Sobre o comentario de Isabel (a compañeira de Vilagarcía) direi que a miña opinión ó respecto é moi clara: Coido que funcionamos como gardería. Non importa si é ou non pedagóxico o periodo de adaptación, só importa que nos poidamos "gardar" @s nen@s o maior número de horas posibles e o antes posible. Alguén que pense un pouco e non teña intereses que imaxine un nen@ con dous anos e nove meses (eu tiña oito cando comezou o curso). Leva todo o tempo pegado´a súa familia, de súpeto ten que irse a un sitio que non coñece, queda cun extran@ e rodeado de mais extran@s pequen@s. Está alí duas horas , á semán ou dez días queda catro horas e á semán xa queda cinco horas. Supoño que pensará que calquer día queda alí. Polo outro lado esta @ mestre/a , que pode ter ata 25 nen@s , no primeir o día entran seis duas horas, chora un ou dous, no segundo xa son doce e chora dous ou tres, logo no terceiro xa son 18 e si consiguiches calmar os doce primeiros , en canto ven chorar @s nov@s tamén choran. Total qué imposible calmar a ninguén , non tes mans para agarrar a tod@s, tes que pechar con chave a porta para que ninguén se escape nun despiste ( mentres algún esta vendo que ti pechas con chave e pensando que vai pasar aquí). Pois todo esto imaxinádeo e multiplicadeo por dous ou tres. ¿esto é buscar o millor para os cativos ou o millor para os adultos?.
Eu fun fai tempo a un cursiño de tres días de adaptación e nel falabase de que @s nen@s visitaran a escola antes de entrar nela, que estiveran un tempiño antes de matricularse, que logo fora unha adaptación paulatina, con criterios pedagóxicos, e non laborales. Grupos pequenos, durante dous tres días, logo ir ampliandoos pero lentamente. Despois de de tres semáns aumentar a tres horas e logo dun mes a catro horas. Quedando só catro horas ata Xaneiro.
Entendendo , por suposto, que o horario de permanencia do profesorado sería o mesmo que o do resto de Primaria. Ese horario sen nen@s permitiría ter mais contacto cos pais , mais flexibilidade para adaptación e unha millor preparación das clases.