Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

viernes, mayo 29, 2009

Fomos ó Aquarium Finisterrae

Comezamo-la semana cunha preciosa saída. Íamos ir o "Aquarium Finisterrae" , ou sexa á Casa dos Peixes. Non tivemos moita sorte coaclimatoloxía pois chovíu toda a mañán. Esto supuxo que nos quedaramos sen poder ver os animais que están no exterior (focas). Por riba o Luns comezaban tamén as obras na sala Nautilus polo que non poderiamos tampouco visitala.
Á chegada atendíunos unha monitora que estivo connosco todo o tempoe que nos explicou moitisimas cousas interesantes. Primeira presentounos unha exposición de fografía animalna que puidemos ver imaxes maravillosas tanto pola calidade técnica , como polo que nelas se vía. Fomos parando só nas que tiñan relación co mar. Miramos un peixe vela, o tiburón-balea, o peixe limpador traaballando sobre peixe arco da vella, unha augamar, un buzo ó lado dunha balea e no fondo do mat, etc.... Logo pasamos á sala Humboldt onde, á entrada, había unha enorme cuncha que pensaron era de madeira ou ferro.Pero que resultou ser de verdade. Dentro da sala miramos peixes que poderían axudar a atopar solucións médicas a algunhas enfermidades. Había tamén algúns que eran velenosos.
Pasamos logo á sala mais grande do Acuario ( non sei o nome) onde nos foron ensinando diferentes cousas como o cranio dunha balea ou as súas "barbas" que lle serven para "coar" o que entra na boca. Tamén puidemos tocar e ver varias estrelas de mar. Miramos unhas medusas que cambiaban de color en función da luz que se acendía. Explicáronnos que os peixes non tiñan pelo senon escamas , que case todos tiñan sempre os ollos abertos pois non tiñan pálpebras, que non tiñan nariz pero que respiraban polas branquias.

Logo tivemos a sorte de coincidir coa limpeza dun dos acuarios ( onde había sardiñas) e puidemos ver como o facían. Aparecíu unha escada e un tubo azul. Logo baixaron dous mergulladores e mentres un aspiraba co tubo todo o lixo que había pola auga e o fondo , o outro ía limpando o vidro como facemos na casa. Rematamos vendo uns peixes que parecían serpes e que se chamaban morenas e outros ainda mais longos chamados congrios.
Cando chegamos ó cole , e logo de merendar fixeron un debuxo do que mais nos gustara ou chamara a atención e , como podedes ver na presentación, houboos moi bonitos. Predominan as augamares, estrelas e peixes.

