Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

sábado, enero 02, 2010

Psicomotricidade


Como sabedes os Luns temos Psicomotricidade , a eles/as gustalles moito porque fan diferentes actividades. Comezamos aprendendo a controlar o movemento, asó había que camiñar ao ritmo da pandeireta, ou camiñar e pararse á palmada. Cantamos cancións coñecidas como a de Pimpón é un boneco ou  Xan pequeno baila. Pero hai unha moi coñecida que cantamos moitas veces para voltar á clase: Un elefeante se balanceaba sobre la tela de una araña , como ....

Ainda que xa coñeciamos o nome das principais partes do corpo, agora sabemos mais e o seu nome en galego. Para axudar a memorizar algúns  nomes  xogamos cos diferentes artellos (Lugar onde se unen os ósos da perna cos do pé, os da man cos do brazo ou os dos dedos entre si) que temos polo corpo , miramos como dobraban.
Fixemos carreiras cos zancos, saltamos aros  e atravesamos algún que outro circuito de dificultade media.
Nas fotos podedes ver algúns dos mellores momentos (hai unhas poucas mais fotos neste album).

jueves, diciembre 31, 2009

Magosto e pasta de modelar


Con Jose Carlos modelamos unha sorpresiña que  moi relacionada co outono, en lugar de decirvos o que é,  deixamosvos unhas pistas que nos ensinou Pati para ver se sodes tan listos coma nós e o acertades:

  • Saen coa humidade nos bosques
  • As hai de moitas cores e tamaños
  • Algunhas ten nomes rarísimos
  • As hai que poden ser velenosas.

Sabedes xa o que son? Se aínda non o sabedes, mirade as fotos e veredes que cousas tan bonitas sabemos facer.

Todas as fotos picando aquí
E por último celebramos o Magosto, aínda que fixo moito moito vento, que case saímos voando coas castañas na nosa bolsa, logramos sentarnos no patio e comer as castañas, que boas estaban! Algúns as pelamos soiños, a outros custounos un pouquiño pero a profe ensinounos e axudounos para que puideramos comer algunhas pouquiñas máis. Cando rematou a festa quedamos no patio facendo carreiras y xogando ao Gato e o rato; e para rematar este día tan divertido, vimos uns debuxos da Panteira Rosa.
Como vedes, estamos moi afanados neste outono tolo con calor e chuvia.

Para ver as fotos , pica aquí

miércoles, diciembre 30, 2009

O OUTONO ESTANOS A DAR PARA MOITO


Ademais de coñecer os froitos secos e as árbores das que provén, estamos a facer moitas cousas. Comezamos cunha serie nova de bits, estamos a aprender as marabillas da natureza, e ten moitos nomes raros: O monte Kilimanjaro, os Picos de Europa, o Deserto de Sahara e os Fiordos Noruegos entre outros.



Un día xuntámonos coa clase dos Mosquitos e fixemos mosto con uvas moradas e branquiñas e unha licuadora que facía moito ruido.

lunes, diciembre 28, 2009

O Outono nos deixou...

Como vos comentamos nestes días de Nadal imos actualizar o blog e imos poñer varios post sobre as cousas mais saleintables que fixemos. Temos moitas fotos pero como non podemos poñelas todas deixarémosvos ligazóns a albums dende os que as poderedes descargar.