Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, mayo 15, 2009

Desilusión

Esta semana celebramos as Letras Galegas que este ano está adicado a Ramón Piñeiro . Nos traballamos algo sobre o autor aproveitando o material elaborado polo Seminario de Galán sobre o autor(podedse atopalo picando no Seminario) pero sobre todo facendo o noso conto de "Os tres osiños". Cada un/nha púxole os seus debuxos e logo rematámolo cunha portada "diferente". Houbo algúns debuxos moi , moi bonitos e orixinais. Deixovos unha imaxe que sería un conto con secuencias de 10 nen@s diferentes para que vexades a variedade e a imaxinación que hai pola clase. ( a calidade non é moi boa pois os debuxos non foron escaneados , senon fotografiados).


Dentro "deste proceso" editorial aproveitamos para debuxar e 8ª páxina do conto de Carapuchiña (só falata unha). Antes decidiramos como colocar os elementos (xa coloreados dixitalmente) da 6ª.
Fixemos , tamén, a segunda ficha do Libro do 3º Trimestre de Plástica. Nela estivemos estampando bonitas e variadas flores con tempera pero non usamos uns tampóns normais senon metadaes de pataca ou de cenoria. Completamo-la obra de arte cunhas boliñas de papel de seda no medio.
Presentamos unha nova letra , a R. Esta vai asociada con Robi un pequeno robot que dependendo da situación fai un tipo ou outro de ruido. Ademais ten outro amigo que tamén está con él , ás veces. Eu tiña algo de "medo" pois imos traballar coa letra poucos días pero case tod@s a aprenderon bastante ben. Loxicamente os únicos erros veñen o convertila nunha r for te cando é suave(Ex.: pera, loro, mora, ...) pero cun chisco de mais práctica solventado.
Deixo para o final a sorpresa da semana pois o Mércores veu Fernando ( o coordenador do PPdB) dicindo que chamaran da Sexta TV que querían facer un reportaxe curtiña na clase. A razón era que como o Presidente do Goberno comentou que a partires de Setembro os nen@s de 5º de Primaria ían ter un portatil (ademais que se ían poñer mais PDIs nos colexios)querían ter un material de video para ilustrar a nova e pensaron en facer unha reportaxe nunha aula de Primaria e nunha de E. Infantil.
Cando llo comentei @ nen@s a primeira reacción foi de Ari e Carla que me preguntaron : ¿Lo puedes colgar en Internet para que lo vean nuestros padres? . Pódevos parecer incrible a pregunta (a min pareceumo) pero foi así , literal. Esto amosa que as NNTT estan mais introducidas do que eu pensaba. Cando chegaron houbo , loxicamente, algo de rebumbio pero o comportamento foi exemplar tendo en conta que había tres persoas extranas pola clase e que unha ía cunha tremenda camara. Houbo "@s típicos chupacamaras" pero sempre sen molestar. Gravaron o que quixeron e logo entrevistaron a Ari e mais a Abel. Todo foi moi natural e o único que houbo que cambiar foi adiantar 15 minutos a hora da merenda.
Comentei cos reporteiros que cando se podía ver a reportaxe ou como podiamos acadala. Dixéronme que a partires das 14,20 h. ou das 20,20 que sairía. Se non podía velo así que o colgarían na web da Sexta Noticias. Dende aquel momento levo intentado conseguir ve-lo video pero non puiden. Esperaba poder poñe-lo no blog pero polo de agora ( esperemos) non pode ser. Sinto a desilusión, eu espero obtelo dalgunha maneira.
O Xoves adicámolo , loxicamente, á celebración dos Día das Letras Galegas. Rematamos portada e derradeira páxina do conto e logo falamos algo de Ramón Piñeiro. Estivemos vendo as fotos que había no Seminario que vos mencionei. Había outros escritores galegos moi importantes , así como a súa dona. Miramos a casa onde nacera así como en que parroquia e provincia estaba.

miércoles, mayo 13, 2009

Aviso

Remato agora de ler o comentario e pido perdón por non ter publicado antes esta nota pois , como xa comentei moreas de veces, esta é unha das funcións que cumpre o blog mantervos informad@s.

O día non lectivo é o Venres día 15.