Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

miércoles, octubre 07, 2009

Grazas

Grazas , é  moi reconfortante voltar a atopar aos amig@s blogueir@s. Sentín unha grande ledicía ao ler os comentarios. Como dí Mary , a min tamén me trae moi  bos recordos este blog, é algo moi especial. Quixera manter esa complicidade cos que o compartimos e ir engadindo nov@s adept@s que nos enriquezan coas súas ideas ou comentarios.
Grazas

lunes, octubre 05, 2009

UN NOVO CURSO

Ainda que con moitos días de retraso comezamos un novo curso. As novidades son moitas para comezar apenas dou clase pois, nun momento de tolemia, decidin aceptar a Xefatura de Estudios deste macrocolexio que é o Ponte dos Brozos (22 unidaddes de E. Infantil , 38 de E. Primaria e1430  alumn@s) e só teño catro horas de docencia.Esto conleva que agora teña unha compañeira de viaxe, chamase Patricia e entre os dous imos tentar levar a cabo esta primeira etapa. A aula é de 4 anos , xa non é a da rá , agora é a  clase dos pallasos. Dende a experiencia que me dan os anos que levo dando clase dígovos que miña primeira impresión sobre eles/as é moi boa. Son moi agarimosos e , dentro da súa idade, escoitan bastante cando se lles fala.
A xente que seguiades o blog antes non fagades comparacións pois ascircunstancias no son as mesmas. Como presentación deixovos unhas fotos do grupo nun destes primeiros días. Non estan tod@s pero é unha primeira imaxe. Temos algunhas individuais pero ata que teñamos as de tod@s non volas ensinaremos.

Os comentarios irémolos facendo cando  poidamos e sen compromisos. Procuraremos mantervos informados do que facemos e do que falamos clase. A cambio esperamos a vosa colaboración con comentarios ou ideas