A continuación tiñan que colorea-lo rato da cor que lles gustara e picarlle a camiseta para vestilo. O resultado final foi bastante vistoso , a pesares de que se lles notou algo as vacacións.
O Martes estivemos traballando cunha cor que non vos vou dicir cal é , pero que podedes adiviñar mirando a Xiao na foto. Por si alguén cría que non existían os Pitufos, pois si existen , e témolos connosco.
Fora bromas , a verdade é que recoñeceréronna bastante ben e logo colorearon un golfiño moi ben, ata aqueles que , ás veces, non lle saía tan ben.Despois de merendar fixemos a presentación dun novo xogo para ordenador "Pipo Primeiros Pasos".É bastante completo e xa esixe , moi a miudo, picar co rato. Esto supón bastantes problemas dao o tamaño das mans e o tamaño dos ratos do cole (estamos pendentes que a Fundación Amancio Ortega nos facilite tres ratos mais axeitados). Non rematamos pero o que viron gustoulles (eles non tocaban , hoxe, só vían as posibilidades que tiña o xogo)
Logo do recreo estivemos facendo algunhas probas de gravación no ordenador pois teño pensado que fagamos un conto (probablemente "Os tres porquiños") onde @s nen@s poñan as voces e eu a narración. O ideal sería que tamén aportaran os debuxos pero tampouco imos pedir milagres. Esto sería para ir gravando pouco a pouco polo que ainda tardariamos bastante.(Precisase silencio para gravar, teñen que ser grupos de tres ou catro, haberá que facer varios intentos, ...).
Hoxe tocou repaso de recoñecemento e trazo do circulo. Tratábase de que recordaran iniciar o circulo no punto, ir na direccionalidade correcta e pechalo outra vez no punto. Para esto aprendemos un "pareado" que dicía ; (en castelan)
Repasamos no encerado e fixemos ficha duas do libro onde había que facer un circulo grande sen sairse dun camiño (tod@s ben) e logo pola parte posterior trazar catro circulos polo punteado (aquí costou bastante e houbo que borrar pero tendo en conta que o fixeron con lapis- fai un trazo moi delgaduchiño e preciso- non estivo mal. Logo do recreo rematamos de ve-lo xogo de Pipo e xogaron cos xogos de construcción.

Quero aproveita-lo blog para comentares que aqueles/as que non trouxeron o vaso e gorro que teñen que tarelo