Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

domingo, marzo 07, 2010

Visitounos unha hixienista dental

Nestes días estivo polo colexio unha hixienista dental que visitou as aulas de Educaión Infantil.
Na charla contounos cal é o seu traballo e o dos dentistas.
Falounos do que temos na boca, das consecuencias de non lavarnos os dentes e as moas. Explicou tamén como hai que lavar ben os dentes, que non se fai lateralmente senon os de arriba cara abaixo e os de abaixo cara arriba. Para que entenderamos mellor a acción usou unha gran boca, así como un cepillo de xigante. Logo dixo que con esto non chegaba pois no medio dos dentes tamén podían quedar restos polo que debiamos de pasar o fío dental. Ensinounos como se facía e logo algúns nenos/as probaron. E para rematar o traballo ben feito hai que tomar flúor que axuda a manter os dentes fortes.
Para facernos mais levadeira actividade contou o conto " O neno que non limpaba os dentes" e rematou dicíndonos que alimmentos eran bos para manter unha boca sán e cales non.
Son bos:
A cebola, a verdura, a pera, o leite, a mazá e as froitas en xeral.
Son malos:
Chiuculate, caramelos, coca-cola, turrón e lambetadas en xeral
Deixamosvos o vídeo-presentación coas fotos que fixemos. Se as queredes descargar picade aqui.
Queda tamén un grupiño de fotos da celebración do cumpre de Noa Paules

4 comentarios:

Mary dijo...

¡Qué ben isto de que veña unha hixienista dental! paréceme estupendo. Non sobraba que tamén pasásen polos de 1º, para que se concienciasen tamén.

Todas estas cousiñas, está moi ben que llas ensinen así, pois véndoas así en tamaño "Familiar" se decatan mellor de cómo hai que facer. Un saúdiño

Ana dijo...

MERECEDES UN PREMIO POR TER UN BLOG CHULI. PASADE A RECOLLELO EN ACLASEDEANA.BLOGSPOT.COM.

UN BICAZO DENDE PONTEDEUME!

Elena dijo...

Ola! tedes un premio no noso blog. Pasade a recollelo en : http://elsitiodemirecreo-elena.blogspot.com

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.