A/Os nen@s aprenden pouco das palabras;

só serven os teus actos e a súa coherencia con estas.

jueves, mayo 22, 2008

Comezamo-la semán cunha charla moi interesante pois aproveitando a obra de teatro "Rosa Caramelo" profundizamos un pouco mais no tema dos estereotipos sexuai. Para axudarnos entramos na web quest (picade na palabra se queredes saber en que consiste unha web quest) feita sobre este conto. A ligazón desta é Rosa Caramelo.

Estivemos falando das razóns de Margarita para toma-la decisión que tomou, que que lles parecía e das eleccións que farían eles/as se o foran. Que lles gustaría mais ser rosas ou de pel suave ou xogar e pasalo ben manchandose , ás veces?.
Cal creedes vos que foi a resposta maioritaria? , pois ser rosas e guapas as nenas e xogar e divertirse os nenos. Facendo mais preguntas víamos que si lles gustaría ser "libres", coma a elefanta Margarita, pero ser guapas e " perfectas" como querían seus pais, moito mais.
Logo estiveronme dicindo xoguetes e eu preguntaballes se eran dun ou outro sexo. As respostas foron que eran de tod@s ( agás algún neno). A razón de comentar esto no blog é con animo de que saibades que , ás veces, sen decatarnos estamos dirixindo sexualmente os nosos fillos e márcandolle determinados estereotipos : nenos-divertirse e nenas-beleza.
Dentro da ficha de pictogramas que fixemos , houbo unha novidade: non tiñan que recortar e pegalos se non que tiñan que completa-la frase con letras vocais( eran os artigos dos nomes) mais debuxar un pictograma. Con esto imos introducindo as letras na lectura das frases. O exercicio saíu bastante ben. Seguiremos a semán que ven coa historia iniciada.
Este ano a Editorial Santillana regalounos un Cd cun xogo de Pipo (Pipo ven a xogar). Estivemos navegando polo xogo , vendo as posibilidades que ten (de cara a que logo eles/as o usen libremente nos ordenadores). A miña opinión do xogo é boa pois traballa o vocabulario temático ( partes da casa, escola, praia, granxa e horta) introducindo a lectura e iniciando as matemáticas. Ten un nivel de cinco anos ( con cousas quizais de seis) pero van collendo pequenas cousas e familiarizandose con outras. O xogo motivaos cun pequeno dinosaurio que hai que alimentar con galletas que gañan coas probas ben feitas, para que medre.
Na PDI tamén estivemos mirando , outra vez, a enciclopedia "Animais Perigosos" que lles gusta moito pois escollen sobre que animal "exótico" queren ver pequenos videos.
Estivemos pintando con pintura con purpurina as flores de pasta de modelar que fixeramos. Algún/nha rompiulle algunha das flores pero con cola branca solucionámolo.
O Xoves estivemos facendo , na PDI, un xogo moi curioso. Tiñamos que facer a lista da compra. Eles/as ían dicindo cousas que podiamos mercar no super e eu ía ecribindoas. Logo eu escribía o nome dunha delas no encerado e tiñan que buscala na pizarra e movela ata a lista da compra. Despois observando a letra inicial inteban deducir que producto era o que mercaramos. Con este xogo practicabamos o recoñecemento e dis criminación visual , ademais de facer "prelectura de palabras.Esta semán rematamos o tema dos animais e a que ven comezaremos o derradeiro " As vacacións e o veran". Estamos chegando o final de curso ( como pasa o tempo , pois pareceme que fai pouco mue comecei con eles/as e xa só nos queda un curso xuntos) e hai que ir pechando páxinas.

