Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

martes, junio 02, 2009

Coñecimos o TuxMath

Antes de nada só comentar sobre o que di Mary que eu sigo pensando que todo pasa por facer habitual o idoma e non que sexa algo puntual( se o ceñiramos a estudialo como idioma sería igual que o Inglés , unha lingua máis a estudiar). Está claro que si só se fala no colexio non serve para moito pero alomenos servirá para que os nen@s o coñezan mais. Se no colexio non se fala e na casa tampouco , cal sería o futuro do idioma?. As cousas que levan para casa van en galego porque como vos comentei a lectoescritura ía ser en galego e o as fichas tamén. Eu volvo a repetir que os prexuicios témolos os adultos pois os rapaces/zas non teñen ningún e dalles o mesmo un que outro.É tarefa nosa que queiran ás nosas linguas.
Paréceme estupendo que poidamos debatir sobre un tema , e sería fabuloso que foramos mais pero tamén sei que este é un tema que esta moi politizado e que os partidos políticos se apropian de él. As linguas, sexan as que sexan , son das persoas e non dos políticos que as usan, moi a miudo, para enfrentarnos.
Pola clase andivemos parte da semana traballando plástica. A lectoescritura absorbenos tanto que nos esquecemos doutras cousas como o libro de plástica. Falamos de dous pintores ( Cezanne e Botero) e lembramos o que era un bodegón ( o unico que lembraba o nome era Xiao). Por riba no Libro de Muna había que facer unha "especie de serpentina" que tiñan que decorar e recortar. Deu traballo pero o resultado foi bo.
Tamén fixemos unha ficha sobre un cadro de Botero. Non falamos da súa obra case nada , tan só fixemos a ficha. A vindeira semana veremos algo mais do seu traballo que complemente o feito estes días. A ficha quedou moi lucida pois puxemos, ademais dun abano, que eles/as fixeran e que lle daba relieve o debuxo , unha pulseira e un colar con brillantina.
Ariadna trouxonos fotos dun novo poldro que lles nacíu. Puidemos comprobar que os cabalos son mamíferos pois nunha das fotos puidemos ver como mamamba. Gracias polas fotos. Tamén aproveito para recordar que a semana pasada Ari trouxera unhas flores pouco vistas ( non eran rosas nin caraveis) eran estalotes ( hai quen seguramente lles chama doutra maneira). Chámanse así porque podémolas facer estourar apretandoas cos dedos.
O Xoves estivemos coñecendo un novo programa.Chámase Tuxmath Command. Serve para traballar cos números e coas operacións matemáticas. Nos usámolo para recoñecer os números ata 10 e tanén para sumas e restas ata 10. ë moi parecido a outro que xa usaramos , o Tuxtype, só que alí traballabamos as letras e palabras e aquí son as Matemáticas. Gustalles moito porque semella un videoxogo onde hai que "disparar" ó resultado correcto. Este xogo pódese descargar de balde en diferentes páxinas pero vou poñer no DVD que van levar a finais de curso. Logo o podedes instalar dende alí.
Rematamos o libro da B e V. Moi ben , en xeral, case tod@s co , loxico, problema de que non saben que oalabras van cunha ou outra letra ( á hora de escribilas). Cando teñen dúbida eles preguntanme a min , polo que ese traballo teredes que facelo vos na casa. Coa lectura diaria vanse acostumando eles/as a ver esas palabras e van memorizando como se escriben.
Cara o verán queda na marxe dereita unha ligazón para descargar un Libro de lectura en PDF. Titulase "Xardín máxico" e da Ed. Everest e foi editado hai moito tempo. As persoaxes que representan a cada letra están quitados dese libro , así como os contiños de presentación. Esto foi feito por Maribel ( a nai de Mateo) a quen lle agradezo moito a colaboración. Logo vos podedes imprimir ou ler con eles directamente no ordenador. Ten bastante peso (45 Mb.) polo que tardará un pouco en descargar. Para descarga-lo libro pica aquí