O luns presentamos a Mai , que é unha bolboreta que, xunto cos seus amig@s, vainos a axudar a coñecer as vocais. Comezamos tamén cos libros e coas aventuras de Xico.
O Martes tivemos a primeira visita de Carmen Nemiña , que como vos comentei vai se-la compañeira que nos vai a apoiar durante o curso , ademais de da-la clase de Psicomotricidade. Estivemos co número un , pensaredes que sempre estamos comomesmo , pero se ben o coñecen caseque tod@s , moi pouquiños teñen collido o trazo correctamente , polotanto seguiremolo traballando con idea de avanzar neste aspecto. Logo do recreo tivemos video. De inicio vaise-los Martes cando o teñamos , pero non sempre pois o alternaremos coas fichas de plástica. Estiveron episodios de Caillou que eu non coñecía pero que estan moi ben pois son curtiños e aproveitables pedagóxicamente.
O Mércores houba novidades , coñecimos a Inés. E vos preguntaredes vos ¿quén é Inés?, pois si o queredes saber só llo tedes que preguntar a eles/as ( espero que o recorden). Contamos a súa historia , que son facía cando se espertaba pola mañán e con que lle gustaba soñar. Logo aprendemos unha canción moi curtiña que falaba do que nos ensinou Inés.
Logo de recreo estivemos vendo en asamblea un programa novo ( ainda seguen xogando co de Trampolín) que les gustou moito. Chámase Tuxpaint e é de balde. Con él se pode debuxar con moitos efectos , podese tamén colorear e facer composicións moi simpáticas , pois ten debuxos prediseñados. Hoxe só viron as posibilidades que ten. Nos vindeiros días comezaran a usalo e se hai algún debuxo salientable poñerémolo no blog.
Hoxe tiveron Inglés e Psicomotricidade pero como é nos derradeiros dous modulos de clase , non falei con eles e non sei que tal. O luns espero poder contarvos algo ou que volo conten eles/as na fin de semá.
Xa temos a nosa primeira foto de toda a clase. Ata o de agora por motivos médicos faltaba sempre alguén , pero dende o Mércores viñeron tod@s e xa temos "a foto de familia" . Espero poñervos mais nos vindeiros meses.
O Luns facemos unha saida, espero que o pasen moi ben e que lles guste a obra que imos ver. Aproveito para recordar que non podemos levar a ningún nen@ sen autorización, polo que sempre que fagamos unha saida non vos esquezades de ela. Neste momento faltan( Hugo e Alexandra) que espero acadar o Luns