domingo, mayo 18, 2008

Esta semán tivemos unha nova saida extraescolar ( probablemente a derradeira do curso). Fomos ata o o Centro Civico para ver a representación da obra "Rosa Caramelo" que fixeran diferentes nenos do nosos colexio, entre os que estaba " o noso Xiao". A saida comezou mal pois dez minutos antes de facela eneterámonos de que non había autobuses para o desprazamento. Dada a distancia e a climatoloxía a millor e mais lóxica opción era non ir a pesares da ilusión que había por facelo. Despois de moito falar decidiuse que cada titor/a fixera o que lle parecera conveniente. A nosa clase foi pois tiñamos un compañeiro que actuaba , pero ese foi o único motivo pois eu realmente penso que non deberiamos. Aclarado todo este embrollo paso a contarvos a parte didáctica e lúdica da saida.
Todo saíu perfecto , o comportamento foi fabulosos e non houbo ningún problema ( agás que á ida tivemos que apurar un chisco o paso pois comezaba a chover). No teatro, escoitaron e viron a obra con moito interés , buscando a Xiao por todas partes. Como queira que "os actores" ían disfrazados de elefantes , houbo quen non o recoñecíu. A representación estivo moi ben e foi moi simpática. Quixera aproveitar para felicitar a todalas persoas que interviñeron na organización , comezando pol@s nen@s e rematando pola APA. Felicitacións.
Cando Xiao chegou ó cole démoslle un aplauso moi grande e tamén recibíu algunha aperta dalgunha compañeira mais agarimosa.
Fixemos un debuxo da obra de teatro. A maioría fixeron un elefante , ainda que houbo quen se esforzou mais.Se queredes saber de que ía o conto podedes leelo picando aquí.
Se preferides ver unha presentación con imaxes do conto e audio picade neste outro ligazón e logo na palabra cuento.
Ademais da saida tamén celebramos o Dia das Letras Galegas. A nosa celebración consistiu en saber algo mais do escritor a quen se adica "Xose María Alvarez Blazuqez", escoitar algunha poesía sua e logo rematar o noso conto do Tulipán (este conto xa o fixen con outro grupo de nenos , pero en versión multimedia , se queredes velo, picade na ligazón da marxe esquerda Contos Multimedia e logo no do Conto do Tulipán).
"Profundizamos" algo mais nos peixes esta semán , ainda que non todo o que quixeramos polo que seguiremos a vindeira semán.
Comentar que estamos facendo unha flores con pasta de modelar , para logo usalas na portada do libro de fichas deste 3º trimestre.Seguimos a traballar os nomes de cada un na PDI, con moi bo resultado. Por suposto tamén o están poñendo , ce cando en vez, nalgunha ficha.
Contiunuamos gravando os audios do conto de Xan o Porquiño, imos bastante lentos pero é que o estamos facendo nos recreos e só é posible 2-3 días á semán. Quedan 8-9 nen@s por rematar.
Sobre o Concurso de Edublogs dárvolas gracias a tod@s polo apoio pero este ano non puido ser. Temos unha premiada no noso colexio e na nosa categoría , a compañeira Aurora (profesora de Inglés). Noraboa a todol@s premiad@s pero que se preparen que ...para o ano que ven que imos gañar.
Alédome moito que os recursos que puxen lle poidan servir a alguén. Espero nos vindeiros días poñer algún mais.
Remato cun grupo de fotos da obra de teatro , pois as da "Excursión" teñoas no "cole". A calidade non é moi boa pola falta de luz, pero é o que hai.

martes, mayo 13, 2008

Este post no medio da semán só é para comentarvos que fixen algúns cambios na marxe esquerda do blog. Desaparece o atallo da miña web e convertese nun a recursos que gardo alí. Ademais, mais abaixo, aparecen ligazóns mais especificas a eses recursos.
A razón de facer esto é intentar aproveitar millor o espazo web que tiño , facelo mais útil e actualizable. Antes para facer calquer modificación da web tiña que andar abrindoa co programa Frontpage , agora non , pois só teño que gardar os arquivos no cartafol correspondente. A desventaxa é que é menos lúcida visualmente , pero compensa a millora operativa cara ó resto do profesorado a quen lle poida server os materias que vaiamos usando. Teño en mente ir engadindo mais materiais pouco a pouco.

jueves, mayo 08, 2008

Semán moi tranquila , en xeral, e con poucas salientables. Estámonos a volver uns especialistas en animais , sobre todo en mamíferos e aves. Aproveitando os bits ou as fichas do libro estivemos durante os cinco días recordando as características de eles e coñecendo moitos exemplos. Si queredes facer unha proba de ver cales recordan, picade na palabra e iredes ó album de fotos de animais que viron.
mamíferos
aves
peixes

Ata o de agora levamos visto estes pero, por si queredes ver outros tamén, aqui quedan:

reptiles
marinos ( que non son peixes)
insectos
anfibios
dinosaurios
verduras
Froitas
Flores

