
Non hai grandes novidades pero poderíamos salientar que rematamo-lo mural do Outono. Ademais das follas que trouxeron tamén ten unhas landras que fixemos na clase e que quedaron moi bonitas. Puxemos os caracoles que realizaron en actividades alternativas á Relixión ( ainda faltan outros dous). O mural é moi sinxelo pero a min pareceume bonito pois ademais cad folla que poñían comentabamos algo dela ( sobre a que se parecía). Se queredes mandar mais follas xa vedes que ainda caben pero , por favor, mandadeas que non esten moi enrugadas pois é moi difícil pegalas.

Seguindo co Outono traballaron nunca ficha de plástica na que primeiro pintaron o tronco da árbore con rotulador e logo fixéronlle as folliñas coas pegadas dun dedo.Usaron ata sete cores

Pedirvos que tamén un par de cousiñas ( ainda que as recordarei cunha nota un día destos). Por favor poñedelle cinta ós abrigos que traen @s nen@s ó cole pois como vedes na foto pasan

Tamén, por favor, como vos comentei na reunión de inicio de curso mandade as merendas só nas bolsas de tea. Xa sei que hai bolsiñas preciosas pero logoi na percha temos pouco sitio e estorban. Se un día , como excepción, e polo motivo que sexa non teñen a bolsa de tea poden traer outra, pero habitualmente só a de tea. Todo esto beneficio a organización e o funcionamiento da aula e non é un capricho meu. Se eles/as vos poñen pegas dicídeslle que o mandei eu e que non quero as outras bolsas.
Gracias