Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

sábado, febrero 21, 2009

Desfile do Antroido

Deixovos a tan esperada presentación de fotos do Antroido. Poñede un babeiro pois vos vai facer falla ó ver o guap@s que están , a que si?. Non fai falla que vos diga que as fotos individuais foron quitadas un pouco de presa e por eso hai pequenos erros ( colocación dos narises, vasoiras con bolsa, colocación d@s nen@s ) pero penso que lucen moitisimo. Comentarlles ós pais/nais de Carla, Xiaos, Ari e Paula que as fotos dos seus fill@s teñen un fondo diferente pois mentres as estaba facendo tiven que parar un momentiño por temas da clase e cando voltei "levárannos" o boneco de neve. Fixenlles algunhas sen boneco e outras co boneco noutra situación.
Cando comecei a ver as fotos decateime tamén que non fixera nin unha soa dos disfraces que había polo pasarúas ( Carapuchiñas, lobos, etc) que houberan quedado moi ben na presentación pero no momento non me cain en facelas. Si alguén ten algunhas fotos desas e mas quere achegar , encantado as engadiría a presentación. á volta das vacacións traedesmas nunha memoria Usb ou na mesma tarxeta da camara e xa volas devolvo no mesmo día.
Deixovos tamén unha ligazón ás fotos por si as queredes ver mellor ou descargalas. Picade aqui (ou na marxe dereita).

miércoles, febrero 18, 2009

Chegou o Antroido

Nótouse durante a semana que estaba a chegar o Antroidso pois continuamente estivo presente ben coa proba dos disfraces , ben coa elaboración de diferentes carautas e ata un antiface.
Comezamos coma sempre adicando o Luns a diferentes actividades de lectoescritura.Posteriormente puxémonos co Libro de Plástica pero en vez de traballar tod@s ó mesmo tempo coa mesma ficha, fixemos dous grupos de 12. Un grupo tiña que facer unha actividade que xa fixeramos o curso pasado. Había que pintar con xices de cores mollados en auga con azucre. Era moi doado pintar pois estaban brandas. Logo ó secar, os trazos collian un brillo consecuencia do azucre. O outro grupo adicábanse a pegar papeliños para decorar o vestido dunha bruxa e logo remataban poñendolle "churriños" de plastilina a modo de vasoira.
Pero que ben suman estes/as nen@s ! , cada día o fan mellor e con mais rapidez, ademais gustalles moito facelo. O Martes estiven vendo que unha suma adsemais de horizontalmente tamén se podía poñer verticalmente e cunha raia debaixo. Esta parte ainda temos que traballala mais pois era a primeira vez pero teriades que velos sumando cos dedos. Estaban moi motivad@s con certa "competitividade" entre eles/as por ver que respostaba antes.
Antes de marcharse para casa montaron un troquelado que levaba unhas gafas, naris e bigote. Estaban moi simpatic@s.

Ademais das carautas que pintaron para ambientar o colexio fixeron un precioso antiface usando ceras brandas e pintando logo por riba con pintura que leva purpurina. A combinacion de cores deu resultados moi bonitos.
O Xoves traballamos a clasificación de cousas polo ton da súa cor, decatámonos que ainda sendo a mesma cor variaba a oscuridade ou claridade deste.
Tamén tivemos tempo de falar das aticulacións que temos polo corpo , que este non dobra por calquer sitio ( e coa idade algúns case que non dobramos por ningures;) ) , lembramos os nomes en galego ( sábenos pero confúnden algúns). Traballamos tanto que tivemos tempo de remata-lo bonito antiface que comezaramos o Mércores.A pesares das dificultades que tiña recortalo , fixérono moi amodiño e ben.
Ó vir de Relixión adicáronse ó lecer ben con plastilina e facendo cousas moi orixinais , ben con puzzles (houbo un grupiño que remataron o de 100 pezas e estaban moi orgullos@s), ben con mosaicos (vedes que contento estaba José cando rematou o seu).
Do Venres non vos conto nada pois farei un post especial cunha presentación , en canto poida (Domingo ou Luns) só dar as gracias por toda a colaboración prestada tanto no aspecto gastronómico ,para a festa da clase, como o do apoio durante o pasarúas.
Antes de rematar da-las gracias polas opinións sobre posibles contos multimedia a facer. O de carapuchiña vermella er a unha das opcións que eu tiña , mentres o outro tamén pode ser moi valido. De non aparecer mais opcións , probablemnete , votemos na clase cal facer. Mantereivos informad@s
Como vos decatastes nos derradeiros post esquecin poñer a traducción ó castelan ben directamente , ben a través dun primeiro comentario. Como sei que esto vai pasar mais veces o que vou facer é deixarvos unha ligazón a un traductor co que podedes averiguar (mais ou menos) como é o texto en castelán. Este era o enderezo que eu usaba para facelas. As instrucción ( por si alguén tivese dúbida son as seguintes:
  • Primeiro selecionar todo (si picades enriba de calquer palabra con botón dereito saevos un menú no que xa pon seleccionar todo, picade nel) .
  • Logo, e con todo seleccionado, picades outra vez co botón dereito escollendo agora copiar.
  • Picade logo na ligazón do traductor , aparecendovos unha ventá con tres ventaiñas. Se picades co botón dereito na inferior (Escriba el texto en el siguiente cuadro) e lle dades a pegar xa vos vai a aparecer o texto do post en galego.
  • Agora falta ir á parte superior (Traducir de elegir idioma ) escollendo que traducción queredes ( suponse que de gallego a español).
  • Xa só falla picar no botón inferior esquerdo vermello que pon traducir.
Perdoade que o poña todo tan "masticado" pero sei que hai xente que ten , ás veces, algúns problemiñas para desenvolverse co ordenador.
Traductor

martes, febrero 17, 2009

Precisión

Sobre o comentario de María ( nai de Carmen) precisar que a autorización da que falaba era para maquillar @s nen@s e non para sair do "cole". Polo que non houbo esa descoordenación que eu comentaba e, que dado o tamaño do colexio, se podía dar.

lunes, febrero 16, 2009

Aviso

Comentarvos que algunhas das nais que veñen buscar @s nen@s á porta ofrecéronse para preparar filloas, orellas e rosquillas para toda a clase (profe engadido , por suposto ; ) ). Polo tanto , a pesares da nota que enviei o outro día, só é necesario que lles mandedes a bebida pois do da "papatoria" se encargan elas.
Sobre o que comenta María ( a nai de Carmen) pedirlle perdón pola "descoordenación" pero como este colexio é tan grande , ás veces, uns non nos enteramos do que fan os outros , e con este papel pasou eso. A min non fai falla que me mandes nada firmado pois , como puxen no papel , so tedes que avisarme se non queredes que saia. Ven sendo o mesmo pero redactado doutra maneira. Sinto que os papeis non foran iguais . Se alguén ten algunha dúbida que me mande un papel pol@ rapaz/a ou que se poña en contacto comigo