
Quixera comentarvos que na beira esquerda puxen duas ligazóns a novos blogs que xurdiron. Un é en Ribeira , chamase Tendal de Calcetíns. O outro e na Coruña , no CEIP E. Pardo Bazán ( no cole do meu barrio). Ó igual que os cogumelos van aparecendo por todo o bosque , os blogs galegos tamén se van extendendo. Benvidos.
Esta semá comezámola cunha saida extraescolar. Fomos invitados a ver unha obriña de monicreques no salón de actos do Centro Cívico. A representación fixoa un señor ruso que , por suposto, non recordo como se chama.O que si recordo é que a min pareciume preciosa. Non se trataba do típico contiño representado por monicreques senon que foi moi orixinal. Era un circo de monicreques. Neste circo había magos , comesables, equilibristas, trapecistas, e ata Pinocho (ou alguén parecido). Os vestidos foran feitos pola mesma persoa que fixo a representación, os movementos das figuras eran incribles(alomenos para min) pois parecían ter vida propia ( non había efectos dixitais nen por ordenador). Eu quitei algunhas fotos para que puiderades apreciar esa beleza , pero como non se podía usar flash , a calidade non é moi boa, dada a escasez de luz e o movemento dos fantoches. Esas fotos estan na beira esquerda no albúm correspondente. Á volta fixeron un debuxo libre do que viran. Houbo debuxos moi simpáticos como un dun camelo ( tamén saía na obra) ou algún Pinocho.
O Martes , ademais de traballar no libro, estivemos falando da vendimia. Cando decidin falarlles desto , pensei no que pensarian eles cando lles dixera que o viño se facía con uvas e que había que pisalas (alomenos antes). O outro día vin unha reportaxe na televisión onde nen@s de Primaria dun cole ( coido que da Rioxa , pero non estou seguro) ían a recoller uvas , logo levábanas ata o lagar e alí pisábanas , logo de pasalas por unha prensa recollían o viño ( zume de uva ou mosto) nunha botella. Vían todo o proceso maravillosamente. Acordeime dos meus alumn@s , como me gustarían que puideran facer aquela experiencia , (ou polo menos dispor da reportaxe para ensinarllo) pois supoño que na súa cabeza esto , coma outras cousas relacionadas coa natureza
No Mércores adicamonos a seguir traballando co i e con palabras que comezan por i.
Eu son o i
do kikiriki,
e levo un puntiño
enriba do nariz.
Se queredes escoitala cantada por un grupiño de nen@s da clase probade aquí debaixo
Tamén estivemos mirando na PDI unha nova aplicación que imos comezar a usar. É para tres anos pero servenos para repasar conceptos que traballamos o curso pasado , e que seguiremos a traballar neste