O Xoves practicamos un chisquiño mais coas restas.Loxicamente custalles ,sobre todo a algúns/nhas. Cando traballamos con obsectos concretos fan as operacións sen problemas tendo mais cando se trata de facelo mentalmente. Aclararvos ( ainda que seguramente non fixera falla) que só facemos restas con números menores que 9.
Dentro das fichas do libro de plástica tiñamos que completar o debuxo dun elefante que só tiña a cabeza. O resultado non foi moi vistoso pero é que a verdade a ficha tampouco daba para mais. Logo tiñan que inventar animais a partires da mestura doutros dous ou tres (por ex.: cabeza de cabra en corpo de burro). Eu non esperaba moito deste traballo pero houbo bastante imaxinación como vedes nas fotos con eses
Esta rematando o curso e nos intentamos rematar o noso libro de lectura.Ainda que o fan moi ben (quizais poderían picar un pouco mellor as palabras a pegar pero tamén hai que entender que estan fartos de pecar). Esta semana voltamos a traballar os crucigramas ( gústanlles moito as sopas de letras e son bos facendeoas). Xa os fixeramos un vez e desta fixemos dous. Primeiro na PDI para refrescar a memoria e logo na ficha.
Non imos tocar tódalas letras pero pouca nos han quedar. Neste momento penso que, ó remate do curso, nos faltaran :g,c, j,k,q,y e z. Contestarlle a Mary ( e ós que teñan dúbidas) que non hai problema ; nestes momentos, en que lle amosedes letras que non coñecen. Se fora ó inicio de curso diríavos que esperasedes un pouco , pero nestes momentos non hai problema. Facedelle fincapé no son da letra e intentade escribirlle palabras con esa letra para que vexa o seu son sobre unha palabra e non en sílaba.
Sobre o tema do idioma eu non coincido con Mary. Primeiro NON se estuda todo o galego , o que setrata é de introducilo mais do que está. Coido que está claro que si neste momentonos preguntasen que lingúa corre perigo de desaparecer ,a resposta sería o galego. Esa é a lingua que está menos protexida e a que temos que intentar favorecer. Primeiro porque é a nosa e se nos non a defendemos non imos esperar que veñan de Murcia ou Caceres a defendela. Segundo que non se trata de elixir galego ou castelán senon de engadir un idioma ó outro. En Suiza @s nen@s críanse aprendendo mais dun idioma (meus curmáns falaban italiano, aleman e castelán) e nunca tiveron ningún problema. Os problemas veñen cando politizamos as decisións ou saen os prexuicios dos adultos. A un rapaz dalle o mesmo galego que castelán , pero senos o predispoñemos encontra dun deles , seguro que lle vai gustar menos. Eu penso que debería haber un idioma universal ( esperanto) pero mantendo e potenciando as linguas minoritarias. A variedade enriquece e a uniformidade empobrece. Se queredes que un nen@ non se sinta raro cando lea un palabra en galego , intentade lerlle mais a miudo en galego, falarlle algo mais en galego. En definitiva facede que o galego sexa mais habitual na súa vida. Hai moitas palabras en castelán que tamén nos son descoñecidas ou "raras" ( mirade Pasapalabra e decataredesvos) para que nos sexan coñecidas e ampliar o noso vocabulario a recomendación mais habitual é ler , ler moito . Eso é o que nos fai mais rico en vocabulario e o que fai mais cercanas as palabras.
Perdoade esta "conferencia" ou"mitín" non esta no mei ánimo convencer a naide , tan só expoñer algo que, ás veces, non vemos como por exemplo que o idioma en perigo en Galicia é o galego.
Rematamos xa os debuxos do conto de Carapuchiña. A vindeira semana colorearemos o na PDI este derradeiro que fixeron. Ademais xa comezamos a gravar o conto. Este ano decidín non molestar ás nais e que els gravaran os dialogos mais a narración. Me parecía que ertan capaces e así non dependía de naide mais. Polo de agora todo vai ben , espero que a mediados do mes que ven poidamos presenta-la "peli".Antes remata-lo comentario dicirvos que tedes na marxe dereita duas novas ligazóns : unha ás fotos da saída e outra a unha nova web: Aula PdB. Nesta podedes atopar multitude de recursos que foron feitos polo profesorado do PPdB , outros que son aplicacións de balde, tamén hai manuais , etc.. Hai unha parte que é de acceso público e outra que é de acceso restrinxido ( so o profesorado do PPdB). Se tedes tempo e vos apetece , navegade un pouco por ela.

martes, mayo 26, 2009

Contestación

Gracias Elena polo comentario pois agradezoos moito todos pero mais aqueles nos que me comentades as dúbidas ou problemas que se vos prantexan.
Alégrome moito que lles vaia mellor a lectura ós nenos. Loxicamente entendemos mellor calquer frase cando a lemos completa pois o significado das palabras pode variar dependendo das que o rodean. Cando eles/as len van intentando interiorizar o lido. Si é unha sílaba ,non ten significado pero si é unha palabra sí. Se por riba hai outras que confirman o significado , a comprensión mellora. O do idioma relacionase con esto e xa o comentei con algunha nai mais. Cando eles len tomate , interiorizan a palabra e saben que , efectivamente, hai algo que se chama así polo que se sinte seguros de que a lectura é correcta. Cando len unha palabra que descoñecen (por ex.: amósase) @ nen@ dúbida si a líu ben pois non a ten dentro do seu vocabulario habitual , polo tanto dúbida e intenta buscar outra que si lle poida resultar coñecida (por ex.: podería ler asómase). Para correxir esto hai que ter paciencia e facer o que facedes " que o galego sexa o mais habitual posible". ben lendo contos, ben vendo a tele , ben falándollelo a eles. O 90-95 % da clase é castelán falante pero dende que comezaron a escolarización o seu vocabulario galego aumentou e cada día teñen menos dúbidas á hora ler palabras menos habituais.
Pouco a pouco este problema será menor , sempre é cando o galego non sexa algo simbólico nas súas vidas.
Espero que as tuás dúbidas quedaran algo resoltas.
Con respecto a reportaxe da saída comentarvos que o teredes comentado o Venres pero si queredes ir vendo as fotos , quedavos aquí unha ligazón