Ademais da plástica hoxe tivemos unha "minimerendiña" pois no libro había que traballar os sabores doce e salgado. Para eso eu leveilles patacas fritidas, que xunto con lambetadas que quedaran de algún cumpreanos , permitíronnos probar os douas sabores. Varios tiñas claro cal era cal, pero outros diferencian os sabores pero non saben asignarlle o nome correspondente pois logo na ficha había unha tarta, unha madalena, un prato de patacas fritidas e un de xamón. Eles/as dicían que sabor tiñan.
Onte traballamos tamén o trazo do número tres e contar ata tres. Esto que parece unha cousa sinxela ,non o é tanto para algúns/nhas. De cando en vez pedídelle que vos collan cantidades de cousas por exemplo: douas culleriñas, tres botóns, un lapis, tres pezas de construcción, tres calcetíns, etc , de tal xeito que teñan que contar a cantidade e non coller por bulto ( non é o mesmo colle esas culleriñas que colle tres culleriñas , cando hai seis). En principio só ata tres , se vedes que o fan moi ben podedes ir aumentando ata cinco.
Hoxe á hora da saida esquecín darvos un papel do cole que falaba da plaga dos piollos. Parece ser que voltan outra vez , nos xa os tivemos por duas veces na clase (recoñecido por duas nais) pero agora volta a habelos. Non pensedes que sempre é por falta de hixiene nin abandono , hai condicións ambientais que favorecen a aparioción como é a humidadde e o calor. Por favor revisadelles a cabeza. Hoxe a nai de Celis comentábame que a ela dalle moi bo resultado que a nena leve o pelo recollido pois cando o leva solto sáltalle. Podedes probar (as nenas pois os nenos da clase teñen todos o pelo bastante curto).
Vou intentar poñer tódalas cancións que gravamos ultimamente, esperoq ue vaian ben pois esto das cancións ainda non o controlo ben. Vos escollede no reproductor cal queredes oir e logo dádelle play