Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

jueves, abril 16, 2009

A Casiña de chocolate

Logo de estar varios días sen vernos , o primeiro que tocaba era facer unha asamblae e enteirarnos do que fixera cada un/nha , onde foran e que sosrpreas tiveran. Non houbo saidas especiais e somentes vistas mais ou menos curtas a familiares como José ( que estivo en Ourense), Susana ( en Asturias) , Aarón e Ainara ( Fisterra e no Ézaro), Ricardo ( Portugal) ou Ariadna ( en Pontedeume). O que si houbo , practicamente, xeralizado foron os agasallos da Pascua. Moitos ovos ou coelliños de chocolate , algúns bolos así como roupa. Non foron os Reis Magos pero , polo xeral, non coido que houbera queixa. Tod@s o pasaran moi ben pero ... tod@s tamén traballaron moito pois nada mais entrar tiña a vari@s que me estaban dando "os deberes" (como eles/as che chamaban) onde se vía que procurastes seguir as recomendacións que vos dera de cara a que practicaran un pouquiño a lectura e a escritura.
Todo esto víuse refrectido logo cando fixemos a lectura na PDI pois case tod@s leron ben ou moi ben.
Loxicamente comezamos o novo libro de Muna no que falaremos da Natureza , da Primavera e dos cambios que se estan a producir na Flora e Na Fauna nesta época do ano. Estivemos repasando vocabulario propio do tema como as partes "básicas" da planta o dunha árbore; logo falamos do que precisabamos se queriamos ter unha leituga e non queriamos mercala. A c continuación plasmamos o traballado no libro de fichas.
Cando chegamos do recreo puxémonos cun conto que imos facer para o Día do Libro (23 de Abril). O conto e " A casiña de chocolate " e nel @s nen@s teñen que ir completando o texto cos pictogramas que faltan ( e que hai que colorerar e recortar). Ademais hai que decora-la portada e a contraportada. O resultado e bastante bonito cando @ nen@ se esmera un pouco á hora de pintar e recortar. Serve tamén para practicar a lectura ( a pesares de que aparecen letras coas que non traballamos). Se queredes descarga-lo conto picade no texto "Download 'Conto Casa chocolate(galego).pdf' to your computer" para descargalo arquivo)
Así mesmo traballamos no outro conto que estamos a facer ( Carapuchiña Vermella). Nel, ademais cuns debuxos moi orixinais e simpáticos , participan tamén "elaborando" cada páxina do conto final. Como vos comentei, cando fan unha páxina do conto , eu escollo algúns elementos que me parecen axeitados por ben debuxados ou por orixinais. Tamén intento que participen tod@s polo que busco que , en todo o conto, haxa alomenos un debuxo de cada nen@.
Os debuxos escollidos para a páxina 5 do conto coloreáronos antes das vacacións polo que o Martes entre tod@s decidímos de que tamaño ía ser o lobo, onde íamos poñer a cama que saía ou o armario. Que poñiamos por diante de que para que se vira mellor, .... Esta coordenación de toda a clase soe estar moi ben pois vese que é mais detallista , que se decata de pequenos erros, quen ten bo gusto ,...
Ademais o Xoves tamén fixemos a presentación oficial en sociedade do número 9. Coñecíano tod@s e polo tanto podería decirse que esto non é unha novidade pero ata o día de hoxe só o usabamos para contar , sen traballa-lo trazo nen a "famosa" direccionalidade deste. Agora quedou claro como é e como debemos facelo para evitar erros co número 6 ou coa letra e. Antes contamos ata nove ( algo que como dirían eles/as está "chupado" pero tamén o fixemos en conta atrás(é eso xa non está tan chupado, ainda que o fixeron moi ben). Nos vindeiros días traballaremos a descomposición do número. O Xoves debuxaron a páxina número 6 que colorearan o Luns vindeiro pero antes de debuxar entre todos lembramos en que "escena" estamos e aportan ideas sobre que sería lóxico que se vira nese debuxo. Esto axudaos bastante á hora de "crear" o debuxo. Saen cousas bastante espectaculares que , quizais, logo non se vexan todas no conto final porque senon só sairían as aportacións de 12-14 que teñen mellor man.
No medio do recreo houbo un pequeno incidente pois o pobre Hugo levou un pequeno golpiño e caeulle un dente que se lle abaneaba. Esto causou unha pequena conmoción polo feito de verlle algo de sangue, pero tampouco moita pois como comentamos no Xornal dos Carrabouxos hai xa algún tempo que lles andan caendo os dentes á maioría. Por riba antes das vacacións a Irene tamén lle caera un dente na clase ( pero desta volta sen levar golpe ningún)
Da clase de Ana recibimos uns bichiños par ver. Eran uns cabezolos ( tamén chamados cágados). Xa os viramos en 3 anos que os trouxera a "profe" Lidia. Agora lembramos que eran as crías das ras e como era o proceso ata convertirse en un anfibio adulto. Ainda que a meirande maioría lles quedou bastante claro todo , houbo quen non foi así pois Ainara preguntou ó día seguinte que onde estaban os peixes pequeniños. Ás veces nos escoitan con moita atención pero ben porque nos non nos explicamos correctamente, ben porque a nosa linguaxe e moi complexa ou ben porque eles/as estan mais distraidos do que parece , o resultado non é o que esperabamos.
O venres tocou presentación, coñecemos un novo capitulo das apaixonantes aventuras do Xardín Encantado. Remataramos o derradeiro cun problema co dragón Darío que non sabiamos como resolver. Agora aparecíu a solución e con ela unha nova letra, a letra H. Nas vindeiras semanas imos traballar menos tempo con cada letra ( estabamos adicándolle 15 días a cada unha) por ser letras menos habituais. Moitos xa a coñecían polo que somentes imos pararnos un pouco no trazo.

Repasamos a letra N

Par que poidan practicar todo o que saben, deixo aqui actividades para traballar a letra N.Espero vos sexan útiles.


miércoles, abril 15, 2009

Nova versión do Conto de Musi

Este é a nova versión do Conto de Musi. Espero que a poidades ler mellor ( ainda que non sexa unha maravilla) pero non podo melloralo mais. Para poder ve-lo texto a ler , agora, hai que picar no debuxo de cada páxina



lunes, abril 13, 2009

Contestación

Contestación ó comentario de Cris.
Non poido darche a resposta no blog polo que , se queres, mándame un correo o meu enderezo
jcasales @ edu. xunta. es (todo xunto, sen espazos e con minúsculas)
jccasales @ gmail.com (todo xunto, sen espazos e con minúsculas)