Por suposto houbo vida fora dos animais e fixemos a nosa "ración" de Pictogramas , vogais ( letra o) e números.
Gustariame que cada vez usaran mais o teclado , por este motivo , volveron a traballar co seu nome e, pero tamén cos dos diferentes animais. Pensaredes que co nome é normal pois cada un facía o seu e non había problema , pero ¿como facer cos dos animais?, a resposta é que "só" tiñan que copialo. Escribin a palabra só entre comiñas porque coido que xa é dabondo copiar unha palabra, buscando cada letra por todo o teclado, procurando non comerse ningunha ou non poñela duas veces. Cada vez teñen mais soltura e , ademais, estan comezando a usar a tecla das maiusculas sabendo cal é. Aclararvos que o teclado que usaron foi o da PDi , ainda que tivemos algúns problemas con él e , por veces , tamén usaron o do portatil.
Seguimos andando escasos de tempo ( é triste que con catro anos xa teñamos agobios de tempo , pero queremos facer tantas cousas) pois toda-las charlas que temos sobre os animais comennos bastante pero parecenme moi importantes. Intentaremos andar mais lixeiros pero é dificil pois as cousas levan o seu tempo e intentamos que ninguén quede atras.
Comentáronme o outro día que había xente que pensaba que lle deran un premio ó blog , pois , de momento, non. O debuxo que esta ó lado só indica que participamos no Concurso de Edublogs 2008 ( na categoría de blogs de profesores , ainda que min me parece un blog de aula). Polo de agora somos un dos finalistas, o cal xa é bastante. Ademais do noso tamén estan hai outros de compañeir@s do colexio ( en Infantil ou Primaria e notros categorías) , como por exemplo o de globolandia ( ver ligazón na marxe esquerda) . Levemos premio ou non , o que si é importante é que prenda a mecha dos blogs educativos como ferramentas de comunicación profesores-pais-alumn@s. Mantereivos informado.

Deixovos esta imaxen do "noso xardín ", como vedes non o facemos moi mal , tan só as mimosas es cabazas se nos resisten.

jueves, mayo 01, 2008


Non hai moito que contarvos pois só foron tres días. O luns , ademais de facer a páxina correspondente ó libro dos pictogramas, adícamolo a rematar , ou polo menos darlle un "empurrón" forte ó regalo do día da nai. Ainda que este era para o Domingo , eu xa me imaxinaba que volo ían dar onte , Mércores, pois é normal. Estaban moi contento e orgullos@s co seu regalo e desexando darvolo. Como dí a nai de Carmen , penso que, como comentei, é moi bonito, orixinal e vai con tódalas roupas e "xoias". Deulles basatante "chollo" encher o tubiño de bolas pois tiñan que ser moi pequechiñas. A carteiriña xa viña con método e non tiña moito valor, agás que eles/as escribiran a palabran mamá. Se ben a palabra non era complicada , coido que , en xeral, estaba bastante lexible.
Seguimos falndo de animais, estes días facendo fincapé nos mamíferos. Onte Victor trouxonos alg´çuns libros para mirara pero non nos deu tempo a miralos. A vindeira semán farémolo. Estamos coñecendo moitos animais , algúns moi raros coma o ornitorinco ( quizais vos falaron de él) que ten un aspecto moi especial pois ten pico e patas de pato , pero ten pelo polo corpo ( non lles comentei outras particularidades que ten por non lialos, pois é un mamífero diferente). Falamos tamén da alimentación dos animais e sabemos que os hai que comen carne, outros herba e outros cenorias, queixo ou amendoas. Aquí houbo algunhas sorpresas pois algún/nha dáballe de comer herba ó can( ainda que poda parecer incrible), queixo ós esquíos ou non sabía que comían as ovellas. Comentamos os nomes especiais dalgunhas crias como a do lobo, oso , xabarín ou ovella.
Dentro da "parte" menos orixinal traballamos coa letra o , facendoa con platilina para interioriza-lo trazo. Antes , por suposto, fixemos diferentes xogos de discriminación visual e auditiva. Bastante ben no inicio de palabra e conmmais problemas polo medio

