Diario de experiencias dunha clase de Ed. Infantil do Ceip Ponte dos Brozos, en Arteixo - A Coruña.

TABOEIRO DE AVISOS

FELIZ 2010

lunes, enero 04, 2010

Viñeron os reis


 Para os derradeiros días deixamos o mellor así o Luns 20 fixemos unha tarta especial. Todo@s colaboraron co seu traballo. A receita moi sinxela cóllese unha bolsa de manteigados (ou sobaos) e ímolos untando con crema de cacao. Logo bótanse por enriba  Lacasitos, fideos de colorines e gominolas. Como veredes non é apta para xente con problemas diabéticos. Pero asegúrovos que non quedou nada.
Picando aqui podedes ver todas as fotos

E , por suposto, viñeron os Reis Magos ( aos que lles estamos moi agradecidos por vir). Nos estabamos moi ledos pois íamos a darlle a carta e a contarlles o bos /boas que foramos durante todo o ano. Déronnos algunha lambetada e recolleron a carta. Aproveitamos para facer unha foto "familiar" con todos/as.
Picade aquí para ver o albúm de fotos dos Reis.

Aproveito para contarvos que quizais botedes de menos  algún comentario sobre a PDI pero é que voltamos a ter problemas co proxector ( como xa nos pasou en anteriores cursos). Contamos que á volta das vacacións o recuperemos pero mentres valémonos dos ordenadores de sobremesa.

Deixovos unha ligazón a unha web que ten moitos xogos e moi interesantes.(quedavos tamén na marxe dereita)
http://www.cincopatas.com/