Para deixar un bo sabor de boca, para festexar a chegada das "merecidas" vacacións, e como premio polo moito traballado fixemos unha festa . Como calquer festa que se precie , houbo bebida (que non botellón , non pensedes mal ;)) e comida. O que mais triunfou foron os Lacasitos, as gominolas e as patacas. Ainda así, pasoume coma sempre pois me sobrou comida (ademais dunhas bolsas de cumpreanos que foran sobrando durante o curso e que xuntara unha para cada un, esto pasoume por falta de memoria e porque o derradeiro día é volverse tolos). Fixemos "palomitas" e viron con que se facían (sempre hai un bo momento para aprender), algúns beberon limonada casera e sobre todo bailaron. Quedei abraiado con algúns nen@s, pois se lles vía disfrutar moito. O baile de Victor con Ariadna está simpatiquisimo , ou ver bailar a unha nena tan tímida com Carmen, e por suposto ver cantar e bailar a Susana , Ariadana e Celia a canción de P. Rubio "Ni una sola palabra" estaban de cine. (o video que fixen coas fotos leva esta canción de fondo adicado a varias nenas que ma cantaron durante o curso). Logo do recreo , ainda volveron a comer e bailar algo pero xa comexou a preparación da saída que é algo moi dificil de explicar , pero que fai que eu (e as miñas compàñeiras) andivesemos moi tensos. Había que mete-las carpetas , con tódolos traballos nas bolsas ou mochilas, ademais tiñamos que garda-los vasos e as gorras. Esto, que xa de por así era dabondo, aumentouse cunha carpetiña que mandou a Xunta de fomento da lectura. A carpetiña esta ben , pero non era o día mais axeitado para levala. Na saida non se sabía se eran @s nen@s os que levaban as bolsas ou as bolsas as que levaban @s nen@s. Nalgunha clase , optaron por deixar entrar os pais/nais á clase e non tiveron problemas , está claro que para o ano que ven teremos que facer así.
Na reunión de fin de curso din algunhas recomendacións para o verán, se alguén quere que as poña por escrito por non acordarse , que poña un comentario e escribireinas.
Para rematar deixovos na marxe esquerda ligazóns ás fotos da festa. Aquí tamén vai un video coas fotos (se o queredes ver millor hai outra ligazón a ese video).
Remato cun recordo para Andrea e Sara que por circunstancias da vida , vanse para outro cole, así como para Jorge , quen espero que poidamos voltar a ver no vindeiro curso.
O blog non vai funcionar ata os comezos de Setembro pero como tedes o meu enederezo electrónico , calquer dúbida ou axuda que precisedes , contademe comigo
FELICES VACACIÓNS