas que trouxeran. O resultado podedes ver que foi precioso.Auqeles/as que xa pegaran o seu debuxo e a súa foto tiñan que coller unha pomba troquelada que traía o método como recurso. Montábana para que eu logo as puidese colgar no pasillo diante do mural.
Non quero remata-lo "post" sen deixar algunhas frases que enviastes e que me pareceron moi interesantes (todas o eran pero tiña que facer unha escoma).
"Una excelente manera de defenderte de los demás es procurar no parecerte a ellos"
"No debemos perder la fe en la humanidad, que es como un océano: No se mancha porque algunas gotas esten sucias"
"Las leyes callan cuando hablan las armas"
"No hay camino para la paz, lapaz es el camino"
"La paz obtenida en la punta de una espada, no es mas que una tregua"
"Si queremos un mundo en paz yde justicia, hay que poner decididamente la inteligencia al servicio del amor"
"Todos quieren la paz y, para asegurarla, fabrican mas armas que nunca"

"La paz no es la ausencia de conflicto, sino la presencia de alternativas creativas que nos ayuden a solucionar el conflicto"
"Ojo por ojo y el mundo acabará ciego"
"Mas vale la seguridad de la paz , que la esperanza de la victoria"
"Si quieres la paz , no hablecon tus amigos , habla con tus enemigos"
"No se pierde nada con la paz y puede perderse todo con la guerra"

"La guerra es una salida cobarde a los problemas de la paz"
"Nunca hubo guerra buena ni paz mala"

ENTENDERÉMOSNOS
Non me importa se es neno ou nena,
se es negro ou branco
,
se entendes ben a miña lingua e eu a túa.
Non me importa onde naciches,
non importa se temos crenzas diferentes.
Nada diso importa
porque non imos prestar atención ás diferencias.
Porque estamos chamados a vivir xuntos e a entendernos.
Dame a túa man.

Entederémosnos
Grazas, moitas grazas a tod@s e , por favor, que estes desexos se manteñan tódolos días , tódolos anos e para sempre.

miércoles, enero 28, 2009

Temos un novo proxector

No derradeiro post esquecín falar algo dos comentarios e agora , antes volver a esquecerme , digovos que hai bastante unanimidade en que é unha mágoa perder os xogos tradicionais , que non queremos que os nos@s fill@s sexan case virtuais de tanta tecnoloxía que os rodea, pero logo facemos pouco por cambiar esto. Temos que intentar facer algo mais e non ceder ante o consumismo que os bombardea. Hai moitas mellores maneiras de pasalo tempo que cunha consola , vendo a tele ou cun ordenador. Eu non digo desterrrar todo esto senon usalo de xeito controlado , supervisado sempre por adultos e alternando con outras actividades ( ler , xogos ó aire libre, xogos de mesa, puzzles, xogos de construcción, pasear a pe ou en bici...). Unha nai comentábame o outro día que @ fill@ lle pedía fai tempo unha consola e que ela non quería mercarlla pero que cada vez lle resultaba mais dificil negarse pois raro é @ nen@ que non a ten. Esto é certo pero debemos facerlles ver @s fill@s o que teñen xa e disfruten deso , que o valoren.
A gran nova desta semana é que nos puxeron un proxector novo para a PDI. Esperemos ter Justificar a ambos ladosmoita mais sorte que co primeiro. O que tiñamos neste momento funcionaba ben pero era emprestado e había que devolvelo. Por este motivo o Martes foi diferente xa que había que facer uns buratos no teito para move-lo soporte do proxector e fómonos da clase para o patio. Aproveitamos que non chovía ( algo increible nos derradeiros días) e estivemos facendo algúns deses xogos dos que falaramos. Primeiro á "catro esquinas" pois , se ben , xa xogaramos na clase só o puideran facer cinco e co espazo moi limitado. Agora xogaron tod@s á vez pois fixemos varios cadrados. Cando comezou a haber algunha deserción e desfacerse os grupos de cinco , arrexuntámonos outra vez con "Paloma blanca , paloma negra". Varios sabían a dinámica do xogo pero non canción ( uf , que é moi dificil ; )), polo que tardaban un pouco en da-la volta pero o pasaron moi ben. Despois probamos con "El pañuelo". Fixemos varias roldas ata que tivemos que parar pois baixaban as demais clases para o patio. Logo do recreo , e como ainda non podiamos subir, fixemos carreiras de sacos , pero sen sacos. A que é moi orixinal. Tiñan que termar do pantalón e saltar cos pes xuntos. Houbo duas roldas e logo enfrentáronse na final Hugo e Martín , gañando Martín por centimetros. Foi unha final moi reñida.
Como xa non tiñamos ocupada a clase subimos e rematamos o traballo que comezaramos e que era sobre sumas. Fixémolas mentalmente primeiro , logo con debuxos na PDI e rematamos facendo un par de fichiñas na mesa. En xeral ben ainda que teremos que seguilo traballando pois algún/nha non escoita o que preguntas ou non se centra.
Luns e Mércores adicámolos á Lingua e sobre todo á lectoescritura. Hai algún neno que confunde o son P co T , como levamos pouco tempo coa letra pode ser que ainda non se acostumara a identificala. No caso de manterse haberá que ver se hai algún problema de audición.
O vir do recreo, o Luns, rematamos de explorar o xogo de Teo do que vos falei. Como o Martes xa estaba posto nos ordenadores de sobre mesa xa poden xogar con él individualmente ou en parellas. O xogo que mais lles gusta é o da casa casa encantada ( eu dixenvos a bruxa encantada) que é un xogo como o da oca.
Andamos un pouco retrasados co Libro de Muna pola suspensión das clases e pola celebración do día da Paz pero a vindeira semana rematarémolo.
Sobre a celebracióndo Dia da Paz poñovos un "post" aparte que subirei mañán ou pasado pois quero pasar as opinións que houbo asó como algunhas fotos. Na marxe dereita queda unha ligazón ás outras fotos que fixemos xogando no patio. Tamén podedes picar aquí.
Non esquezades que a traducción ó castelan está no o primeiro comentario