
Andamos con moito traballo no corpo. Son días nos que @s nen@s estan moi motivad@s para facer cousas relacionadas co Nadal (adorna-la clase e os pasiños, tarxeta, carta de Reis, fichas de plástica , ...) pero , ademais tamém temos que face-.las fichas do libro. Pero , a verdade, é que están cumprindo tod@s e fan o traballo , en mais ou menos tempo, pero o van facendo.

Por si fora pouco todo o dito anteriormente, o Luns fixemos algo que levabamos tentando facer fai algún tempo , sementar algo para ve-loo proceso dende a semente ata unha pranta ou unha árbore. Así xuntámonos as clases de Lidia, Maite e nos no pasiño. Alí con moita paciencia por parte de tod@s (pero sobre todo dos nen@s) fomos botando terra nos semilleiros, e logo caseque tod@s , ou tod@s (alomenos @s da miña clase)

O Martes tamén houbo traballo cooperativo pois logo do recreo e coa axuda de Tatiana puxemo-lo noso gran de area na construcción dun belén mais grande co da clase. Cada nen@ ía estampando unha estrela no fondo

Na clase fixemos unha ficha moi doada pois había que distinguir as cousas relacionadas coa Nadal e non houbo problema. Logo era unha ficha de plástica ( pensaba face-la foto do grupo de fichas no corcho e me esquecin) na que tiñan que pinta-la árbore de Nadal , que era moi grande, par logo pegarlle gomets de diferentes cores , coma se foran bolas. Quedou poi linda.
E hoxe traballamos na de plástica do libro. Había un debuxo dos Reis Magos

Póñovos ó final o belen e a árbore que temos na clase para que vexades que chulos