miércoles, abril 23, 2008

Que gran éxito foi a visita á panadería , batemos o record de comentarios para un post ( sete). Estou de acordo que foi unha experiencia moi boa e moi didáctica , se ademais servíu para "abrirlle o apetito" a algun todavía millor. Dende logo eu nunca vin xantar con tantas gañas a Aarón, parecía outro. Non pasou o mesmo con Sandra , pois a pesares da visita e de tódalas cousas que nos puxeron , non tiña moita fame. A vista a ver como fan o caldo ou algo parecido penso que non vai ser posible pois eu non coñezo nada "parecido" pero se houbese algo así deberiamos de ir. As saidas, en xeral, sempre son moi motivantes para eles/as e aprenden moitas cousas ( quizais , ás veces, mais que na escola) pero , normalmente, son un chisco "arriscadas" pois , como ben sabedes, atender un neno/a é complexo pero 23 moito mais . Hai perigos ou problemas onde menos o pensas. Eu ata o de agora non teño ningunha experiencia negativa pero coido que é cuestión de sorte.

Do resto dos comentarios dicirlle a Maria ( a nai de Carmen) que, por favor, non se moleste mais polo nome da flor , tan só éra curiosidade e porque nese moento anabamos a falar das flores, nada mais. Se lle coincide sabelo ben , se non nonpasa nada.
Eu tamén coido que non foi un simulacro pero @s profes non vimos a ninguén nos botóns de emerxencia e , ante a dúbida, saimos. Pero asegurovos que foi unha faena pois o día era moi degradable e non nos paramos nin a coller os abrigos. Esperemos non volte a pasar.
Como xa puxen no comentario anterior moitas gracias a tod@s por acordarse do meu cumpreanos.
Poñendonos xa á "faena" dicir que Ariadana contounos que o Domingo fora a Lugo onde se celebraba a Feira de Abril e que foi vestida de sevillana , que seu pai toreou un vaquiña ( ou algo parecido) e que o pasou moi ben. O Luns viu nacer unha potriña chamada Celtia , que a súa mama se chamaba Jarana e que lle gustara moito.
O Mércores celebrábase o Dia do Libro e nos quixemos colaborar por partida dobre. Entre o Martes e o Mércores fixémos un contiño moi sinxelo sobre un coello. Repetimos o texto con xestos ( buscando axudalos a memorizalo) e logo coloreamolo. Ademais, como somo moi "modernos" o Xoves fixemos a nosa edición multimedia. Gravaron o texto coa súa voz ( a algúns/nhas custoulles bastante pola vergonza) ainda que non había moito silencio. Despois de moito esforzo ( por non moverse ou por calar) conseguímolo e aquí debaixo o tedes ( o texto non coincide exactamente coa voz gravada)



Rematamos o Libro número sete de Xico no que falabamos das plantas e da Primavera e comezamo-lo novo dos animais. Este é un tema dos mais bonitos de traballar pois , xeralmente, a acaseque tod@s lles gustan moito. Un dos obsectivos é que, ademais de saber que hai animais salvaxes e domésticos, tamén comecen a saber que hai mamíferos , aves, peixes, reptiles e anfibios: Recordaremos varias veces as caracteristicas e iremos vendo que animais as teñen e cales non. Se tedes algún libro de animais que non sexa moi complexo nin amplo podeno traer e comentámolo. Tamén fotos recortadas de revistas.
Xa case está rematado o conto de Xan o Porquiño na súa parte de artesán ( faltaría logo a montaxe "dixital") , pois só falla gravar as voces deles/as. Como comentei íamos facelo está semán , o Xoves, pero como fixemos o do coelliño , pareceume moito para gravar (pois lles exixe moito tempo estar quietos e calados). Farémolo a semán que ven. O que si fixemos foi a portada onde eles/as copiaron as letras do título. Cos dibuxos, postos tos xuntos nunha folla e secuencuenciados temporalmente, imos participar nunha revista anual que fai o Departamento de Normalización Lingüistica.
Comentar tamén que xa coñecemos unha nova amiga. Chámase Otilia e é unha eiruga. Ela presentounos a letra , coa que imos xogar nos vindeiros días.O Venres estivemos preparando o ragalo para o día da nai.Non vos conto nada , pois se supón que é unha sorpresa. Pola fotos podede adiviñar algo pero cando o vexades , veredes que orixinal e bonito é. Estalles dando bastante traballo pero imos facelo en varios días.




