Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, julio 19, 2010

Rectificando

Probei os enderezos que puxera para os albúms de fotos e si me ían ben. O problema , quizais , viña de que eran enderezos e non ligazóns nas que se pica e xa estámos no albúm. Para que vos sexa máis cómodo , cambiei os enderezos por ligazóns directas , de tal xeito que si picades nas palabras , ides directamente ás fotos. De calquer xeito , si algún vai mal ou non funcionan , por favor , avisade.
Grazas
Visita do Gaiteiro
Representación do Frautista de Hamelín
Panadería
Facendo plástica con botes de iogur
Contacontos da Caracola
Visita do Hixienista dental
Os antifaces do Antroido
O Antroido
Visita dos Reis Magos
A Torta de Nadal
O Magosto
Traballando coa pasta de modelar
Asi se fai o mosto
Que arañas máis bonitas
Outono
Xogando nos ordenadores
Xogando na PDI
En Psicomotricidade
Varias

jueves, julio 15, 2010

Xa nacíu Claudia

Nesta foto podedes ver a nena tan fermosa que tivo Patricia.
Chámase Claudia  e agora  tócavos  ver  si se parece a nai ou non. Eu para eso , como para algunha outra cousa máis ,  son moi torpe e só vou dicir que moi linda.

domingo, julio 11, 2010

Albums de fotos

Con moito retraso, e con pouca vergoña, deixo as ligazóns a todas as fotos feitas durante o curso para que poidades descargar as que vos interesen. O tempo foi moi escaso durante o curso e segue a selo unha vez rematado pois o traballo na Xefatura de Estudios non rematou o día 22. Aproveito e tamén me despido de todos os pais/nais xa que por motivos de saúde non puiden facelo en persoa. Quérovos da-las grazas pola colaboración e que perdoedes que este ano o blog, por diferentes circunstancias, non funcionou como quixera.
Para saber a temática do album de fotos só tedes que ler a derradeira parte da ligazón , logo da barra invertida.
Grazas a todos/as e unha aperta moi forte
http://picasaweb.google.com/eibrozos/VisitaGaiteiro
http://picasaweb.google.com/eibrozos/RepresentacionOFlautistaDeHamelin
http://picasaweb.google.com/eibrozos/Panaderia
http://picasaweb.google.com/eibrozos/BotesYogurtPlastilina
http://picasaweb.google.com/eibrozos/ContacontosEACaracola
http://picasaweb.google.com/eibrozos/HixienistaDental
http://picasaweb.google.com/eibrozos/AntifacesEntroido
http://picasaweb.google.com/eibrozos/Antroido
http://picasaweb.google.com/eibrozos/VisitaDosReisMagos
http://picasaweb.google.com/eibrozos/ATartaDeNadal
http://picasaweb.google.com/eibrozos/DiaDoMagosto
http://picasaweb.google.com/eibrozos/FacendoSetas
http://picasaweb.google.com/eibrozos/FacemosMosto
http://picasaweb.google.com/eibrozos/FotosAranasNinos
http://picasaweb.google.com/eibrozos/Outono
http://picasaweb.google.com/eibrozos/Ordenadores
http://picasaweb.google.com/eibrozos/PDI
http://picasaweb.google.com/eibrozos/Psicomotricidade
http://picasaweb.google.com/eibrozos/Varios

domingo, marzo 07, 2010

Visitounos unha hixienista dental

Nestes días estivo polo colexio unha hixienista dental que visitou as aulas de Educaión Infantil.
Na charla contounos cal é o seu traballo e o dos dentistas.
Falounos do que temos na boca, das consecuencias de non lavarnos os dentes e as moas. Explicou tamén como hai que lavar ben os dentes, que non se fai lateralmente senon os de arriba cara abaixo e os de abaixo cara arriba. Para que entenderamos mellor a acción usou unha gran boca, así como un cepillo de xigante. Logo dixo que con esto non chegaba pois no medio dos dentes tamén podían quedar restos polo que debiamos de pasar o fío dental. Ensinounos como se facía e logo algúns nenos/as probaron. E para rematar o traballo ben feito hai que tomar flúor que axuda a manter os dentes fortes.
Para facernos mais levadeira actividade contou o conto " O neno que non limpaba os dentes" e rematou dicíndonos que alimmentos eran bos para manter unha boca sán e cales non.
Son bos:
A cebola, a verdura, a pera, o leite, a mazá e as froitas en xeral.
Son malos:
Chiuculate, caramelos, coca-cola, turrón e lambetadas en xeral
Deixamosvos o vídeo-presentación coas fotos que fixemos. Se as queredes descargar picade aqui.
Queda tamén un grupiño de fotos da celebración do cumpre de Noa Paules

martes, febrero 16, 2010

Antroido

Para que vos fagades unha idea do ben que o pasaron nestes días previos do Antroido deixovos este vídeo-presentación. Se queredes ver as fotos e baixar algunha  PICADE AQUI.

lunes, enero 04, 2010

Viñeron os reis


 Para os derradeiros días deixamos o mellor así o Luns 20 fixemos unha tarta especial. Todo@s colaboraron co seu traballo. A receita moi sinxela cóllese unha bolsa de manteigados (ou sobaos) e ímolos untando con crema de cacao. Logo bótanse por enriba  Lacasitos, fideos de colorines e gominolas. Como veredes non é apta para xente con problemas diabéticos. Pero asegúrovos que non quedou nada.
Picando aqui podedes ver todas as fotos

E , por suposto, viñeron os Reis Magos ( aos que lles estamos moi agradecidos por vir). Nos estabamos moi ledos pois íamos a darlle a carta e a contarlles o bos /boas que foramos durante todo o ano. Déronnos algunha lambetada e recolleron a carta. Aproveitamos para facer unha foto "familiar" con todos/as.
Picade aquí para ver o albúm de fotos dos Reis.

Aproveito para contarvos que quizais botedes de menos  algún comentario sobre a PDI pero é que voltamos a ter problemas co proxector ( como xa nos pasou en anteriores cursos). Contamos que á volta das vacacións o recuperemos pero mentres valémonos dos ordenadores de sobremesa.

Deixovos unha ligazón a unha web que ten moitos xogos e moi interesantes.(quedavos tamén na marxe dereita)
http://www.cincopatas.com/

sábado, enero 02, 2010

Psicomotricidade


Como sabedes os Luns temos Psicomotricidade , a eles/as gustalles moito porque fan diferentes actividades. Comezamos aprendendo a controlar o movemento, asó había que camiñar ao ritmo da pandeireta, ou camiñar e pararse á palmada. Cantamos cancións coñecidas como a de Pimpón é un boneco ou  Xan pequeno baila. Pero hai unha moi coñecida que cantamos moitas veces para voltar á clase: Un elefeante se balanceaba sobre la tela de una araña , como ....

Ainda que xa coñeciamos o nome das principais partes do corpo, agora sabemos mais e o seu nome en galego. Para axudar a memorizar algúns  nomes  xogamos cos diferentes artellos (Lugar onde se unen os ósos da perna cos do pé, os da man cos do brazo ou os dos dedos entre si) que temos polo corpo , miramos como dobraban.
Fixemos carreiras cos zancos, saltamos aros  e atravesamos algún que outro circuito de dificultade media.
Nas fotos podedes ver algúns dos mellores momentos (hai unhas poucas mais fotos neste album).