Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, octubre 26, 2009

Chegou o Outono e comezamos a usar os ordenadores




Vistos os derradeiros comentarios , reitérome no dito hai uns días "Que agradable é rencontrarse cos amig@s".
Aproveito para comentarvos que duas amigas teñen un novo blog. Ana (a nosa ex-viciña de adosado" no  curso anterior deixou Bule-bule e agora escribe en O noso acuario. Alí podedes ver outra visión  de Infantil , a dos comezos en tres anos. Os inicios son moi duros tanto para @s nen@s como para @s mestres/as.
Tamén Bea deixou os seus comentarios en Ratos de escola e agora faino en Cousa de peques . Dende alí séguenos amosando multitude de recursos.
Ademais da PDI , comezamos a usar os ordenadores.Como somos uns privilexiad@s,   dispoñemos de tres que nos  fan bastante falla xa que todos  queren xogar ao mesmo tempo. Pero, ao igual que co resto das cousas, saben que teñen que esperar e compartilas. Van por parellas e , de momento, comezaron por un moi sinxelo que consiste en move-lo rato para explotar globos.  Serve para que vexan a relación entre os movementos da man e os do cursor. Como en todas as cousas hai quen se lle da moi ben e hai quen lle custa. Nos vindeiros días iremos practicando control dos movementos da man de xeito que leven o cursor a onde quern eles e non movelo sen control.