Estou prantexándome falar con Zapatero para ver se me pode poñer un Ministerio para min , pois un maletín coma este exixe cargo de ministro como mínimo. ( deixo a foto por si alguén non o puido ver)

martes, abril 15, 2008


Comezámo-la semán con moita marcha pois tiñamos programada unha saida extraescolar, iamos visitar unha panadería ( e non unha papadería como puxen na autorización). Nas outras vistas que fora eu , iamos a outra panadería. Alí o trato sempre foi exquisito , nos explicaron como se facía e , por suposto, nos deixaron amasar e cocer. Esta era a primeira vez que imos a APTC e o trato foi igual de bo, todo cunha grande amabilidade pero a duración é mais extensa.




Comezamos con mal pe pois dixeron que nos virían buscar ás dez e media e chegaron ás 11 e 10. Esto foi o único negativo porque logo chegamos e o primeiro foi poñernos un gorro no pelo e un mandil. Amosáronnos como se facían as empanadas antes ( e como se fan agora , nas casas). Eles/as moi atent@s escoitaban, logo pasamos xa a " manipular" a masa, estabamos en faena. Botámolo recheo , puxémoslle a tapa por riba, adonámola e ... o forno. Mentres leváronnos a ver como se fan agora as empanadas ( é dicir , de xeito "industrial"), así miramos unhas grandes máquinas. A primeira facía un montón de masa , logo outra cortabaa e pesabaa, de alí ía a unha que a "aplastaba" facendo as tapas superior e inferior.Viña despois unha fase manual na que un grupo de traballadoras , recheabanas e "adornábanas, pasando por outra maquiniña que cun spray " as barnizaba" con ovo e leite. De alí a uns grandes almacens. Logo ensináronnos como se facían os mini pasteis, déronnos a proba do feito e deixaronnos axudar a facer algún.
O remate foi o millor pois nos fixeron unha festa onde tiñamos difrenetes tipos de empanadas, mini bocatas e mini pasteis. Para beber zume, auga ou refresco.
Por si esto non fora pouco , regalaronnos unha bolsiña na que levabamos a nosa empanada , un boliño de pan, unha camiseta e unha libretiña, Fabuloso. Quero agradaecer todalas atencións que nos dispensaron dende que chegamos ata que nos fomos. GRACIAS.
Como unha imaxe vale mais que mil palabras , deixovos unha presentación coa meirande parte das fotos, espero que vos guste.
O Martes repasamos os conceptos mais que e menos que en base a debuxar. Custoulles bastante pois é algo que , dada a súa idade, ainda non comprenden ben.
Non era normal que a nesta época do ano ainda non prantaramos nada. Por eso o Mércores puxemonos a faena. O traballo non foi tan completo coma o do ano pasado pero algo si fixemos. Sementamos "rabanitos", tomates , pipas de xirasol e cabaza, mimosas e un bulbo de gladiolo. Tod@s colaboraron dalgunha maneira ( ben sementando, ben tapando ou regando). Decatamos que había "sememntes" de diferentes tamaños e colores. Ó remate contamos un conto moi simpático que se títula "Ainda nada" e que falaba do tempo que tarda en nacer unha pranta dende que se sementa (preguntadelle polo conto , por ver se o recordan).
No conto de Xan porquiño caseque o rematamos de colorear, ademais aprenderon algo novo do programa para colorear que é o uso da lupa. Cando algo é demasiado pequeno , dándolle o botón lupa pódeno facer mais grande para facilita-lo traballo.
O Xoves a "profe" Lidia trouxonos un botiño con tres "bichos" , eran tres salamántigas pequenas que collera. Preguntei si sabían o que eran e a maioría comentaron que lagartos ou lagartixas, entón comenteilles que eran sala.. e houbo vari@s que dixeron o nome, tamén preguntaron se eran perigosas.
Outra anecdota que nos acontecíu ese dia ( e que quizais contaron na casa) foi que sobre a unha e media soou por cinco veces a serea de emerxencia. Con ela se nos avisa de que hai que facer unha saida ordeada e rápida do "cole" pois hai algún tipo de perigo. Esto xa ten pasado , pero só se escoita unha vez e acostuma a ser algún neno que toca no interruptor. Hoxe como eran cinco e non se vía a ninguén polos pasillos , baixamos moi axiña para o patio e alí formamos ata comprobar que se podía subir. Servíunos de simulacro de evacuación. Coméntovolo por si algún vos contou algo e non soubo explicarse ben.
No lado esquerdo tedes unha escolma das fotos da visita á panadería. Son coas que esta feita a presentación do video de arriba , pero así se tedes interés nlagunha podedes vela millor ou descargala