O Martes tivemos excursión, non é este o millor momento para sair ( pola climatoloxía e a escasez de tempo de clase) pero a saida era moi cautivadora. Íamos a ir a fabrica de patacas fritidas de "Bonilla a la vista". Eu fixen esta visita moitas veces con outros grupos e recoméndolla ós outros colexios que a fagan , se poden. Vese moi ben todo o proceso dende que chega a pataca crua , ata que sae nas bolsas. Explícanllo moi ben e ademais , ó final, poden probar a calidade do producto , que é boisima. Por enriba a nos quedanos a 5oo mts. do cole , ainda que fomos en Bus pois é un pouco perigosos ir andando polas obras que hai nas beiraruas.
Póñovos algunhas fotos do inicia da viaxe e do final. Do interior teño un video que montarei en canto poida.
Tamén comentarvos que Martín trouxo un poster despregable do corpo humán. Fai algún tempo que nos bits levamos falado de diferentes partes do corpo , que non son habituais nestas idades , pero que a eles lles quedaron moi ben ( larinxe, cerebro, corazón, intestino groso, etc). Por este motivo Martín quixo colaborar co seu poster. Estivemos falando das partes que xa coñeciamos e , miramos algunhas outras mais referidas os osos do corpo ( pois a imaxe e mais dun esquelete). Gracias de novo pola colaboración. Son moi importantes este tipo de axudas pois @ nen@ ven todo contento e @s demais están mais interesad@
s se o trouxo alguén da clase.