Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, abril 01, 2009

Veñen as vacacións

Comezar explicando que, como supoñía , o conto de Musi non se le ben e , como o seu obsectivo principal era servir para practicar a lectura, decidín suprimilo ata que poida facer unha nova versión que se lea mellor (logo das vacacións estará posta pois por problemas técnicos non podo facelo antes).
Gracias a Mary polas louvanzas , coido que se pasa un pouco pero agradécense moito. Ademais a todos nos gustan os "mimos" e eu non son unha excepción.
Ó estar rematando o trimestre andamos rematando tamén libros e outras "historias". Estivemos traballando cunha pintura Gauguín pois quedábanos un cadro de él no libro de plástica, pero, por desgraza, non paramos moito tempo, pois tiñamos bastante traballo pendente. Intentamos imitalo e a pesares do bonito resultado, penso que temos moito que practicar.
Fixemos a portada do libro das fichas. Quedou preciosos pois levaba uns cartonciños que lle dan un relieve especial e con ela intentamos sintetizar o trimestre ( visita ó porto, medios de transporte e oficios).
Dentro do aprtado da lectoescritura seguimos coa letra n , pero , loxicamente, cantas mais letras coñecemos , hai nen@s que mais confusión teñen. Así hai quen se lía entre o d e o l, entre o m e o n. Tede paciencia e sobre todo moita práctica. No colexio fanno , en xeral , bastante ben pero, ás veces, o tempo non nos permite ler coa calma que quixeramos. Dentro da carpeta , ademais das fichas, van unhas folliñas con frases para practicar escritura e mais a lectura. Procurade que lle adiquen algún tempo , se ben tampouco os queimedes pois son vacacións. Aproveito e coméntovos que esa carpeta que van levar é a do 2º trimestre e , polo tanto, debe quedar na casa. Hai xente que lle puxo unha cinmta ou algo para agarralla mellor. Nestes casos , cando leven a carpeta do 3º do trimestre, podédeslla cambiar pola do 2º e seguir usando esta para "transportar" o libro de lectura e o conto semanal. Vos decidides.
Estivemos o Martes intentando desplazarnos polo "miniplano" dunha cidade para facer recadiños. Había diferentes lugares e tiñan que ir a determinados sitios nunha orde determinada. Así que o entenderon , fixéronno moi ben.
Como viriades no Xornal hai nen@s moi interesad@s nos mosaicos. Estos son uns xogos moi tranquilos e que precisan paciencia e atención. Outro grupiño fixo outra vez o mosaico do castelo e me pediron que lles fixera unha foto e como esta semana teño poucas para o blog ( e tamén pouco que contar) deixovola aqui e mirade a cara de ledicia e satisfación
Remato o comentario deixándovos unha "xoia" que quería ter hai tempo , unha foto actualizada do grupo completo. Ata o de agora ben porque faltaba alguén , ben porque eu o esquecía non tiña ningunha foto de toda a clase. Pois agora sí e conto , mais adiante, facer algunha mais.
Ainda que supoño que tod@s o sabedes, recordo que as clases volven o día 14, Martes.



domingo, marzo 29, 2009

Mimos agarimosos

Custounos moito comprender de que ía o xogo , ademais case que non nos decatamos do comentario (como temos tantos ; )) pero recibimos un premio agarimoso de parte doutra compañeira ,á que lle estamos moi agrecid@s.
Moitas grazas a:
Beatriz http://ratosdeescola.blogspot.com/

Agora tócanos continuar esta cadea lembrando que :
As reglas a cumplir son as seguintes:
1- Facer link co blogue da persoa que cho otorgou
2- Escribir as reglas do mimo no teu bloque
3- Contar 6 cousas aleatorias sobre ti
4- Outorgarlle o mimo a 4 personas máis y enlazalos
5- Deixarlle un comentario ou aviso a quen llo outorgaras
6- Deixar os obsequiados saber cando publicaches o post.


Pois teño que contar 6 cousiñas sobre min:
Como Tauro que son , son moi teimudo e terrenal.
Considérome unha persoa leal e sinceira
Non sei si son hiperactivo pero custame estar sen facer nada.
Son unha persoa moi afortunada pois traballo no que quería de pequeno, no que me gusta e para o que estudiei.
Son bastante desordenadado e despistado
Podo presumir de ser galego, de Ourense e neto de afiador, case nada.


Os meus mimos agarimosos son para :


= 1 mimo para Fernando, do blogue O PROXECTO PONTE DOS BROZOS EN RUTA, do que aprendin moitisimas cousas de novas tecnoloxias pero sobre todo foi quen me fixo ver que somos capaces do que nos propoñamos tan só temos que intentalo Grazas, moitas grazas.
= 1 mimo para Maria e os seus pequenos no blogue AULABLOGUE
porque a pesares de non coñecernos e de facer un blogue premiado , segue falando de min e do meu blogue por onde vai. Grazas
= 1 mimo para Ana, de Arteixo, de LA CLASE DEL BARCO compañeira de nivel para darlle moitos ánimos nos comezos desta dura pero apasionante profesión.
= 1 mimo para Ana, de Pontedeume, de COUSAS DA NOSA CLASE divina coordenadora e gran compañeira sempre cun sorriso e disposta a traballar.