jueves, septiembre 06, 2007
Por suposto, podedes traelos sin ningún problema pero, o que temos ese día, é unha reunión informativa.
E tamén comentar que esto se fixo o curso pasado (e se leva facendo dende polo menos 14 anos), polo que penso que non é cuestión de ser " un pouco torpe para estas cousas". Gracias
martes, septiembre 04, 2007
Como vedes non cambio e ainda que intento se-lo mais claro posible coas novas , non o consigo, por eso é moi importante que calquer cousiña que poña no blog e supoña dubida , mo digades para aclaralo.
A reunión convosco (pais ou nais) vai se-lo día 12 , ás 11 da mañán. Coma as derradeiras reunións , se é posible , vinde sen @s nen@s , pois falaremos mais tranquilamente.
lunes, septiembre 03, 2007
Xa estamos aquí de novo.
Xa sei que @s nen@s non comezaron a escola pero eu si comecei e polo tanto ímoslle dar a saída a unha nova parte desta esperiencia que esta sendo o blog .
Como din, ás veces, parece que foi onte que rematou o curso ( a min dende logo parécemo) e xa comezamos un novo . Nesta segunda etapa seguiremos a contar as incidencias e o que aconteza na nosa aula pero agora xa somos un ano mais vell@s.Esto que algúns adultos é un "trauma" ; ) , para @s nen@s pequechos é unha alegría. Ata que comece o curso cos nen@s aproveitarei o blog para contarvos algunhas novas referentes ó comezo das clases. Así por exemplo o comezo das clases está marcado para o día 12 . Nesa data, ó igual que nos derradeiros anos, faremos unha reunión cos pais/nais que servirá, ademáis de de presentación para os alumn@s nov@s , de exposición do que imos facer ó longo dos vindeiros meses. Está reunión será ás 11 da mañán ,para os alumn@s de 4 anos (o resto dos níveles será: 10 h. para os de 5 , e 12 h. para os de 3)