Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, octubre 12, 2009

Comezamos a usar a PDI


Antes de comezar co comentario mencionar algo que, quizais, xa vos decatastes. Na marxe dereita hai unha nova ligazón que vos leva aos Recursos dos Carrabouxos. Nese blog  puxen tódolos recursos que fixen nos derradeiros tempos. Hainos para imprimir e outros para ordenador. Con esto procuro ter localizados e unificados estes recursos e non depender de servidores con pouco espazo ou con acceso limitado por cuestións xeográficos. A meirande parte son elaborados por min ou nos que eu colaborei.
Esta semana deixovos algunhas fotos de como xa nos estamos familiarizando coa PDI. Comezamos usamos algúns programiñas sinxelos como un feito pola Editorial SM . É para 3 anos , ainda que tam´ñen o hai para 4 e 5. Estou intentando ver si son capaz de colgalo no blog dos recursos dos Carrabouxos. Xa vos manterei informad@s.
Os problemas que ata o de agora prantexa o contacto coa PDI son os esperados e habituais nos inicios: pouca presión , pouca precisión, problemas de arrastre de obsectos por non mante-la presión, sombra do propio usuario. Co uso iranse adaptando.

Deixovos unha foto que fixo Carolina ( a compañeira que sustituíu a Patricia) cando foi o "cumpre" de David.

Nas fotos podedes ver tamén como imos convertindo un circulo grande nunha cabeza.