Como vos comentara o Mércores estiveramos presentando un programa, que o Xoves rematamos de presentar. Unha vez coñecido , coménzarono a usar nos ordenadores, e como vedes na foto con bastante éxito. Van por parellas e os que queren ir teñen que esperar detras. Así que pasa un tempo ( 10-15 minutos , eu mando cambio , ainda que , ás veces , eles/as se cansan e se van antes. Quen non quixera facer esto podía xogar cos xoguetes.Hoxe Venres tiñan a alternativa de xogar co xogo nos ordenadores e na PDI, tamén era por parellas , pero aquí había algún problemiña mais pois mentres no ordenador só hai un rato , na PDI pódese "picar" con varias mans ( ainda que só fai caso a unha ou a ningunha).
Estivemos tamén vendo Bits , de bandeiras de paises e de material escolar. O dematerial escolar ten algúns problemas pois está en castelan , pero eso non sería problema se non fora que é un castelan "moi puro" , pois o lapis chámalle lapicero , o afía lapis chámalle sacapuntas e a goma , borrador. De tódolos xeitos así tamén aprenden sinónimos.
Comentarvos que me comentaron que hai algúns problemas para atopar o libro de Inglés, sintoo , se tedes algún problema para atopalo , traede o resto do material ( pois como vos comentei quixera comezar cos libros o 3 de Outuibro) e cando o atopedes traedes o de Inglés. Sin animo de facer publicidade , hoxe unha nai díxome que en Areteixo que o había na librería que ten a nai de Martin (coido que a librería chámase Raquel) , pero supoño que no resto tamén o haberá. Este problema foi consecuencia que as librerías non souberon deste libro ata que comezou o " cole" pois non foi escollido pola mestra ata eses día , xa que foi cando se incorporou á escola (sustitue á titular).
Tamén quixera recordarlle ós que non entregalon o paleiño das alerxias , que non se esquezan , así como tampouco aquel no que había que escribir enederezos e teléfonos. Gracias pola colaboración
Tamén quixera recordarlle ós que non entregalon o paleiño das alerxias , que non se esquezan , así como tampouco aquel no que había que escribir enederezos e teléfonos. Gracias pola colaboración