Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, febrero 27, 2009

O ferreiro

Destes días de festa xa estamos outra vez aquí ainda que sexa para contarvos pouquiñas xa que dous días non dan para moito.
O Xoves estivemos comprobando se estes cinco días causaran moito "estrago" na parte da lectoescritura. A resposta é que non pois dos 22 que estaban só tres non foron capaces de ler aslgunha frase. Rematamos o libro da letra p , quedando a postada para o Luns.
O Venres tivemos video pero non tan lúdico coma outras semanas senon mais didáctico. Xa fai varios días os pais de Ariadna ofetáronme a posibilidade de ir ver como se ferraba un cabalo. Por diferentes motivos eu rexeitei o ofrecemento pero si lle pedin que si , por favor, podían me mandasen fotos e videos de como se facía. Como levamos un tempo falando dos oficios e profesións aproveitamos este material e estivémolo visonando. Ademais invitamos @ compañeir@s da clase do peixe (a profe Lidia). Aprenderon bastantes cousas ainda que o que mais lles chamaba a atención eraun canciño que saía. Puidemos ve-las ferramentas que usaba, que hacái falla estar forte para facelo traballo e que o resultado era excelente. Comentamos que os ferreiro fan outras cousas e non só ferraduras e que non só se ferran cabalos (alguén comentou que tamén as vacas). Xa postos, ó remate do video, aproveitamos para falar doustros traballo e de que ferramentas usan. Eran oficios coñecidos ( albanel, mecánico, perruqueira, doutora, cociñeiro, ...) e os utensilios eran tamén moi coñecidos. Agás algunha dos carpinteiros como "Jubia" ou o cepillo.
O debuxo que vai no post é de Iago disfrazado de pallaso. Fixoo nas vacacións, esforzándose moito. Se queredes ver outros debuxos deles/as disfrazad@s ide "O xornal dos Carrabouxos" e veredes outros tamén moi bonitos que fixemos no cole.Aproveito e comento Que no xornal temos o primeiro comentario posto por un neno da clase. Paréceme fabuloso , pois sei que varios vedes os blogs na compaña deles/as e supoño que vos faran comentarios pois esta vez Victor deixounos a súa opinión.

Deixo aqui o video de "Como se ferra un cabalo" pois me parece moi interesante para amosar o traballo do ferreiro. Gracias ós pais de Ari pola colaboración pois non todo o mundo pode ver como traballa un ferreiro.