Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, mayo 04, 2009

Soltamos peixiños



O Luns tiñamos programado traballar coa lectoescritura pero , como o Martes íamos facer unha saída non programada, tivemos que adiantar o traballo. Deixamos a parte de escritura e fixemos a nosa sesión de lectura, na que se luciron case tod@s. Logo rematamos o Libro de Muna adicado á Primavera (e a Natureza) onde o mais salientable foi: discriminación de sons graves e agudos (xa o traballaramos noutros cursos e moitos lembrábano), recoñecemento visual de palabras , lectura dunha poesía sobre a Primavera. Tamén falamos dunha flor moi coñecida en Galicia pero da que pouco se fala , a flor da xesta. Mirámola en Google e vimos que era amareliña e algúns xa recoñeceron que a viran polo monte.
Logo do recreo presentamos a resta. Non lles resultou estrano a algúns/nhas pero por si acaso explicamos que se na suma xuntabamos cousas , aquí había que quitalas. Comentamos tamén cal era o signo da resta. Logo , e para practicar, fixemos un xoguiño na PDI( o Cd chamase Papapú e é da Ed. Santillana- 5 anos). Nos vindeiros días voltaremos a facelo pero individualmente.
Rematamos a mañán iniciando un novo conto que é para o Dia das Letras Galegas(poderiamos montar unha Editorial dada a cantidade de contiños feitos). Cada día leeremo-lo texto e logo eles/as teran que ilustralo coas imaxes (o conto é o coñecidismo de "Riciños de ouro e os tres osiños").
O Martes miramos de aproveitar o tempo que tiñamos antes da saída. Como íamos comezar un novo libro no que o tema a traballar eran os animais , adicamos este tempo a explorar un xogo de Jclic sobre os animais que fixen eu(en canto poida poñereino no blog , ainda que é bastante "pesado" e pode tardar en cargar). Nel imos traballar a clasificación típica dos animais: mamíferos, aves, reptís, anfibios, peixes e insectos. Ese día só deu tempo ás duas primeiras. categorías. Así que o vexan en grupo intentaremos que xoguen por parellas nos ordenadores de sobremesa.
Ás dez e media marchamos cara o centro cívico onde ía se-la solta dos alevíns. Primeiro estivemos esperando pois dixéronnos que nos ía a acompañar a policía ou protección civil pero , polo que fora, non puido ser así e marchamos sós. Á chegada nos puxeron nas gradas que había e nos explicaron que había seis currunchos con actividades relacionadas coa auga ou os peixes e que íamos ir rotando as seis clases por elas. Tocounos comezar polo de pintar ( que ironía saimos do "cole" para non pintar e tócanos comezar pintando) . Dalí pasamos o curruncho onde nos explicaron moi graficamente como se depuraba a uga que estaba sucia. Usaron area de praia, algodón e un filtro do café. Efectivamente a auga saía moi limpa despois de pasar por estes filtros. A seguinte actividade era pescar uns peixiños usando canas con imán ( os peixes tiñan uns clips). Aquí houbo bastante desorden poi eran doce nen@s a pesacar nun barreño de 80 cm. de diametro. As canas liabanse , uns empurraban a outros , caseque non había sitio para mais de cindo e tiñan que estar doce. Non pasou nada malo e fómonos logo á solta dos peixiños. De un en un foron soltandoos. Poñíanllo na man e eles/as botábano ó río. Moi ben todo.
Dalí pasamos a clasificar animais segundo foran de auga, terra ou aire. Bastante ben , agás nalgúns que eran dificiles ou pouco claros ( tartaruga ou pingüin)
Rematamos con outro xogo de facer parellas de peixes. Antes limos que peixe eran ( atún , sardiña, salmón , rodaballo ,lenguado..) e comentamos algo sobre si o comiamos e en que tipos de comidas. Rematamos e marchamos pois , en xeral , había moita fame.
A miña avaliación é positiva, sobre todo tendo en conta que é a primeira vez que se fai. Agora hai que ver como mellorar que hai bastantes cousas que si poden facelo. Quedavos a presentación aquí debaixo é unha ligazón ás fotos na marxe dereita.
Todas estas actividades viñéronnos moi ben para o novo centro de interese dos animais. O Xoves estivemos lembrando algo mais das aves. Esto foi porque tiñamos que falar das cores das plumas: sobre das de cor branca e negra. Aves de cor branca coñecían algunhas pero non tanto de cor negra. Aproveitamos para ver imaxes de garzas, cacatúas, corvos, merlos ou pejas ( Victor citou o nome , logo houbo varios que as recoñeceron)
Mentres ían facían a páxina correspondente o con de Riciños de Ouro foron vindo por parellas a facer unha fiche de plástica na que tiñan que , tamén, decorara o fondo do mar. Para eso pintábano con unha mestura de auga, sal, cola branca e pintura azúl. Sobre eso pegaban tres peixes que recortaran. Vedes que o resultado foi bastante bonito.
Para rematar dicirvos que pola parte final do comentario van varias fotos do proceso e resultado de como fixemos o regalo da nai ( a derradeira semana non as tiña).
Na marxe dereita queda unha ligazón para descargar as fontes manuscritas que uso habitualmente coas fichas e coas actividades de Jclic. As que comezan por esco... son a fonte Escolar e as outras duas tamén son de letra manuscrita.


domingo, mayo 03, 2009

As letras H e mais Ñ en Jclic

Agora podedes practicar todo que sabedes coas letras H e Ñ.
Nota.-Esta actividade tarda un pouquiño en cargar pero non vos desesperedes.
Coma sempre agrdezo calquer suxerencia sobre o xogo ou que me avisedes dos posibles erros atopados. Gracias.