Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, mayo 20, 2009

De onde saen os alimentos?

Antes de nada comezar contestando o comentario De Mary.
Son lóxicos os problemas cunha letra que non sempre soa igual. Sempre que o ler se equivoquen, facédelle ver que si a palabra comeza por r soa forte , si a letra leva antes ou despois unha consoante tamén soa forte e que si vai no medio de duas vogais é suave. Coa r doble non deberían ter tanto problema. Este consello non é un "remedio santo" que si sa fai xa len ben sempre é algo que hai que facer dun xeito continuado e pouco a pouco vanno acadando. A lectura diaria tamén favorece a correción deste e outros erros pois @ nen@ habituase a ver e ler esas palabras.
Falando nunha titoría cun par de nais tamén me decatei de algo que eu estaba facendo na clase, que vos non sabíades , e que lles afecta lectoescritura. Na clase cando imos ler facémolo na PDI , entón eles poden ver 7-8 frases que teñen un número diante. Eu vou adxudicando cada frase( a fulano a nº 1, a Zitano a 2 , etc. logo dígolles que cando saiban ler a frase completa que levanten a man e que a lean enteira, non silabeando. A maioría son capaces e un pequeno grupo custalle pero intenatno e buscamos que o fagan así. Deste xeito busco que fagan unha compresión da frase total e lean como falan(non a saltos), ademais de favorecer a lectura silenciosa que tamén é importante. Outra razón e de índole operativa. Cando un neno vai parando en cada sílaba , os demais cánsanse de esperar e comezan a falar, distraeno ou dinlle a palabra. Se esto sucede con un ou dous non pasa nada pero si sucede con 8-9 xa non rematamos de ler porque desaparece a atención que require a lectura. Comento esto porque estas duas nais lle estaban pedindo @s fill@s que leran palabra a palabra polo que había unha descoordenación clase-casa.
Con respecto o traballo da clase comezamos coas letras B e V, imos dalas xuntas pois o seu fonema é moi parecido. Con estas letras vanse equivocar á hora de escribir pero esto é normal. Pensade que estamos a falar de nen@s de E. Infantil. A regularidade e constancia á hora de escribir e ler iran correxindo estes erros. O trazo collérono bastante ben ( ata o de agora só o fixemos co B) e quizais só hai algún pequeno problemiña co tamaño do enlace.
O Xoves estivemos falando durante bastante tempo da orixe da alimentación.Esto xa o fixeramos antes pero voltamos a insistir mais e complementámolo cun mural onde había que clasificar os alimentos. Hai bastante confusión nalgúns nen@s pero estou seguro que agora xa saben mais cousiñas. Cando vaiades ó super non estaria mal que falarades con eles desto e lles comentarades a orixe dalgúns alimentos ( aceite, esparragos, setas, garavanzos, xudías, espinacas, cogomelos, cebolas , pepinos, ...).Rematamos esta xornada sobre a comida falando de como debemos alimentarnos. Miramos unha lámina que tiña unha roda de alimentos e como debiamos combinalos ne logo visitamos un restaurante virtual pois na ficha tiñan que escoller que menú querían. Podían escoller catro primeiros platos , catro segundos e postre.Logo debuxaban o que ían beber. Houbo bastantes boas combinacións , unicamente correximos o erro de tomar ovos á comida e flan de postre. O resto bastante ben. non sei si será tan doado darlles de comer logo na casa.
O venres démoslle un bo pulo ó libro de lectura ois fixemos duas xa páxinas pois íamos algo retrasados. Esta semana levan varias novas para ler , ainda que en ningunha hai palabras con b pois non chegamos a esa parte do libro(chegaremos a vindeira semana).


domingo, mayo 17, 2009

Por fin saimos na Sexta

Hoxe pola tarde chamoume Fernando pois ó mediodia sairamos na Sexta por fin. Sinto non haber avisado pero eu non o sabía. Para @s que non puidemos velo temos a posibilidade de facelo na web da sexta (picade aquí) ou ben no video incrustado na parte inferior,
Sairon tod@s moi ben , cousa que non sucede co mestre , pero fai moito tempo que teño claro que eu e a TV non facemos boas migas. Nótase tamén os nervios que un ten á hora de falar a un medio de comunicación. Espero que vos guste.